música

Ilustración de David Brey no libro 'Somos hip-hop'. (Foto: Editorial Galaxia)
CULTURA

A cultura urbana tamén fala galego: "Non facemos hip-hop, somos hip-hop"

A Editorial Galaxia publica o libro 'Somos Hip-Hop', de Pablo Castiñeira e David Brey, en colaboración con outros artistas pertencentes á cultura urbana. O obxectivo, segundo os autores, é plasmar os seus coñecementos e experiencia, e que sirva de referente para a xuventude que se interese por este mundo.
Ana Jiro, Fuxan os Ventos, Uxía e Ailá.
star
CULTURA

Música de Nadal galega para unhas festas de noso

De Fuxan os Ventos á Quenlla pasando por Ana Kiro e máis recentemente Ailá. O Nadal é unha das temáticas máis recorrentes na música galega editada principalmente na segunda metade do século XX e, como non, na música máis tradicional como os cantos de reis, os aninovos ou as coñecidas panxoliñas. A temática natalicia ten sido unha fonte inesgotábel de cantares na cultura popular galega de onte e hoxe.
Iria Pinheiro e Mónica de Nut, nunha actuación. (Foto: Moncho Fuentes / Culturgal)
Contracultura

Iria Pinheiro e Mónica de Nut: "En Kennebec reflectimos o noso sentir como artistas, mulleres e nais que vivimos no rural"

Mónica de Nut (Oia, Vigo, 1976) e Iria Pinheiro (Ourense, 1978) son as creadoras detrás de Kennebec, unha proposta de concerto experimental que conxuga a experiencia musical e a electrónica da primeira cos textos e a poética da segunda.
Capa de 'Queimada'
star
Música

Os Escaravellos

'Homenaxe aos músicos e poetas do mar', cadro de Urbano Lugrís (Foto: Urbano Lugrís).
star
Música

Urbano Lugrís, homenaxe aos músicos e poetas do mar

Materia Muerta, de Ribadeo, estarán na primeira edición do festival.
Agora

Un novo festival de rock duro para a Mariña, o Valadouro Rock

O 2024 xa trae consigo o nacemento dun novo festival,  Valadouro Rock. A Mariña, onde ten lugar un dos festivais máis coñecido da Galiza, o Resurrection fest de Viveiro, engade unha nova cita para amantes do rock duro. A primeira edición do Valadouro Rock será o 22 de xuño en Ferreira do Valadouro e ofrece unha experiencia de rock a base de bandas de todo o Estado. Das nove bandas que ofrecerá o seu cartel o novo festival confirmou as tres primeiras fichaxes: os valencianos Gigatrón, unha formación que leva 25 anos percorrendo o país cunha peculiar proposta paródica; Materia Muerta unha banda de hardcore de Ribadeo co seugundo disco a piques de saír; e o grupo asturiano de heavy, Sküld. Outros seis nomes completarán o cartel. 
Actuación de Mondra na sala Rebullón de Mos.
CULTURA

As salas de música piden maior compromiso das administracións públicas

Desenvolveron máis de 4000 concertos ao longo do ano.
Xosé Luís Rivas 'Mini' interpreta unha panxoliña no Parlamento (Foto: Parlamento galego).
Vídeo

'Vinde, galeguiños, vinde': Xosé Luís Rivas, 'Mini', despide o 2023 no Parlamento a base de panxoliñas

Como afai facer en datas do Nadal desde que iniciara a súa traxectoria como deputado, o nacionalista Xosé Luis Rivas, coñecido como 'Mini' na súa faceta musical, quixo dedicar ás deputadas e deputados e xornalistas que seguían a sesión a intepretación dunha 'panxoliña'.
Concerto de Dioivo. (Foto: Nós Diario)
Agora

O dúo Dioivo presenta en Vigo o seu novo disco, 'Cara os Ceios Incrementes'

O dúo vigués de metal en galego Dioivo presentará no Pub Transylvania da súa cidade natal o seu novo álbum Cara os Ceios Incrementes, cun concerto que terá lugar este sábado día 23 de decembro. A presentación contará coas actuacións do cuarteto segoviano de thrash metal Mortal Maze e o trío vigués de punk rock Karracho. Ademais, xunto a Dioivo subirán ao escenario do Transylvania numerosos artistas da escena rockeira da cidade.
O pianista Alberto Vilas. (Foto: SML)
CULTURA

'Once cancións e unha danza': a música popular galega versionada polo pianista Alberto Vilas

O álbum preséntanse como un paseo polo tempo e pola infancia desde o piano e coa perspectiva dun compositor de jazz e música contemporánea.
Pablo Carracedo 'Jásper' e Nébeda Piñeiro, integrantes do grupo Loita Amada. (Foto: Arxina)
CULTURA

'Rematou o simulacro': Loita Amada lanzará o seu segundo álbum en xaneiro

O videoclip da canción "Unha revolución" será lanzado o 23 de decembro en todas as plataformas e nas redes sociais da banda.

MJ Pérez leva máis dunha década dedicándose á música. (Foto: Cristina Padín)
Contracultura

MJ Pérez: "O noso sector musical ten que tomar conciencia da diversidade que hai e ampliar o abano"

MJ Pérez (Arzúa, 1992) vén de publicar a versión en directo de 'Prenderlle lume á vila', dispoñíbel nas plataformas dixitais, un tema que resume algunhas das problemáticas sociais actuais así como os intereses detrás da programación de eventos musicais na Galiza.
Capa de 'Diante da Porta' de Fuxan os Ventos (Ilustración de Agus Shuan).
CULTURA

'Diante da Porta', a nova panxoliña de Fuxan os Ventos para este Nadal

Trátase dunha nova achega dunha serie de cancións que o grupo Fuxan os Ventos sacará á luz durante os próximos meses.
As plataformas dixitais de música comeron terreo ás tendas físicas de discos. (Foto: Zamrznuti Tonovi)
star
Análise

As efémeras discografías dixitais

Mauro Borrazás é xornalista de profesión e músico por afección da xeración Xabarín.
Presentación en Pontevedra do Concerto Quilo Solidario
CULTURA

Cantos de taberna a cambio dun quilo de alimentos en Pontevedra

Catro agrupacións musicais unen forzas para dar dous concertos únicos.
Ainda que desde 1880 houvo várias propostas, o nosso hino como tal existe desde 1890. (Foto: S. G.)
star
Música

O Texto do Hino galego: a urgência de recuperar o autêntico

Detalle do disco.
star
Música

Repion

Encontro organizado por AGEM en Compostela o 28 de novembro entre entidades programadoras de toda a Galiza e Norte de Portugal.
star
CULTURA

Son demasiado "altos" os cachés das artistas musicais na Galiza?

A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) anunciou que encargou o primeiro estudo global sobre a industria musical galega. Os elevados prezos de contratación para os eventos e a falta de liñas de financiamento serán algúns dos temas que se tratarán.
O redondelán Alejo Amoedo leva no mundo da música desde os 16 anos (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Alejo Amoedo: "A música galega conta cun ecosistema sólido e está recollendo os froitos do traballo realizado"

O músico Alejo Amoedo (Quintela, Redondela, comarca de Vigo, 1966) é o membro de máis recente incorporación da Real Academia de Galega Belas Artes (RAGBA). Amoedo aborda o percorrido e a situación actual da música e a composición galegas.
O músico Pilo Sierra compón e pon a voz nos temas de Satélite Salitre (Foto: Cris Andina).
Contracultura

Pilo Sierra: "A nosa travesía é unha metáfora da viaxe vital que nos trae de volta á Galiza, á lingua e ao mar"

Pilo Sierra (Compostela, 1978) integra xunto co cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, LAR Legido e Pablo Sanmamed a banda Satélite Salitre, que vén de ser galardoada co Premio Narf.