Javi Sánchez (Meiga-i): "Na música tradicional hai sexualidade, hai homoerotismo e hai de todo"
O Festigal elixe Filloas como banda gañadora do concurso Novos Valores 2024
O Intercéltico do Morrazo celebra o seu 40º aniversario co cartel máis moañés
Luísa Villalta como proposta
As xornadas 'O mar en terra' reivindican o patrimonio marítimo
Elías J. Torres Feijó, decano de Filoloxía da USC: "Non se debe confundir a Revolución dos Cravos cunha canción"
A música e o compromiso de Luigi Nono protagonizan o festival Resis
Jaime Estévez, membro da European Union Youth Orchestra: Quen tocamos o saxofón temos moi poucas oportunidades de tocar con orquestras sinfónicas"
O saxofonista Jaime Estévez (Vigo, 2001) vén de ser seleccionado para formar parte da European Union Youth Orchestra, considerada unha das mellores orquestras de músicas e músicos novos.
A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786
Residencias Mariñán: a creación posta ao servizo da comunidade
Xabier Díaz: O froito do sementado
Algum cheirinho de alecrim
O Concerto das Letras Galegas evoca a faceta musical de Luísa Villalta
Así soa o novo tema de Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra
Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra veñen de asinar a súa primeira colaboración, "Contra vento e marea". O tema, que xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais, preséntase como un arrebatador, cómplice e fascinante xogo de contrastes entre dúas formacións esenciais na actual escena da música galega. O sinxelo demostra que a confluencia entre as dúas bandas que agromaron en Vigo é natural, enriquecedora e proveitosa para a música do país.
Contra vento e marea, explica Nervo, MC de Rebeliom do Inframundo, é "unha oda á superación, a remar contracorrente, a manterse a flote, a sobrevivir no medio desta puta loucura". É un canto a non deixarse levar pola ira, mesmo sendo conscientes que hai razóns dabondo para que a ira aflore. "É unha canción chea de orgullo, forza e valor, evocadora de todo tipo de sentimentos precisos para vencer á frustración», expón.
Ao fío, María SOA e Sara Faro salientan "a forza e a colectividade" que se desprende da peza. "Como di o tema, somos rochas contra as que bate o mar. Contra todos os contratempos que poidan vir, ímonos manter firmes e mirar cara adiante", apuntan.
Nesta primeira colaboración, Rebeliom do Inframundo achégase a un rexistro poético conmovedor e descarnado, cunha colosal carga emotiva, mais sen deixar, en ningún momento, a súa esencia combativa. "Som o som das ondas à beira do mare, o latejo, a espuma branca, o nosso lare, a costa e dureza. Puto, nom todo vale. Ilhas Atlânticas freando tempestade", rapea Nervo sobre a produción musical de 2Pasøs e Frank Huxley.
Pola súa banda, Fillas de Cassandra expoñen, dun xeito vehemente e apaixonado, a fortaleza que reside nelas. "Nas augas do inframundo fazemos o nosso mare", cantan María SOA e Sara Faro nos primeiros compases do tema.
Análise feminista da lírica medieval e as músicas populares contemporáneas
As trobas e cantigas regresan a Lugo cun concerto relatorio de salterios
A campaña de dinamización lingüística 'Aquí tamén se fala' vira en festival
A praza da Tolerancia da Coruña acollerá o 7 de xuño a primeira edición dun festival de música en galego.