A evolución do crecemento do PIB cae do 2,6% ao 0,2% en só tres trimestres
A economía do Estado español desacelerou gravemente o seu crecemento trimestral. Fíxoo dous puntos entre xaneiro e marzo, até situalo en só o 0,2%, unha décima menos do apuntado nos datos avanzados no mes de abril. Son cifras de Contabilidade Nacional publicadas polo Instituto Nacional de Estatística na sexta feira.