música

A cantora galega, María Xosé Vilar, Sés (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Sés, cantante: "Os premios populares son unha honra, o recoñecemento sempre debe partir do pobo"

María Xosé Silvar, Sés, cantante, filóloga e activista galega, é a gañadora da vixésimo terceira edición do Premio Ramón Piñeiro Facer País, un galardón destinado a persoas que traballan en prol da lingua e da cultura da Galiza e que concede que a Asociación Cultural Val de Láncara. A entrega do premio será o vindeiro 18 de novembro precisamente en Láncara (comarca de Sarria). Sés recibirá o recoñecemento de mans da poeta Luz Fandiño, galardoada na pasada edición.
Melania Cruz, Najla Shami, Grande Amore e Mercedes Peón forman parte do cartel da gala solidaria (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

A cultura galega únese nunha gala solidaria en apoio ao pobo palestino fronte á barbarie

'Cultura libre contra a barbarie' é a palabra de orde que convoca a sociedade galega a unha gala solidaria para recadar fondos para o pobo Palestino fronte ao masacre do Estado de Israel e que decorrerá mañá en Pontevedra. Un evento con música, maxia e clown que será conducido por Melania Cruz e no que actuarán Mercedes Peón, Grande Amore, Najla Shami, Iván Prado, Muerdo, o Mago Teto e Rossina Castelli. 
Detalle da capa de 'Corsé'.
star
Música

Clara Peya, unha viaxe musical única

Crítica do disco 'Corsé'.
O tema comove, pois é a carta que um moço no serviço militar recebe do seu irmão emigrado na Alemanha.
star
Música

Hannover 20-4-70: o valor de Jei Noguerol

#lecer #lecernocturno #lecer_nocturno #discoteca #alcol #festival #festa #submisión_química (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Perdiches cartos coa pulseira 'cashless' nun festival? O seu uso "abusivo" recibe as primeiras sancións

Facua ve "ridículas" as multas de 7.500 impostas pola Xunta da Galiza.
Aurichu Pereira no seu obradoiro (Foto: Mani Moretón).
star
Análise

A herdanza vital e artística de Aurichu Pereira

Mercedes Rozas é Historiadora da arte, crítica e comisaria de exposicións.
Recreación da artista Ana Kiro nun fotograma do videoclip de 'Florespiña'.
Intelixencia Artificial

Galiza consegue o bronce na Eurovisión da Intelixencia Artificial grazas a Ana Kiro

Na gala, decorrida na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos valorada polo xurado, foi a favorita do público.
Detalles da capa do disco.
star
Música

Un espectáculo único na Galiza

O eido da educación, e en particular da educación musical, non é alleo ás mudanzas que vive a música galega na actualidade (Foto: S.G.).
star
Música

Avances e mudanzas no panorama musical galego actual, unha achega desde o ámbito educativo

Juancho Marqués xunto coas Tanxugueiras (Foto: Panorámica Agency).
CULTURA

VÍDEO | 'As que tiñan que estar', o novo temas das Tanxugueiras xunto con Juancho Marqués

A canción, que vén acompañada por un vídeo producido por Trece Amarillo e PlayPlan, xira arredor dos conceptos de amizade, compartir, e ter ao teu carón as persoas que suman, propondo a compañía como algo san, pero tamén de estar en paz cun mesmo e de pór en valor todo o que nos brinda a vida.

Paco Cerdeira, Pakolas. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A historia da Ramona pequena chega este sábado á Casa-Museo Manuel María

Pakolas guiará unha viaxe no espazo a través da música rock
Os de Terbutalina afirman que este é o seu álbum definitivo. (Foto: Nós Diario)
Agora

'Era cabra', o disco "definitivo" de Terbutalina, verá a luz esta sexta feira

Despois de varios singles cos que pretendían sacudir o panorama, esta sexta feira, a banda Terbutalina lanza o seu novo álbum, Era cabra. Segundo os de Esteiro (Muros), o novo traballo "reflicte un período que estivo cargado de concentración, creación e gravación" e revélase como "un regreso á orixe tras unha revisión dos seus principios máis esenciais e unha etapa de coñecemento e refortalecemento interno". Ademais, avisan de que Era cabra "vén con sorpresas". Gravado e producido nos estudios A Ponte por Tomás Axeitos e masterizado por Robin Smichtd nos estudios 24-96, a banda segue apostando por fórmulas baseadas na confianza no talento propio e dispostos a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada. 
'Onde Vam?', o novo vídeo de Ukestra do Medio
CULTURA

'Onde Vam?', o novo vídeo de Ukestra do Medio

"Onde vam? Onde forom? Onde estám? Essas nuvens, esse céu, ese mar, onde vam?". A banda Ukestra do Medio vén de estrear o seu último videoclip correspondente ao tema "Onde Vam?". Trátase dun vídeo "feito na casa", gravado cun teléfono móbil en Santiago de Compostela e en Boiro (comarca do Barbanza) no ano 2022 e que recolle a letra da canción. A peza forma parte do álbum Histórias cativas, último traballo da banda de Compostela que afianza a súa aposta polos temas propios, e o seu audio foi gravado e mesturado nos composteláns Estudios Potemkin por Jacobo Iglesias e Luís Iglesias, sendo masterizado por SAGE Audio. 

"Onde Vam?" é o sexto tema deste disco, e a súa letra fala das frustracións, da saudade duns tempos pasados difíciles de esquecer e das dificultades de superación persoal. Un texto, en definitiva, cunha certa amargura que contrasta co son vitalista que caracteriza a banda. 

Órgano da igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (Foto: Mauro Sanín).
star
Análise

Órganos, organistas e organaría galega, utopía ou posibilidade?

Belén Bermejo López é doutora en Dereito, música e xestora cultural.
Os Premios da Crítica entregáronse este sábado. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Estas son as gañadoras dos Premios da Crítica de 2023

Berta Dávila, Carlos Callón, Agrupación Astronómica Ío, As Tanxugueiras, Teresa Táboas, Teatro Ensalle, Pepe Coira e Estrelas no Camiño foron as persoas e colectivos que recibiron os galardóns das diferentes categorías.
A xornada decorreu este sábado en Lugo. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Inauguradas as xornadas de tradición oral da AELG, que reúnen Sés, Nuno Pico ou O Leo de Matamá

O evento aborda a pegada das regueifas nas músicas actuais e a súa evolución no tempo.
Carles Puigdemont e Valtònyc. (Foto: @valtonyc)
Catalunya

Valtònyc anuncia o seu retorno após prescribir a condena polas súas cancións

O rapeiro Josep Miquel Arenas residiu en Bélxica, que rexeitou a súa extradición, desde que fora condenado a prisión en 2017 polos delitos de "enaltecemento do terrorismo", "inxurias á Coroa" e "humillación das vítimas".
Presentación do festival en Lugo.
CULTURA

O BreaSon de Mondoñedo conta con Catuxa Salom e Fillas de Cassandra

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, participou na presentación do festival.
Regueifa en Noia entre os anos 1890 e 1900. (Foto: Pietro Guerra)
star
Reportaxes

O Pobo que canta nunca morre: das regueifas ás músicas actuais

Das tradicionais regueifas ao free style pasando polo pop, o rap ou a folktrónica. As listaxes de éxitos musicais de hoxe en día deixan máis claro que nunca que a tradición e a cultura galegas son chave da receita do éxito. Mostra do cal son bandas e artistas que fan da Galiza a súa bandeira, traendo á actualidade ritmos e letras do folclore galego, desbotando a idea de que a nosa lingua e nosa cultura supoñen unha cancela para as carreiras musicais.
Capa de Eixo do Jazz Ensemble Meets Iago Fernández.
star
Música

O matiz marca a diferenza