INTERNACIONAL
Europa, de novo en guerra 80 anos despois do 'Día D'
06/xuño/24
Francia e o Reino Unido lembran o desembarco de Normandía.
MEMORIA E HISTORIA
Manuel Otero, o único galego morto no desembarco de Normandía
06/xuño/24
Este veciño de Outes emigrou aos Estados Unidos após o golpe de Estado fascista de Franco e alistouse voluntario no Exército para conseguir a nacionalidade, pero tres días despois Xapón bombardeou Pearl Harbour e ficou inmerso na II Guerra Mundial.
MEMORIA E HISTORIA
Familias de republicanos coruñeses deportados en campos nazis súmanse á querela arxentina contra o franquismo
30/abr./24
Acompañados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) incorporarán os seus casos á única causa penal aberta no mundo que investiga os crimes da ditadura franquista.
MEMORIA E HISTORIA
A Lei de memoria permite ilegalizar organizacións franquistas... pero non nazis
14/abr./24
O Goberno estatal matiza que a lei abre a porta á disolución de entidades que "fagan apoloxía do franquismo", pero non "do Terceiro Reich ou, en xeral, da ideoloxía nacionalsocialista".
star
Análise
Nazismo, sionismo e unionismo. Unha guerra contra nós
05/mar./24
Javier García é historiador e profesor na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona.
MEMORIA E HISTORIA
Redondela rende homenaxe á veciñanza "esquecida" deportada a Mauthausen
28/xan./24
Con este recoñecemento convértese no primeiro municipio galego en lembrar as vítimas do nazismo e súmase aos máis de 100.000 'Stolpersteine' colocados en 27 países.
Agora
A Asemblea Xeral da ONU aproba unha resolución contra a glorificación do nazismo que foi rexeitada por Washington
20/dec./23
Como cada ano desde 2005, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobou na madrugada de hoxe unha resolución rusa que defende a loita contra o nazismo, o neonazismo, a discriminación racial e a xenofobia, recomendando medidas para combatelos e evitar o revisionismo sobre a Segunda Guerra Mundial. 118 Estados votaron a favor, mentres que 49 se opuxeron (entre eles os Estados Unidos) e 14 se abstiveron.
INTERNACIONAL
A Xustiza lusa condena Mamadou Ba por "difamación" dun neonazi
20/out./23
A sentenza será recorrida polo activista.
'Operación Dracarys'
A organización neonazi Combat 18 preparábase para atacar "mesquitas, intereses xudeus e antifascistas"
19/out./23
Combat 18, aseguran os Mossos, carecía aínda dun "plan concreto contra un obxectivo concreto", mais si estaba "buscando medios para chegar a atacar". E, para iso, o seu obxectivo a curto prazo era captar novos membros, nomeadamente a través de propaganda en redes sociais.
SOCIAL
En liberdade o membro do grupo neonazi 'Combat 18' detido en Sober esta semana
19/out./23
O home de mediana idade, que responde ás iniciais G.C.B., acolleuse ao seu dereito a non declarar ante a autoridade xudicial e as dilixencias remítense agora ao xulgado que instrúe a causa, en Manresa (Barcelona).
Xustiza
O detido en Sober por suposta vinculación cun grupo neonazi pasará a disposición xudicial esta quinta feira
18/out./23
O dispositivo centrouse en Combat 18, unha "organización criminal vinculada ao nacional socialismo e ao supremacismo branco", salientaron as autoridades policiais, e que se centra en "vulnerar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas", fomentando o odio por motivos racistas e ideolóxicos.
SOCIAL
"Expulsaremos todos os non brancos, vivos ou en cadaleitos": que é Combat 18, o grupo neonazi con presenza en Sober?
17/out./23
Un residente en Sober de mediana idade foi detido esta terza feira canda outras 15 persoas no marco dun operativo desenvolvido a grande escala no Estado español contra a organización neonazi, considerada terrorista en Canadá e Alemaña, Combat 18. Isto é o que sabemos deste colectivo supremacista.
SOCIAL
Un dispositivo policial busca membros do perigoso grupo neonazi Combat 18, con presenza na Galiza
17/out./23
Combat 18, tamén coñecida como C18 e 318, é unha organización creada en 1992 no Reino Unido con vínculos con Blood & Honour, outro grupo neonazi.
INTERNACIONAL
VÍDEO | O Parlamento canadense ovaciona 'por erro' un ex militar nazi
25/set./23
"En particular, quero presentar as miñas máis sinceras desculpas ás comunidades xudías de Canadá e de todo o mundo", indicou nun comunicado o presidente da Cámara, Anthony Rota. "Acepto a plena responsabilidade dos meus actos", agregou.
star
Reportaxes
Galegos en Mauthausen. Loitar contra o esquecemento
11/ago./23
Entre os anos 1940 e 1945, máis de 200 galegos estiveron recluídos en campos de concentración do III Reich. Entre eles, o de Mauthausen, que se caracterizaba por ter as condicións de detención máis severas de toda a Alemaña nazi. Alba Garrido Fernández relata no seu libro De Galicia a Mauthausen (Galaxia, 2023), con nomes e apelidos, as tráxicas historias destes 208 prisioneiros galegos cuxas vidas se viron truncadas polo avance do fascismo en Europa.
SOCIAL
Un restaurante arxentino ofrece un menú que indigna en todo o mundo: "Hamburguesa Ana Frank con patacas Adolf"
03/ago./23
No medio do escándalo, a empresa desculpouse e anunciou que, agora si, cambiará os nomes das patacas e as hamburguesas e usará a outros personaxes históricos relacionados coa paz.
MEMORIA E HISTORIA
A Coruña lembra as persoas da cidade deportadas aos campos nazis
19/xul./23
A Coruña é o primeiro municipio galego en sumarse a esta iniciativa, posta en marcha nos anos noventa polo artista alemán Günter Demnig, hoxe presente no percorrido entre as rúas Porta de Aires e San Andrés.