música

Parte da delegación galega (aRitmar, Caamaño e Ameixeiras, Tanxugueiras, Playplan, SceneOff, Ialma) e portuguesa (Convergências Portugal Galiza, Castro Galaico Festival). (Foto: aRitmar)
CULTURA

As culturas galega e portuguesa fanse valer na Fira Mediterrània de Manresa

Galiza e Portugal aterran na feira da raíz, a tradición e a cultura popular

Domingo das Mozas na anterior edición do San Froilán (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

O San Froilán regresa a Lugo nunha semana de festa con máis de 200 actividades

Lugo celebra desde hoxe a súa semana grande de festas con máis de 200 actividades nas que se mestura tradición e modernidade. Neste San Froilán haberá concertos como os de The Rapants, Grande Amore ou Luar na Lubre, como eixo vertebrador de oito días de troula nos que haberá humor, teatro, actividades infantís...
María Pérez (María Soa), á esquerda, e Sara Faro, á dereita, son Fillas de Cassandra. (Foto: Santiago Iglesias Abellán)
CULTURA

Fillas de Cassandra, Retimbrar, Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo triunfan nos premios Ari[t]mar

Os nomes das persoas e das obras distinguidas déronse a coñecer esta segunda feira no Centro Internacional de Prensa da Galiza, en Santiago de Compostela, onde o director de Ari(t)mar, Gonzalo Constenla, confirmou que a gala na que participarán as artistas e poetas gañadoras terá lugar o 10 de outubro no Auditorio da Galiza.
A Foliada da Fonsagrada recibiu o Premio Martín Códax da Música deste ano (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Foliadas, a comunidade que xera e sustenta

Unha xornada arredor do baile tradicional e a súa transmisión.
A aprendizaxe e práctica da música tradicional é ferramenta inigualábel para o benestar da rapazada (Foto: S.G.)
star
Música

A música tradicional na escola: para todas, para todos, para todo

Guadi Galego - 'O.D.A.'
CULTURA

Guadi Galego - 'O.D.A.'

"Estou viva", afirma Guadi Galego. Unha sentenza que a cantante declama e confirma no seu novo sinxelo, O.D.A., xa dispoñíbel nas principais plataformas dixitais. A música e compositora presenta o seu novo tema como toda unha declaración de intencións "sobre o concepto da madurez e a aceptación da vida, de valorar o vivido como propio e reivindicar o dereito a seguir experimentando". Todo, apunta Guadi Galego, "sen desmarcarnos nunca da nosa responsabilidade propia e colectiva" e sen esquecer que "a alegría segue dentro de nós". Esta é a primeira canción que lanza a artista desde a publicación do LP Roibén (2022) e conta coa produción de Iago Pico (Pouland Studios) e un videoclip dirixido por Inés Salvado.
O músico Gerardo Fernández, 'Sagadrum' (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Sagadrum: "As persoas que escoitamos rock progresivo sentímonos máis atraídas pola batería"

Sagadrum, nome artístico de Gerardo Fernández, leva máis dunha década experimentando cos sons da batería electrónica, que agora libera a través dos 
seus concertos e dos seus temas en plataformas dixitais.
Caamaño&Ameixeiras - 'Ai de min'
CULTURA

Caamaño&Ameixeiras - 'Ai de min'

Habitando a morte desde a intimidade máis expansiva dunha canción que se creba por dentro. Iso é o que fan Caamaño&Ameixeiras en Ai de min, segundo e último sinxelo do que será 'Quitar o aire', o segundo álbum do dúo galego, que chega uns meses despois de presentar a "muiñeira sexy" A pequena morte. Neste caso, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras aluman a luz máis escura do seu cancioneiro cun canto á morte, un queixume desgarrador á ausencia final da persoa querida. E unha canción na que se dan a man a raíz do folclore galego máis ritual cun rexistro que as achega máis á canción alternativa de autor.
Un instante dunha pasada edición do Poemagosto. (Foto: Festival Poemagosto)
CULTURA

Volve o Poemagosto a Allariz con este completo programa para todas as idades

Após un ano de paro, Allariz volverá vibrar os días 6 e 7 de outubro co Festival Internacional de Poesía.
Muller violonchelista. (Foto: Belén Bermejo).
star
Análise

Saídas profesionais na música clásica e precariedade

Belén Bermejo López é doutora en Dereito, música e xestora cultural.
En primeiro termo, Laura e Juaqui. Atrás, de esquerda a dereita, Ximo, Antón, Iñaki, Anxo, Pol, Gabri e Paula. (Foto: Dakidarría)
star
CULTURA

Dakidarría fai 20 anos marcando o son de festas e loitas

Hai 20 anos que Dakidarría comezaba a súa andaina no Val Miñor. Moitas cousas mudaron desde entón, mais o grupo continúa empregando as súas letras combativas para reivindicar desde a música. Todo isto nun ano marcado por unha celebración que vén en forma de documental e xira de aniversario. Unha oportunidade para recordar os inicios do grupo e reflexionar sobre os fitos nestes 20 anos de historia.
Pablo Patiño actuou este verán no festival de Jazz de Pontevedra.
star
CULTURA

O Seminario Permanente de Jazz chega aos 22 anos conquistando a excelencia

O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra afronta un novo curso após 22 anos de andaina e de marcar o inicio dun proceso de democratización do xénero na Galiza. Aspiraba cando naceu a ofrecer formación musical eminentemente práctica e colectiva ao alumnado, principios que hoxe continúan vixentes.
Fotograma do documental 'Dorothè Na Vila' (2020), de Alejandro Gándara e Olaia Tubío.
star
Análise

Quitar o po á historia

Andrea Barreira é escritora e xornalista, e imparte obradoiros de escrita.
O compositor Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Eduardo Soutullo: compor de Galiza ao mundo

Após unha longa traxectoria incluíndo a formación de solfexo, piano, harmonía e composición, unha tese sobre música contemporánea, docencia nos conservatorios de Compostela, Vigo e Ourense e de estrear obras sinfónicas en prestixiosos escenarios internacionais, o vigués Eduardo Soutullo vén de recibir o Premio Nacional de Música, na modalidade de composición, primeiro galego que o logra. Os seus últimos fitos inclúen o premio Lawson-May (Reino Unido, 2020) por Qebui e o premio en memoria de Andrey Petrov (Rusia, 2022) por Threnus Helianthuses, que denuncia a invasión de Ucraína.
Recreación da artista Ana Kiro nun fotograma do videoclip de 'Florespiña'.
Intelixencia Artificial

VÍDEO | Ana Kiro 'revive' para representar Galiza no Eurovisión da IA con 'Florespiña'

Nesta obra creada con intelixencia artificial, que conta coa aprobación expresa e recoñecemento da familia, Kiro alenta os galegos e galegas a defenderen unha nova Galiza contra o sometemento, o conformismo e a autocompracencia. A Coruña será o 4 de novembro a sede deste certame, o AI Song Contest.
Capa de 'Alter Ego'.
star
Música

Cúspide orquestral

O guitarrista Pasquale Grasso (Foto: P. G.).
star
Música

Pasquale Grasso

Detalles do 'Sermos' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
Sermos Galiza

A música de Eduardo Soutullo e a moda baseada nos símbolos do país, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

A moda galega e a arquitectura tamén protagonizan este número do semanario.
Moura estará este sábado no festival. (Foto: MUMI)
star
CULTURA

O MUMI tece redes entre as músicas da Galiza e Portugal

A feira Músicas no Miño, MUMI, comezou esta quinta feira a súa cuarta edición amosando a diversidade das escenas actuais da Galiza e Portugal, salientando proxectos que experimentan utilizando a música tradicional como base, mais tamén outros que apostan na electrónica, o jazz, o pop ou as músicas urbanas.
The Skarnivals publican o videoclip 'Anhelos no ar' para conmemorar o Día mundial do Alzheirmer
CULTURA

The Skarnivals publican o videoclip 'Anhelos no ar' para conmemorar o Día mundial do Alzheirmer

No Día Internacional do Alzheimer, a banda de Bueu Skarnivals lanzou o videoclip do tema ‘Anhelos do ar’, cuxa letra fala desta enfermidade dexenerativa. Ademais, esta acción vén acompañada do lanzamento dunha camisola solidaria deste sinxelo.