nadal

natarego tizón nadal
O bacallau con coliflor na cea de Noiteboa resiste como símbolo do pasado

As tradicións perdidas do Nadal galego

As celebracións do ciclo do Nadal comprenden varios días. A Noiteboa, Nadal,  Santos Inocentes, San Silvestre, Aninovo é o día de Reis. Segundo sinala a Nós Diario, o antropólogo Rafael Quintía son “as clásicas festas do cambio de ciclo presentes na cultura galega e internacional. Neste tipo de celebracións repítense determinados ritos presentes noutros períodos como defuntos ou San Xoán”.

Alumeado de Nadal en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

As panxoliñas, unha tradición que na Galiza se remonta ás cantigas de escarnio

Os expertos defenden distintas orixes dos vilancicos no país.
Carta a uns reis magos de costas ao consumismo. (Foto: Adega)
SOCIAL

Queres gozar dun Nadal ecolóxico?

Gostarías de vivir unhas festas máis sostíbeis e menos baseadas no consumismo? Entidades como Adega teñen as súas propias propostas para axudarche neste camiño cara o cambio de dinámicas.

Lume novo

Unha persoa suxeita unha lámpada. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A luz cae un 19% para Noiteboa

O custe da electricidade cae un pouco para o inicio das reunións de Nadal, se ben vai estar nos 311 euros MW/hora ou, o que é o mesmo, o seu rexistro máis elevado da historia.
Concorrida afluencia ao mercado de Nadal habilitado estes días na Alameda de Vigo (Foto: Arxina).
Expertos ven "ineficaz" a obrigatoriedade da máscara nos espazos exteriores

Prudencia, tests e os menores contactos posíbeis, o 'menú' para esta Noiteboa

As persoas expertas piden á cidadanía "respectar" a recomendación da Xunta de non superar as dúas unidades de convivencia nas celebracións do Nadal, xa que esta é "a única medida 100% eficaz" contra a Covid-19. Pola contra, ven "inútil" a obrigatoriedade da máscara nos espazos exteriores, unha medida que "non impedirá" que a incidencia siga a medrar sen control de cara ao vindeiro ano. A Atención Primaria, alertan, "xa está desbordada".
Nós Diario non estará nos puntos de venda habituais este sábado 25 de decembro. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O xornal en papel non se publica este sábado 25 de decembro de forma excepcional

Como é habitual ano tras ano na prensa diaria, este 25 de decembro non haberá un novo número de 'Nós Diario' nos quiosques, outros puntos de venda habituais e na nosa tenda en liña. A publicación regresará con normalidade á súa cita coas e cos lectores esta terza feira, 28 de decembro.

Iluminación de Nadal en Vigo. (Foto: Arxina)
star
O custo ambiental e económico do acendido do Nadal

As moitas e as poucas luces

De imaxe rutineira da paisaxes urbanas e rurais da Galiza coa chegada do frío a elemento de efecto, pompa e circunstancia, as luces de Nadal unen festa, gasto eléctrico, admiradores e detractores encol dun fenómeno cuxa capital no mediático é a cidade de Vigo e o proxecto persoal do seu alcalde, Abel Caballero. Un fenómeno que presenta caras moi distintas nunha época onde o coidado do medio ambiente e o aforro enerxético inseriuse na axenda social e política. Sermos Galiza puido falar con expertas na materia para saber se "salvar o Nadal" é indisociábel de once millóns de luces LED e se é posíbel compatibilizar as tradicionais festas co combate contra a contaminación luminosa.
Unha ilustración do Apalpador, obra de Leandro lamas.
star
Reportaxes

O Apalpador. Do Courel para a Galiza

Hoxe, 24 de decembro, comeza o tempo no que o Apalpador baixa do Courel para comprobar se as crianzas comeron o suficiente durante o ano. Tamén coñecido como Apalpabarrigas ou Pandigueiro, a cultura arredor do xigante carboeiro parece estar ligada desde sempre á Galiza, mais foi a Gentalha do Pichel quen máis pulou en 2008 por dar visibilidade a esta personaxe, unha das máis descoñecidas e á vez máis queridas da nosa cultura.
Fileiras de persoas no punto de PCR sen cita previa de Compostela (Foto; Arxina)
star
SOCIAL

Máis de sete horas de agarda para facer probas PCR

Pese ás longas fileiras das últimas semanas no Náutico de Vigo para a realización de probas PCR gratuítas con ou sen cita previa, Sanidade está a abrir novos puntos deste tipo de cribado na Galiza sen dispor de persoal suficiente para o efecto chamada que xa se adiantara na cidade olívica. O resultado foi o caos vivido nos dous últimos días en varias localidades, con centos de persoas agardando horas e horas, nalgúns casos máis de sete, de pé e ao frío, e ficando moitas delas sen seren atendidas ao fechar á noite o posto de PCR. Mentres, multiplícanse as farmacias cos tests de antíxenos esgotados.
Un grupo de xente observa o alumeado de Nadal de Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez Europa Press)
SOCIAL

Feixoo desbota restricións e recomenda limitar a dúas familias as reunións de Nadal

A Xunta evita estabelecer de maneira oficial restricións para as festas malia o nivel de contaxios da Covid-19, mais apela á responsabilidade persoal da cidadanía.

2021

Cabalgata entre Tui e Valença, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Feixoo aposta nas cabalgatas estáticas e debaterá sobre os cotillóns

As propostas do presidente da Xunta chegan nunha xornada na que veñen de demostrarse as deficiencias do sistema de PCR gratuítas impulsado polo Goberno galego. Mentres demanda "intensificar" a realización de probas para diagnosticar o coronavirus, as e os cidadáns -así como as e os profesionais da sanidade- están a constatar que o sistema está colapsado.

As leccións de cada día

O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, após o Consello da Xunta desta quinta feira (Arxina).
LINGUA

Feixoo parabeniza as festas de Nadal aos galegos e galegas…en castelán

Unha mensaxe, ademais, que acompaña dun vídeo de máis de 2 minutos, tamén en castelán. Iso si, lexendado en galego.

O retorno

nadal cea
SOCIAL

O comité clínico avalía novas restricións, como limitar as reunións a "8-10 persoas" en Nadal

Comesaña defende o uso do certificado Covid "para garantir espazos máis seguros" e para "animar á vacinación"
Versión galega do antipasti, un aperitivo típico de Italia. (Foto: Anxo Fole).
star
Caderno 'Gozar'

Como comezar con bo pé as comidas do Nadal?

Algunhas ideas para gozar petiscando nas vindeiras festas.
 
Máscara, distancia, ventilación e limitar os contactos de cara ao Nadal (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
SOCIAL

O colectivo médico chama a reducir o número de non conviventes en ceas e encontros de Nadal

Malia a contención da enfermidade grave e dos falecementos con respecto a etapas previas da pandemia, "a alta incidencia e as cadeas non controladas de transmisión provocan un goteo continuo de ingresos hospitalarios e de mortes que non podemos normalizar como sociedade", advirte.
Peixes e mariscos están entre os produtos máis demandados (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A proximidade da Noiteboa tira do prezo dos alimentos

O marisco lidera as subas de prezo a un mes das celebracións de Nadal, seguido da carne e o peixe