novela

A escritora Tara Westover recibiu numerosos galardóns grazas á súa primeira novela, 'Unha educación', na que narra as súas memorias (Foto: Paul Stuart / Penguin).
CULTURA

'Unha educación', o best-séller de Tara Westover, chega ao galego

A aclamada novela da escritora Tara Westover (Idaho, 1986), 'Unha educación', non deixou indiferente a ninguén que a ela se achegara. Na obra, a autora narra as súas propias memorias, desde a infancia no seo dunha familia survivalista, sen pisar a escola, até doutorarse en Cambridge. Agora chega ao galego da man de Hércules.
alberte lema
CULTURA

Alberto Lema gaña o Manuel García Barros de novela

Con 'Pazo de Inverno', onde, segundo o xurado, "nada é o que parece e os trasfondos e maquinacións dos grupos de influencia acaban por nos revelar un complexo mapa de intereses e pulsións".
O escritor estradense Marcial Valladares nun retrato coloreado [Nós Diario].
CULTURA

A 'Maxina' de Marcial Valladares gaña nova vida

Co gallo da celebración dos douscentos anos do nacemento de Marcial Valladares (A Estrada 1821-1903), figura chave no Rexurdimento, a editorial Galaxia réndelle homenaxe tirando do prelo unha edición especial de 'Maxina ou a filla espuria', obra considerada o primeiro exemplo de novela galega moderna. 
Rosa Aneiros
star
Libros: 'Sibila', de Rosa Aneiros

O ton das profecías

O mundo de Sibila é moi semellante ao noso, aínda que cunha catástrofe ecolóxica máis próxima que comeza a afectar a algúns dereitos das persoas, que non poden permanecer en certos territorios protexidos, e tamén a aspectos como a súa fertilidade. 
Un instante da presentación da novela premiada de Marilar Aleixandre. (Foto: Deputación de Ourense)
CULTURA

Marilar Aleixandre e a literatura como "táboa de salvación"

A autora e colaboradora de Nós Diario participou nesta cuarta feira na presentación da súa novela As malas mulleres, que resultara gañadora do 39º Premio Eduardo Blanco Amor

Nus

Berta Davila. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Berta Dávila: "A literatura non ten que xustificarse como útil para ser considerada valiosa, como tampouco o idioma"

Buscar no trivial para atopar a esencia: quizais podería ser unha forma de describir as novelas de Berta Dávila. As súas obras sitúanse entre a ficción e a realidade para mostrar unha mirada que, a partir da observación dos pequenos cambios que acontecen ao noso arredor, reflexionar sobre a identidade, sobre a representación do suxeito. Illa Decepción recibiu o Premio Repsol de Narrativa Breve na mesma semana en que Carrusel, a súa anterior novela, gañaba o Premio da Crítica 2019. Falamos con ela sobre algúns dos trazos que caracterizan a súa obra. 

‘O Paxaro de nácara’, un canto á hibridación

Retrato da escritora e musicóloga
Eva Moreda.
star
Entrevista

Eva Moreda: "Cando fun vivir fóra notei que o concepto de 'para toda a vida' xa non existía tanto"

Eva Moreda (A Veiga, 1981) levaba xa por volta dunha década sen publicar en galego. Mais non foi tempo de silencio, senón de experimentación coa propia verba. A escritora, que emigrou en 2006 a Inglaterra,  vive agora en Escocia, onde traballa como profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow. Desde a diáspora vén de sacar do prelo, con apenas tres meses de diferenza, dous libros: 'Para toda a vida' (Aira) e 'Rapazas de Polar' (Morgante). 
Foto do autor, recortada. Fotografía de Sofía de Labañou
Xerais reedita 'O retorno dos homes mariños' 20 anos despois

Volve a novela coa que Xurxo Souto "inventou o mar" para a súa xeración

Xa está nas librarías a reedición da primeira novela do escritor e músico coruñés Xurxo Souto, O retorno dos homes mariños, publicada por primeira vez en 1999.
Imaxe das esculturas destes premios. (Foto: Edicións Xerais)
CULTURA

Os Premios Xerais de Novela reciben 54 candidaturas

O xurado elixiu como finalistas as obras enviadas baixo os lemas As cerdeiras, Batemos na porta do mundo e Por min e por tódalas compañeiras.
Antonio Tizón
CULTURA

Chega o podcast policial 'Un home estraño'

Baseado na novela homónima de Antonio Tizón, con guión do propio autor, consta de 13 capítulos e unha trama coas enfermidades mentais como pano de fondo.
Xosé Ricardo Losada é profesor de filosofía. (Foto: Eduardo Castro Bal)
Entrevista

Ricardo Losada: "En Manuel Antonio hai unha personalidade explosiva e moi irascíbel"

Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) deuse a coñecer a pasada sexta feira como gañador do Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña con 'O rosario e a buguina', unha novela que se centra no conflito relixioso entre o poeta Manuel Antonio e a súa nai durante os últimos meses de vida do primeiro. A obra verá a luz o próximo ano.
A escritora Marilar Aleixandre co seu premio. (Foto: Deputación de Ourense)
CULTURA

Marilar Aleixandre dedica o Blanco Amor ao autor de 'A Esmorga', "dobremente excluído"

A escritora e colaboradora de Nós Diario recolleu esta terza feira o seu galardón pola novela As malas mulleres. No libro fai un repaso pola persecución que sufriron e sofren algunhas mulleres por distintos actos, sobre todo os relacionados coa súa sexualidade.

Granito

María Rei Vilas.
Cultura

María Rei Vilas faise co premio de narrativa García Barros

O texto titúlase Flores de ferro e o xurado destaca a reivindicación da muller como vítima silenciada da Guerra Civil.
Ledicia Costas (Xerais).
Cultura

'Caramomia', unha novela interactiva e colaborativa escrita a oito mans

Un proxecto literario en Instagram para a rapazada
anxo 3
CULTURA

A escrita insomne de Rexina Vega

Laiovento recupera Ninguén dorme en galego
emmapedreira
'As fauces feroces' é o seu novo libro

Emma Pedreira narra "íntima e feroz" as encrucilladas das mulleres

“Mamá morrerá mañá”. Así, directa e brutal, comeza As fauces feroces, a última novela de Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Nova mostra de narrativa fragmentada, expresión reducida e apertura poética, o libro, di a editorial, “entre a ficción e a realidade histórica, enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma”.

maria xose porteiro
María Xosé Porteiro publica 'Sándalo', novela sobre a emigración

“En Cuba os galegos fixemos cousas que aquí non podiamos: saber quen somos”

Dous séculos de historia compartida entre Cuba e Galiza percorren as páxinas da segunda novela de María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Mais a perspectiva non é exterior: a propia escritora viviu na illa até os 14 anos e defende con vehemencia a participación das galegas “na construción das sociedades latinoamericanas actuais”. Sobre a grande epopea migratoria trata Sándalo (Galaxia, 2019).