A Fiscalía do Perú solicitou esta sexta feira 34 anos de prisión para o ex presidente Pedro Castillo "polos delitos de rebelión, abuso de autoridade e grave perturbación á tranquilidade pública". Unha vez deposto Castillo, acusado de golpe de estado en 2022, a vicepresidenta Dina Boluarte substituíno. Naquel contexto, unha gran masa saíu ás rúas en protesta polo que consideraban unha usurpación e a represión deixou decenas de mortes.
Castillo expresou a súa "profunda solidariedade coas familias" das vítimas asasinadas, feridas e torturadas, pola represión e violacións contra os dereitos humanos da forza pública durante o réxime de Dina Boluarte.
O avogado do ex presidente, que xa estaba en prisión provisional após disolver o Congreso e instaurar un Goberno de excepción, insiste en que se trata dunha "persecución" política: "Que quede claro que é un preso político, non un delincuente".
A investigación da Fiscalía apunta directamente ás Forzas Armadas polas mortes en Ayacucho a mediados de decembro, usando armas de guerra e nunha actuación ilegal en base á lexislación peruana. Aínda así, a presidenta Boluarte e o Congreso dominado polos conservadores tratan de manterse a toda costa.
Dous meses despois do comezo das protestas as mobilizacións mantéñense e profúndanse no Perú malia a forte represión da Policía e das Forzas Armadas, cun gran paro nacional decorrido onte; para abordar a situación desde 'Nós Diario' falamos coa xornalista Jacqueline Fowks e o presidente da Conap, Oseas Barbarán.
A Policía peruana atacou un autobús cheo de pasaxeiros cunha bomba lacrimóxena, nunha escena que amosa a situación que están a padecer milleiros de peruanas e peruanos, reprimidos polo Executivo nunhas protestas que xa deixan máis de 60 falecidos.
A Confederación Xeral De Traballadores do Perú a pasada segunda feira denunciou a presión policial que sufriron, algo que foi feito, segundo indican, co obxectivo de que non saíse adiante a Asemblea Nacional dos Pobos (ANP).
A fiscal Patricia Benavides, que trasladou a apertura da nova investigación, agregou que contra Boluarte xa existe outro proceso indagatorio de "delixencias preliminares" sobre os feitos violentos ocorridos en decembro pasado.
O Executivo de Dina Boluarte trata de aparentar que as protestas acabaron após 31 mortes, co apoio dos principais medios de comunicación, aínda así, a poboación segue a protestar en múltiples rexións, e os responsábeis dos asasinatos de manifestantes continúan sen ser investigados pola Xustiza peruana.