poesía

Chus Pato
star
Libros

Milfollas para vinte anos

m-Talá. Edición do Vixésimo Aniversario inicia a publicación por parte da editorial Euseino? das obras completas de Chus Pato.
A poeta Yolanda Castaño e Antonio Reboredo, que asina como 'Raposa'. (Foto: Raposa)
Raposa presenta a súa primeira obra, publicada por Demo Editorial

'Friaxe', unha relectura en imaxes dos famosos 'Os himnos á noite', de Novalis

Antonio Reboredo (Raposa) é o autor de 'Friaxe', un libro a medio camiño entre a banda deseñada e o libro ilustrado que elabora unha lectura persoal e desde o presente de 'Os himnos á noite', un dos clásicos do romanticismo alemán máis temperán, asinado polo escritor e filósofo Novalis, que viu a luz en 1800.
Lupe Gómez (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Lupe Gómez: memoria e terra

Aquela patria, o galego, era como unha chaqueta vella que había que deixar atrás para incorporarse a mundos máis "finos". Por iso, a súa obra literaria é un intento de "devolverlle a dignidade" a esa prenda amada, de coidala para que poida lucir nova. Así explica Lupe Gómez unha das chaves da súa creación poética, que vén de dar tres libros gañadores doutros tantos premios: Caracois de Belvís, No encanto do aire e Silabario. Unha triloxía compostelá que é testemuña da busca do sosego e da loita da vida por vencer a morte e a enfermidade.
Detalle do cartel de 'Eterna e múltipla'. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

A poesía erótica de Carvalho Calero protagoniza o espectáculo 'Eterna e múltipla'

O evento será a cuarta feira 23 no Museo de Pontevedra, e emitirase en streaming a través da web da Deputación. Desde a organización destacan esta faceta menos coñecida do ferralán, a quen consideran primeiro autor que escribiu poesía erótica en galego. 
pedreiraoural
Poetas da Mariña e do occidente de Asturias

'Goxo de pano fino', o ciclo de creación lírica e audiovisual

A área de Cultura da Deputación de Lugo promove, desde hoxe, o ciclo de poesía multidisciplinar "Goxo de pano fino", dirixido polas artistas Ugía Pedreira e Marina Oural e que reúne doce creadoras e creadores da Mariña e mais do Occidente asturiano.
Lucía Aldao e María Lado (Foto: Nacho Morán).
star
Reportaxes

Aldaolado: humor e poesía

Lucía Aldao e María Lado veñen de sacar Ninguén morreu de ler poesía (Xerais), a primeira antoloxía do proxecto que as une desde hai xa quince anos, Aldaolado. Poemas, cancións e historias que foron levando polos recitais cos que percorren o país, demostrando -unha vez máis- que nin a poesía en directo ten por que ser aburrida nin que dedicarse á escrita sexa imposíbel na Galiza. Nesta entrevista fan balance do que levan de andaina. Quedan coa diversión e co humor que, de cando en vez, pode axudar a ter unha perspectiva crítica da realidade.
Olga Novo (Foto: Anxo Cabada).
star
Reportaxes

Olga Novo Vida e Beleza

"Todo poema nace da intensidade creativa, do trallazo, e desde logo non procura a perfección formal, senón a emanación do amor". Iso di Olga Novo sobre a poesía. E podería ser unha axeitada definición da súa propia escrita que é sempre fervenza. Corrente volcánica. Vida, e non só exercicio literario. Novo vén de gañar por segunda vez o Premio da Crítica Española na categoría de poesía en galego. Desta volta foi con Feliz Idade (Kalandraka), celebración dos afectos como alicerce vital. Repasamos con ela a súa obra. 
Rosalía Fernández Ríal (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Rosalía Fernández Rial: poesía en movemento

Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando. A súa poesía non é estática, atravesa o papel e invade todo o que fai: as performances, a investigación e o seu labor como docente en Cabana de Bergantiños. Conversamos con ela para debullar como a arte, o feminismo e a educación nos poden salvar do abismo en tempos convulsos.
Algunhas propostas da  literatura galega híbridas. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Literatura híbrida: libros que van máis alá

Poesía e fotografía. Poesía e ilustracións. Literatura e música. As fronteiras entre os xéneros e as artes son cada vez máis etéreas, e hoxe en día eclosionan propostas que tensan os límites e ofrecen reflexións e debates sobre o mundo desde a palabra escrita, pero cun protagonismo especial doutras disciplinas artísticas. No medio desta era dixital, fálase cada vez máis dos libros como obxectos, pois o futuro reside aí.
383 repor 2
star
Reportaxes

A poesía e o rural

Nos últimos tempos, moitas son as propostas poéticas que poñen a reflexión sobre o rural no foco e axudan a visibilizar estes espazos que perden poboación e servizos básicos.  A través da análise de Nomes de fume, de Míriam Ferradáns, As casas, de Carlos Lixó, Feliz Idade, de Olga Novo e Da casa, do mar e das ausencias, de María Carmen Caramés Gorgal, indagaremos no tratamento do rural na poesía galega e nas súas reivindicacións.
Quico valeiras (Foto: Rubén L. Taín).
star
Entrevistas

Quico valeiras: escrita en tensión

"O poema non pode suplanta-lo verbo do rito", declara solemne Quico Valeiras (O Carballiño, 1990) nun verso do seu último libro, O Elo. É esta unha obra senlleira que asina en conxunto con Emma Pedreira, autora das colaxes que dialogan, en nivel de equidade, coas palabras deste ensaio lírico que se artella no gonzo dos rituais de ligazón, para expandir olladas e reflexións sobre conceptos tan complexos e conflitivos como "o sagrado". Este poemario chegaba ao pouco de coñecermos que a libraría Chan da Pólvora, xestionada polo autor, non reabriría após o confinamento.
Tamara Andrés e Marcos Viso
star
Entrevistas

Tamara Andrés e Marcos Viso: Aprendermos da imaxe

Tamara Andrés e Marcos Viso comparten a autoría de Distancias, un conxunto poético editado por Galaxia no que, a través dos versos da poeta e as ilustracións do artista, descubrimos unha historia íntima que apela a unha memoria sen melancolía, ás imaxes remarcadas do máis próximo nunha narración en verso no que importan desde a métrica até a colocación das palabras, o golpe da imaxe e o paso das páxinas. Falamos con eles arredor do seu proceso creativo, do seu traballo conxunto e de como concibe cadaquén a escrita e a ilustración, onde, sosteñen, cómpre repensar o papel actual da imaxe na literatura.
Processed with VSCO with nc preset
star
Entrevistas

Alba Cid: Ondeamos

Alba Cid (Ourense, 1989) vén de publicar o seu primeiro poemario, Atlas (Galaxia, 2019), unha cartografía que reúne a voz poética da autora durante os últimos cinco anos. Un libro no que "os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes", que crecen das fascinacións para desprazárense "adiante e atrás na historia á procura de encrucilladas luminosas". Conversamos coa poeta sobre este novo planeta que é Atlas, sobre o proceso de escrita, a fotografía e a literatura na actualidade. 
O escritor Salvador García-Bodaño. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Salvador García-Bodaño, de tempo en tempo

Cando na primavera de 1979 chegou ás librarías do noso país Tempo de Compostela non sabiamos que admirar máis, se o coidado e a fermosura da edición do libro ou a emoción e a beleza dos propios poemas. 
O autor, Xavier Rodríguez Baixeras. (Foto: Tucho Calvo ).
star
Libros

As horas redondas de Xulio L. Valcárcel

A Xulio L. Valcárcel (Lugo, 1953) hai que querelo pola súa fondura humana —poucas persoas coñecemos nós tan ricas en bondade e cariño para os demais coma Xulio—, hai que admiralo como escritor polo seu constante, inxente e valioso traballo no campo da cultura galega e, sobre todo, hai que gozalo como poeta. 
A autora Begoña Paz. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Entre feridas, bestas e sombras

Desde que se dera a coñecer co libro A ferida, no ano 2004, a voz de Begoña Paz definiuse por un discurso marcadamente independente e unha consideración tan sensíbel como crúa no tratamento dos temas literarios. 
Retrato de Teresa Moure. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Perseguindo elefantes

A narrativa de Teresa Moure pasa por ser unha das máis relevantes para a literatura galega neste novo século, e ten a peculiaridade de selo desde as dúas posibilidades normativas abertas para a nosa lingua. 
O autor, Xavier Rodríguez Baixeras.8Xosé María Álvarez Cáccamo).
star
Libros

Baixeras, un neoclásico na Xeración dos 80

Hai na Xeración dos 80 dous grandísimos poetas que por razóns de idade poderían formar parte da poesía galega da década dos 70. Se non é así é porque os seus primeiros libros en galego datan do inicio dos anos 80 e porque, ademais, son dous poetas que comparten coas voces poéticas que emerxen nese momento a preocupación por darlle á nosa lírica un novo rumbo, outras miradas e unha outra estética. Estoume a referir a Manuel Vilanova (Barbantes, 1944-Vigo, 2019) e a Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945). 
Retrato de Martín Veiga. (Foto: Kalandraka)
star
Libros

Balanzas da vida

Como sempre destacamos, a colección Tambo, que leva anos baixo a dirección de Luís Rei Núñez, conseguiu unha cousa tan difícil como construír unha personalidade propia e rotunda. 
Retrato de Martín Veiga.(Kalandraka)
star
Libros

Rexistrar e/é memorizar

Estar fóra é relacionarse doutra maneira co que queda dentro, se é que aínda acreditamos nas fronteiras