música

Alice Wonder no Teatro Colón. (Foto: María Simón)
CULTURA

Elas son Artistas consolídase como referente da igualdade na cultura

Perto de catro mil asistentes visitaron os oito concellos da área metropolitana da Coruña para gozar dun vibrante escenario cun gran elenco de artistas femininas.

Iria Folgado. (Foto: Alicia Seoane)
star
CULTURA

Cultura celta levada á música clásica no primeiro disco de Iria Folgado

A oboísta Iria Folgado tende unha ponte musical entre as illas británicas e a Galiza no seu primeiro disco, Ecos de Breogán, que explora parentescos entre os dous territorios a través de pezas de Britten, Maconchy, Vaughan Williams, Arnold Bax e Fernando Buíde.
Retrato de Marcial Valladares. (Foto: Real Academia Galega)
CULTURA

Galaxia recupera a obra e a música de Marcial Valladares

Galaxia publicará a finais de xaneiro A música dos Valladares. Retratos de familia, de Pablo Bernárdez e ilustracións de Hortensia Fernández.
A artista Temible Olivina traballa no seu proxecto persoal ao tempo que fai parte do grupo Flow do toxo (Foto: Silvia Mella).
Contracultura

Rosi Mella, 'Temible Olivina': "Quero ocupar espazos e demostrar que non hai un rap xenérico e un rap feminino"

Rosi Mella (As Neves, O Condado, 1996), máis coñecida baixo o nome artístico de Temible Olivina, é a DJ do grupo de rap Flow do toxo, mais tamén vén de comezar a súa carreira como cantante en solitario tras o lanzamento do seu primeiro tema, Esterco.
Bando de Reis en Arcade. (Foto: M. Menduíña).
star
CULTURA

Os cantares de Reis e a recuperación dunha longa tradición musical

As celebracións polo solsticio de inverno, logo cristianizadas, e as boas novas para as casas labregas estarían relacionadas coa tradición de ir cantar polas casas solicitando o aguinaldo, entoando panxoliñas, xaneiras, aninovos para a fin de ano, e cantares de Reis ou aguinaldos para onte e hoxe.
Os Vacalouras en xullo de 2023.
CULTURA

Os Vacalouras presentan novo sinxelo no día dos Reis Magos

'Game Boy' mantén a liña retranqueira da banda.
'Ardén', novo disco de Mondra.
star
Música

O artista de moda saca o seu primeiro disco

As danzas de reis, como a da imaxe, acostuman a compañar os cantos de reis que decorren nestas datas natalicias. (Foto: Illa dos Ratos)
star
Música

Banda sonora do Nadal

Poderanse presentar candidaturas de maneira individual ou como grupo.
CULTURA

En marcha a primeira edición do Certame de Grupos Musicais da USC

Ten como obxectivo fomentar e darlle visibilidade á actividade artística da comunidade universitaria da Universidade.
Fillas de Cassandra apostan polo inédito no seu novo directo. (Foto: Sabela Andrés)
CULTURA

Fillas de Cassandra presentará o seu novo directo en Vigo

Nestas 'Últimas Dionisíacas', Fillas de Cassandra revisitará os temas máis recoñecidos de Acrópole, o seu álbum debut, desde unha electrónica máis escura e potente, mais tamén dará a coñecer temas inéditos que formarán parte do seu próximo LP.

Ataque Escampe compuxo unha canción conmemorativa. (Foto: David Silva).
Contracultura

Miguel Mosqueira (Ataque Escampe): "Temos a sensación de que agora hai máis persoas que veñen aos concertos que antes"

Miguel Mosqueira (Lalín, 1982) é un dos integrantes de Ataque Escampe, que estará presentando o seu último LP, 'Cabalgata', na súa "Xira dos Cabaliños" con concertos dentro e fóra da Galiza até a primavera.
Loita Amada. Arriba: Iván Barreiro, Jásper, Amós Varela e Iván Bernárdez. Abaixo: Xiana Naval e María Prado (Foto: Cande Lora).
star
CULTURA

Loita Amada estrea 'Rematou o simulacro', o disco que consolida o seu son

Tras dous videoclips, ‘Unha revolución’ e ‘Cadáver sen cabeza’, Loita Amada, o grupo liderado por Jásper, estreou esta cuarta feira nas plataformas musicais, redes sociais da banda e en formato físico o seu segundo traballo discográfico.
Pedraio a carón de Castelao durante a súa visita a Bos Aires en 1947. (Foto: Fundación Otero Pedrayo)
star
CULTURA

'Miñatos de verán', a zarzuela escrita por Otero Pedraio que recuperan os Amigos da Ópera de Santiago

Amigos da Ópera de Santiago de Compostela reestrea a zarzuela 'Miñatos de vran', con música do compositor José Fernandez Vide e libreto de Otero Pedraio, recuperando así un patrimonio musical que tivo grande importancia na época das Irmandades da Fala.
A banda de metalcore Cabodano (Foto: Cabodano).
CULTURA

VÍDEO | O metal máis "duro" tamén se canta en galego

O que está considerado como un dos tipo de metal máis "duro" pola intensidade do seu son, o metalcore, tamén se canta en galego. Cabodano é unha banda de Sigüeiro, no municipio de Oroso, na comarca de Ordes, que leva anos representando este estilo musical no idioma da Galiza, e este Nadal, quixeron agasallar ao seu público co tema 'A lombos dun corvo', un adianto do seu próximo disco que chegará co novo ano. Neste tema, a banda galega de metalcore fai referencia aos corvos, os soldados xaponeses de clase baixa que eran enviados á guerra nas primeiras décadas do século XX en pésimas condicións de vida. 
A compositora Mercedes Peón. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Mercedes Peón: experimentar cos pés na terra

Defínese a si mesma como unha compositora de autoestima cultural, que cadra moi ben con ese crear continuo a partir do zume que nutriu as súas raíces durante un cuarto de século de recollida. Espallouno durante anos dando clases e, cumpridas xa dúas décadas desde os seus primeiros traballos, na escena compartida con outras mulleres. Ten claro Mercedes Peón (Oza-Cesuras, 1967) que é así, e non de xeito piramidal, como se constrúe nación, aínda que, advirte, ata a tradición pode ser efémera.
Sons of Revolution.
star
Música

Cosmopolitismo con raíces

Borriquita de Belém, en Compostela.
star
Música

Onde escoitar jazz?

Tanxugueiras e Valeria Castro - 'Hoxe, mañá e sempre'
CULTURA

Tanxugueiras e Valeria Castro - 'Hoxe, mañá e sempre'

Desde hoxe está dispoñíbel Hoxe, mañá e sempre, novo tema de Tanxugueiras en colaboración con Valeria Castro. A canción, que as catro artistas estrearon en directo o pasado 16 de decembro no Coliseum da Coruña durante o concerto fin de xira das galegas, trata sobre as persoas que se van pero que, dalgunha maneira, seguen presentes nos recordos para sempre. Nas súas propias palabras, "fai referencia a que cando nós marchemos teremos que estar tranquilas, porque o vivido é suficiente, xa fixemos o que tiñamos que facer. Hai que gozar do presente, da vida, que cando marchemos xa haberá xente que nos lembre aquí para manternos vivas".
A Banda da Loba esta quinta feira en Santiago de Compostela (Foto: Pixelin Photo).
CULTURA

A Banda da Loba despídese temporalmente dos escenarios

Remataron a súa xira nun Teatro Principal ateigado.
Unha música viaxando co seu instrumento (Foto: Belén Bermejo).
star
Análise

A proxección exterior da música clásica galega

Belén Bermejo é doutora en Dereito, música e xestora cultural.