ECONOMÍA
Radiografía dos que non coidan do mar
13/xan./24
O furtivismo ‘cos papeis en regra’ segue a ser a máis grave eiva para a pervivencia do marisqueo nas rías galegas. Mentres contra o narcotráfico se están a incorporar as novas tecnoloxías, esta lacra económica e ecolóxica non recibe a mesma atención. A normativa do país é das máis restritivas do mundo canto a sostibilidade dos océanos. Pero, mar adentro, convértese en papel mollado. O seu cumprimento só depende da vontade dos profesionais, e non todos se rexen pola ética.
Crise dos pellets | Entrevista
Rogelio Santos, mariñeiro e divulgador: "O Goberno galego deixa tirada a xente do mar"
12/xan./24
Rogelio Santos Queiruga (Porto do Son, 1978) é o presidente da Plataforma en Defensa da ría de Muros e Noia, mariñeiro e divulgador de temas pesqueiros en redes sociais e medios de comunicación. Hoxe analiza para 'Nós Diario' a situación creada coa chegada dos pellets ao litoral galego, no marco dunha crise de fondo da actividade pesqueira.
Crise dos pellets
O sector pesqueiro e o ecoloxismo chaman a mobilizarse contra a "tardanza e desleixo" da Xunta o 21 e xaneiro en Compostela
10/xan./24
O sector do mar mobilizarase o vindeiro 21 de xaneiro en Compostela contra a xestión que está a facer a Xunta da Galiza dos vertidos de pellets procedente dos contedores do mercante Toconao. A manifestación que partirá as 12 horas da Alameda e rematará na praza do Obradoiro desenvolverase baixo o lema de “En defensa do noso mar”.
Crise dos pellets
Vilares, sobre os plásticos no mar: "O aparato dixestivo dos peixes non se come"
10/xan./24
Os microplásticos, no caso de inxerilos accidentalmente, "entran por onde entran e saen por onde saen", subliña o conselleiro.
Crise dos pellets
O patrón maior de Muxía volve á carga: "Mil sacos na costa é unha cagada de mosca nun campo de fútbol"
10/xan./24
Daniel Castro sae ao rescate da Xunta da Galiza e arremete duramente contra o Goberno estatal, que cualifica de "ditadura": "Estamos vivindo peor que na ditadura de Franco. É unha ditadura encuberta, pero non unha ditadura do noso Estado, senón unha ditadura de Hitler, que xa é falar, eh".
star
ECONOMÍA
Os datos certifican a crise do bivalvo nas rías galegas: a produción de berberecho caeu 79% no último ano
09/xan./24
Agudízase a tendencia á baixa na produción de bivalvo das rías galegas. A comparanza coa media dos últimos 20 anos (2004-2023), amosa que en 2023 recolleuse nos bancos marisqueiros menos berberecho (-82%), menos ameixa babosa (-76%), menos ameixa fina (-72%), menos ameixa rubia (-68%), menos ameixa bicuda (-91%), menos ameixa xaponesa (-5%) e menos reloxo (-88%). Mentres, as promesas de axuda ao sector por parte da Xunta da Galiza seguen se cumprirse e o plan de acción do Goberno galego segue sen ser publicado.
star
ECONOMÍA
Milei insiste e Vigo perdería 50.000 toneladas de peixe anuais coa 'lei Ómnibus' arxentina
08/xan./24
O anuncio por Javier Milei da 'lei Ómnibus' na Arxentina, que propón liberalizar os caladoiros dese país, mobiliza o sector na Galiza e tamén no país suramericano mentres desde a Consellaría do Mar aseguran que poderían actuar "con discreción" se o solicitan as armadoras.
Análise
Galicia 2024: a pesca ante a súa gran oportunidade
06/xan./24
Torcuato Teixeira é avogado especialista en Dereito Pesqueiro.
Mar
A Xunta cuantifica a caída da produción marisqueira nas rías en máis de 80%
04/xan./24
A Consellaría limita as causas da mortaldade ás altas precipitacións.
star
Análise
Reservas mariñas de interese pesqueiro: harmonía de intereses diversos
26/dec./23
Ángeles Piñeiro é profesora do Departamento de Xeografía da USC.
Parlamento
O PP veta por segunda vez en menos dun mes que haxa un fondo extraordinario de axudas a mariscadoras pola mortaldade
22/dec./23
A oposición critica a ausencia da Xunta ante unha crise que ameaza miles de empregos.
TRABALLO
Atunlo propón un ERE na factoría do Grove que deixaría 136 persoas na rúa
20/dec./23
A empresa sinala a importación sen aranceis como o principal problema.
POLÍTICA
O PP rexeita suprimir o IVE nos produtos do mar
20/dec./23
O BNG pide que os populares expliquen a decisión ao sector pesqueiro e marisqueiro.
ECONOMÍA
Sanción de 150.000 euros á armadora do 'Pitanxo' por desactivar xeolocalizadores en catro buques
14/dec./23
Os barcos con bandeira española sancionados apagaron repetidamente a súa xeolocalizar sen motivos lexítimos "máis de 1.200 veces durante polo menos 24 horas", o que constitúe para a organización unha infracción contra a seguridade marítima e o incumprimento das normativas pesqueiras, salienta a organización Oceana.
Agora
O período para solicitar un posto para a pesca de lamprea no Teo e no Ulla comeza esta quinta feira
13/dec./23
O sorteo dos postos para pescar lamprea nos ríos Tea e Ulla na próxima tempada decorrerá o 19 de xaneiro de 2024. O período para o rexistro de peticións arrinca esta quinta feira para ambos os ríos mais será menor no Tea, 10 días hábiles, que no Ulla, 15 días hábiles. A tempada no río Tea estenderase do 1 de febreiro ao 15 de maio, mentres que no caso do Ulla (salvo nalgunhas áreas con calendario propio) será entre o 1 de xaneiro e o 23 de marzo.
star
Mar
A repartición das cotas de pesca na UE deixa alegrías e decepcións entre os sectores da frota
12/dec./23
Tras intensas negociacións ao longo de tres xornadas, os Estados da UE conseguiron chegar a un acordo de reparto das cotas de pesca que deixa sensacións agridoces na frota galega, xa que a boas novas como a suba do TAC da pescada sur únense outras malas como a caída das cotas do abadexo e do linguado.
Mar
A UE reduce as capturas da pescada á frota galega no Gran Sol
12/dec./23
Fontes do sector sinalaron que o que complicou o acordo, tras unha noite de negociacións, foron as reclamacións de Francia e Italia.