naval

Manifestación do sector naval en Vigo
ECONOMÍA

Manifestación do sector naval en Vigo

Milleiros marcharon na defensa dun futuro para o sector galego e en rexeitamento da decisión sobre o 'tax-lease'
naval
ECONOMÍA

Unha manifestación defende en Vigo un futuro para o sector naval

Convocada polas centrais CIG, CCOO e UXT alerta das consecuencias da devolución do 'tax-lease' para o sector. 

Joaquín Almunia
ECONOMÍA

Almunia confirma que o naval ten que devolver o 'tax-lease'

O comisario da Competencia confirmou que hai que devolver o 'tax-lease'. Perto de 2.800 millóns de euros. O sector naval galego entende que é un paso máis cara a súa defunción. Esta tarde, ás 20:30, hai unha manifestación en Vigo

@calveiro
ECONOMÍA

Almunia quer obrigar ao naval devolver o 95% das axudas do 'tax-lease'

A proposta do comisario da Competencia, que será votada esta cuarta feira en Bruxelas, suporía a defunción do naval galego, alertan do sector. Terían que devolver perto de 3.000 millóns de euros

Naval
Galiza

Paro total no naval de Vigo en seguimento da folga sectorial en resposta á crise

Os estaleiros privados e industrias auxiliares viven esta quinta feira nun día de folga convocada diante da situación crítica do sector e a ameaza de devolución do tax-lease. O paro está a ter un seguimento absoluto na comarca viguesa. Vídeo no interior

Nen dique flotante nen carga de traballo nen lei do naval

O balanzo do Goberno Feijóo no que atinxe ao sector naval é o puro nada.

concentración de operarios en solidariedade
OPINIÓN

Detido un operario de Navantia polas protestas do naval que interrumpiron un pleno en Ferrol

O traballador, X.D.P, ficou en liberdade con cargos após declarar nos xulgados, a cuxas portas concentráronse centos de operarios do naval ferrolá

[Imaxe: @avparcero]
ECONOMÍA

Ferrolterra cárgase de dignidade polo naval

Unha acción popular, artística e combativa enche os valados de Navantia con prendas que simbolizaron "a dignidade" do naval ferrolán

 

Abel Caballero alcalde de Vigo
Galiza

Abel Caballero alerta de que Almunia pode estar a preparar un "golpe de man" contra o naval de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chama á Xunta e ao goberno do Estado -en mans do PP- a que se movan para evitar unha eventual decisión do comisario da Competencia, Joaquín Almunia, en relación ao tax lease que sexa contraria aos intereses do naval de Vigo.

ECONOMÍA

3.000 traballador@s do naval cortan o tráfico en Ferrol máis dunha hora para exixiren carga de traballo

O 30 de xuño remata o prazo para saber se o flotel que a Xunta comprometeu para Navantia Ferrol se constrúe finalmente neste estaleiro, tomando en conta que vendeu a Pemex a factoría de Barreras

ECONOMÍA

Bruxelas confirma que o naval galego terá que devolver parte das axudas concedidas co tax lease

Nunha reunión coa CIG, a UE confirma que irán de volta aquelas subvencións consideradas como axudas de Estado e, por tanto, incompatíbeis coa normativa europea. A contratación de buques nos estaleiros galegos desde hai dous anos

Mobilización da CIG no sector naval
Galiza

O naval corta o tráfico en Vigo para reclamar carga de traballo

Cun corte de tráfico no centro de Vigo, delegados da CIG demandaron carga de traballo e solucións para o sector. 

ECONOMÍA

Milleiros de obreir@s do naval escenifican nun protesto a execución de Feijóo

Tamén o alcalde de Ferrol foi 'declarado culpábel e sentenzado á morte' nunha multitudinaria mobilización en que reclamaron, máis unha vez, carga de traballo

POLÍTICA

Feijóo, satisfeito coa venda de Barreras a Pemex: "é unha oportunidade para o naval"

O presidente da Xunta de Galiza gabouse esta quinta feira da compra de Barreras por parte da Pemex. "É unha oportunidade" dixo. Núñez Feijóo atribuiu a entrada da mexicana no accionariado do estaleiro de Vigo á incapacidade desta para conseguir un aval que lle permitiría construír un buque flotel

naval vigo
ECONOMÍA

O naval de Vigo afirma que as “viaxes a México” non son solución para un sector que perdeu 10.000 empregos

Representantes do sector asistiron ao pleno da cidade olívica, onde exixiron da Xunta unha verdadeira implicación e”menos campañas”. Reprocharon a concelleir@s do PP que o seu partido "non faga nada" polo naval

Fernández Naval
CULTURA

"A noite branca" de Fernández Naval, mellor obra do ano nos premios Irmandade do Libro

A noite branca, de Francisco Fernández Naval como mellor libro do ano para a Federación de Libreir@s xunto coa web Galicia Encantada, As Guías da Natureza de Baía, o CEIP Quintela de Moaña e a libraría Komic de Santiago sumáronse a Mª Xosé Queizán como autora do ano nos premios da Irmandade do Libro entregados o sábado en Monforte. 

ECONOMÍA

O naval recrúa a súa loita

naval
ECONOMÍA

O naval de Ferrol volve á rúa farto da “tomadura de pelo” de Feijóo

Milleiros de operarios do naval maniféstanse na rúa da cidade contra a falla de carga de traballo. O comité de empresa reprocha a Feijóo que veña de México con novas promesas que nunca se concretan

Foto: @maria_panblanco
ECONOMÍA

O Clúster do Naval cifra en 10.000 os empregos en risco no sector e di que a espera polos floteis “é demasiado”

O presidente de Aclunaga, Fernando Alcalde, recoñece que de non se concretar en breve a construción deses dous buques, o sector “corre o risco de morrer no seu intento de chegar á beira”

 

Navantia
ECONOMÍA

O naval, farto, volve á rúa: “Montoro, cabrón, está é a ocupación”

Perto de 2.500 operarios do naval volveron saír á rúa en Ferrol para reclamar o prometido flotel e dique flotante, e rexeitar as declaracións do ministro de Montoro de que en Navantia había “ocupación”, en referencia á carga de traballo