Rexeitamento progresista e dos movementos sociais á decisión dos congresistas conservadores de atrasar as eleccións até 2024, en contra das protestas populares, cuxa represión deixou 28 mortes.
O Exército xustifica a represión após 25 asasinatos nas mobilizacións ao longo do país, entrementres, Boluarte acaba co primeiro ministro apenas dez días despois de nomealo, mais destaca que non ten intención de dimitir.
Primeiras renuncias no Executivo de Dina Boluarte após a morte de 21 persoas pola represión dos militares e das forzas de seguridade, entrementres o Congreso debate adiantar os comicios xerais.
O Goberno peruano decreta o toque de recoller durante cinco días ante a intensificación das protestas e no marco do estado de emerxencia declarado na quinta feira.
As protestas proseguiron por sétimo día no Perú, cunha presión cada vez maior para que as institucións convoquen eleccións despois de nove mortes. Desde Nós Diario ofrecemos varias chaves para comprender que está a acontecer no país americano.
Unha nova manobra xudicial impide a liberación de Pedro Castillo, ao tempo, Dina Boluarte decreta o estado de emerxencia e militariza o país a pesar de que o seu gabinete considera que a situación se está a estabilizar.
Tensión máxima nun Perú sumido nunha crise a raíz da destitución de Castillo, con protestas masivas e sete asasinados pola represión até o de agora. A Fiscalía pide prisión preventiva para o ex presidente após formalizar a Xustiza o proceso contra el e o seu ex primeiro ministro, Aníbal Torres.
Tras a confusión posterior á destitución de Castillo, os movementos sociais están a impulsar manifestacións ao longo do país, con máis de 30 cortes de estrada, manifestacións dous aeroportos e mobilizacións multitudinarias.
As protestas e a represión policial continúan esta segunda feira no norte e sur do país suramericano, mentres millares de manifestantes exixen a liberación do ex presidente Pedro Castillo.
O avogado do ex mandatario peruano, Víctor Gilbert Pérez Liendo, enviou unha carta ao presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, na cal solicita "considerar outorgar asilo" a Castillo pola "persecución infundada de órganos de xustiza que tomaron un carácter político nas súas actuacións".
Tensa calma da oposición conservadora lexislativa e xudicial coa nova presidenta peruana, Dina Boluarte, despois de atacala como vicepresidenta de Pedro Castillo. Ao tempo, a Fiscalía busca mecanismos para que o ex presidente siga detido, algo cuestionado polos expertos.
A Dina Boluarte proclámase presidenta do Perú tras aprobar a destitución de Pedro Castillo, que decretou a disolución do lexislativo horas antes, nun movemento rexeitado pola oposición conservadora, e que, posteriormente foi detido.
O presidente do Perú realizou o anuncio nun discurso á nación no cal tamén precisou que haberá un toque de recoller no país desde as 22 horas (hora local) até as 04 da mañá.
A entidade reclama 100 días de "tregua política" aos principais actores após constatar a fráxil situación da institucionalidade do país nunha misión reclamada polo presidente Castillo para tratar de frear o que considera un golpe de Estado das elites do país. Aínda así, a oposición conservadora, que controla o lexislativo e a Xustiza e foi denunciada por racismo pola OEA, continúa tratando de acabar co mandato de Castillo.
A fiscal xeral do Perú, denunciada hai poucos días por Castillo, presenta unha denuncia constitucional contra o mandatario, ao que acusa de liderar unha organización criminal.