star
ECONOMÍA
Galiza, á cola do Estado en crecemento de negocio industrial: "Non podemos permitirnos quedar atrás"
22/xuño/24
Os datos publicados esta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a cifra de negocios da industria confirman que a Galiza conta, tras Asturias e Cantabria, cos peores resultados do conxunto do Estado. No índice do cuarto mes de 2024, aprécianse maiores subas nas vendas rexistradas nos bens de equipo (+20,1%) seguidas polos bens de consumo non duradeiros (+17,5%). Por ramas, o maior aumento das vendas foi en construción naval e armamento (+68,5%).