novela

Berta Dávila
CULTURA

Berta Dávila faise co Repsol cunha novela sobre a experiencia da vida e a literatura

“O derradeiro libro de Emma Olsen” é o título da novela coa que a escritora Berta Dávila faise gañadora do Repsol de Novela Breve. Trátase dun relato arredor da experiencia da vida e a literatura no que Dávila narra a historia dunha escritora que regresa a súa vila natal coa morte próxima por unha enfermidade terminal. 

Letras e Ideas

A ordense Lidia Gómez gaña o Premio Biblos de novela para menores de 25

O seu proxecto quere ofrecer "un retrato singular dunha sociedade de tipo decimonónico" a través da relación dunha lavandeira compostelana e a súa patrona, dona dunha curtiduría da Pontepedriña. María Xosé Queizán será a súa titora.

CULTURA

Fernández Paz dá pistas na rede sobre a súa próxima novela

O cosmonauta Yuri Gagarin será un dos seus personaxes. O escritor Agustín Fernández Paz estase a documentar sobre a súa próxima novela e comparte os datos nas redes sociais. 

Xurxo Souto
CULTURA

Xurxo Souto pon o ramo ao Crânio de Castelao: "A comunicación na lusofonía é total, sen peneira algunha"

O escritor e músico Xurxo Souto pecha a historia do Crânio de Castelao despois de ter pasado por mans de once escritores de catro continentes e cinco países no ámbito da lusofonía.

premio Xerais 2013
CULTURA

Antonio Fraga Allegue e Xabier López, premios Xerais 2013 de Literatura infantil e Novela

'Cadeas', de Xabier López, obtivo o Premio Xerais de Novela 2013. E 'O castañeiro de abril', de Fraga Allegue, levou o Merlín de Literatura Infantil. Xabier Docampo, como mantedor literario da gala realizada en San Simón, convidou a “ler o libro de nós, o que di dos galegos e galegas que tal queren ser. Ler a nosa nación coma iso, coma unha nación”.

Letras e Ideas

Ignacio Vidal Portabales, XXX Premio de Novela Longa Blanco Amor

Entre as novelas finalistas do certame, “Dióxenes en Dolorida” e “Tara”, o Xurado acordou outorgar finalmente o galardón á primeira, presentada co lema “Arieira” nesta XXX edición do premio organizado, desta volta, polo concello de Fene.
CULTURA

Santiago Lopo gaña o García Barros de Novela

A novela Hora Zulú de Santiago Lopo resultou gañadora da XXIV edición do Premio Manuel García Barros que concede o Concello da Estrada.

 

 

 

IRMÁN E SOBRIÑA DE EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

Manuel e María Lorenzo, pai e filla, navegan con Cunqueiro para gañar o Xerais 2012 de Novela

A grande sorpresa da velada foi coñecer a autoría compartida do Premio Xerais. Pai e Filla, de Dodro, case descoñecidos no mundo das letras mais de apelidos moi literarios. Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguens. Irmán e sobriña de Eusebio Lorenzo Baleirón. O Premio Merlín foi para Marcos Calveiro.