Mondoñedo

enterro laico en Mondoñedo 1936
O sábado 13 de xaneiro

Mondoñedo homenaxea tres militantes asasinados da Unión Socialista Galega

A veciñanza de Mondoñedo vén de anunciar unha homenaxe a tres políticos asasinados polo fascismo o 12 de xaneiro de 1938. Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da efémera Unións Socialista Galega -organización pioneira na síntese de socialismo e galeguismo-, serán obxecto dunha xornada de reivindicación e recoñecemento o sábado 13 de xaneiro.
 

 milicianos fascistas desfilando por Mondoñedo. Foto de Nomes e Voces
MEMORIA E HISTORIA

Mondoñedo homenaxea tres veciños asasinados en 1937 polo fascismo

Unha iniciativa veciñal, apoiada pola totalidade dos grupos que forman parte da corporación municipal, homenaxearán o 13 de xaneiro a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da CNT e a Unión Socialista Galega asasinados hai oitenta anos

Armando Requeixo
ARMANDO REQUEIXO, PREMIO REIMÓNDEZ PORTELA

"A cultura é a columna vertebral dun pobo"

A sinatura de Armando Requeixo é presenza habitual en suplementos, revistas e xornais, sempre e cando se escriba sobre literatura galega. A pasada sexta feira, o seu labor de divulgación e crítica era recoñecido co premio Manuel Reimóndez Portela da Estrada na súa viséximo segunda edición. "No xornalismo cultural traballamos con materia altamente sensíbel", indica a Sermos, "porque a cultura é a columna vertebral dun pobo".

Guardarrios. (1)
MEMORIA E HISTORIA

Todo sobre a represión na zona mindoniense

Mañá sexta feira a Casa da Xuventude de Mondoñedo acolle un relatorio sobre a represión na comarca da man dos investigadores Eliseo Fernández e Xosé Ramón Ermida, autor do libro 'Mortos por amor á terra', editado por Sermos Galiza. 

mondonhedo
CULTURA

Primeiro de maio poético en Mondoñedo

O domingo 1 de maio ten lugar en Mondoñedo outra edición do 'Mondoñedo é poesía' dentro das Festas das Quendas, un conxunto de actividades culturais onde se dan cita numerosos autores  como Darío Xohán Cabana, María Lado ou Antonio García Teijeiro.

polafia-manuelarey
AS POLAFÍAS DA AELG

Lembrando a Manuela Rey, a actriz de Mondoñedo que triunfou en Portugal

O sábado 2 de abril celébrase en Mondoñedo unha Polafía dedicada a Manuela Rey, unha actriz mindoniense que foi famosa no Portugal da segunda metade do XIX. 

Feijoo e o bispo de Lugo ofrenda do antigo reino de galicia (imaxe:Ana Varela/Xunta)
AUSENTES NA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALIZA

A rexedora de Mondoñedo arremete contra os alcaldes das Mareas

Elena Candia foi a encargada de levar o acto relixioso despois de que Martiño Noriega rexeitara oficialo. Tampouco estiveron presentes Xulio Ferreiro, que asistiu a unha homenaxe polo primeiro aniversario da morte de María Wonenburger, nin Jorge Suárez. 

Analfabetos que falan inglés en Mondoñedo

En Galiza hai dous tipos de galegos: os que falan castellano e os que exercen de castellanos. Eu falo castellano, mais xa non exerzo.

Leiras Pulpeiro
CULTURA

Vinte poetas recitarán o 1 de maio en “Mondoñedo é poesía”

Mondoñedo gábase da súa indiscutíbel tradición poética e reúne o próximo día 1 de maio vinte voces contemporáneas da poesía galega nun encontro no que se evocará a súa riqueza literaria. “Mondoñedo é poesía” terá lugar o vindeiro 1 de maio.