INTERNACIONAL
Castillo cede á presión e 'modera' o Goberno peruano
07/out./21
Os ataques non cesaron desde que en xullo se confirmou a vitoria de Castillo e en agosto se presentou o Gabinete. O líder do seu partido, Cerrón, resumiu os últimos acontecementos e os que virán desta forma: "O presidente deberá elixir ante a disxuntiva do conservador ou do revolucionario". Por agora, decidiu optar polo 'moderado' e designou a avogada ambientalista Mirtha Vásquez como primeira ministra en substitución do marxista-leninista Guido Bellido.