poesía

A poeta Eva Veiga. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Eva Veiga, entre a terra e a luz

Desde que en 1993 se deu a coñecer co poemario Fuxidíos, dentro da colección Esquío, até Soño e Vértice, publicado en 2016, Eva Veiga (Pontedeume, 1961) foi quen de elaborar unha das obras poéticas máis sólidas e luminosas da literatura galega contemporánea. 
O poeta Paco Souto. (Foto: AELG).
star
Libros

Das mulleres que viviron no amor á terra

Era grande a admiración de Paco Souto (A Coruña, 1962-Razo, 2017) por ese outro noso altísimo poeta que foi Antón Avilés de Taramancos, que nunca deixou de ser fiel ás súas orixes labregas e á memoria da súa avoa.
Iria Pinheiro (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Máis retranca e pouco sentidiño

Uralita preséntanos varios retos. O primeiro ten que ver co xénero. É este un texto lírico? Segundo a editorial e María Lado, si. 
Retrato de Carlos Lema. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

O compás que inscribe o tempo

Hai poemarios que recenden, outros coruscan. Hainos que poñen cor e hainos que convidan a degustalos. Tamén os hai que feren. Este Álbum da cuarta dimensión soa.
A escritora Luísa Villalta. (Foto: Nós Diario)
star
Libros

O concerto inacabado de Luísa Villalta

Marzo de 2004. Cemiterio de San Amaro. Caíannos bágoas por fóra e por dentro. Non podía ser verdade. Non podiamos entender aquela morte tan inesperada, tan prematura, tan inxusta. E se a dor era enorme en todas e todos nós, inmenso foi tamén o oco que Luísa Villalta deixou na literatura galega aos seus 46 anos. 
A investigadora e escritora Arancha Nogueira. (Foto: Xerais).
star
Libros

O sol da infancia

Os últimos anos foron un estalido na produción de Arancha Nogueira, case unha decena de obras de poesía, entre plaquettes e libros que a configuran como unha das autoras máis prolíficas do panorama. 
Retrato de Ricardo Carvalho Calero. (Foto: Nós Diario).
star
Libros

O tesón e a dúbida ontolóxica

É difícil desligar a produción poética das outras facetas intelectuais de Carvalho Calero, sobre todo a que ten que ver coa crítica literaria. Máis aínda a que desenvolve no período no que estivo vencellado ao proxecto de Galaxia. 
388 Libros 2
star
Libros

O último Manuel María

O poeta Manuel María foi e é admirado por moitas persoas que sorprendentemente o que máis valoran da súa figura non é precisamente a súa mellor poesía.
389 Libros
star
Libros

O herdo do poeta

Paco Souto deixounos hai cousa de tres anos, pero os seus ecos continúan a escoitarse e poden servir como unha forma de medir a importancia que a súa traxectoria tivo entre nós.
385 Libros
star
Libros

A vida e as cidades

Temos a impresión de que, dentro das culturas veciñas á galega, son poucas as que seguen concedendo ese peso simbólico fundamental ao discurso poético.
385 Libros 2
star
Libros

Palimpsestos espaciais

A permeabilidade entre as correntes artísticas e os discursos teóricos vén de vello, como é lóxico, e isto vese claramente no poemario de Alba Cid.
384 Libros 1
star
Libros

Eusebio Lorenzo Baleirón: a eternidade do efémero

Entre as voces máis firmes e prometedoras que tivemos a fortuna de descubrir e gozar a comezos dos oitenta estaba un poeta aínda case adolescente das terras de Laíño, Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, 1962-1986), que nos deixaría pouco despois, moi prematuramente, con apenas vinte e catro anos, abrindo unha enorme ferida no corazón de cantas persoas o trataron e un inmenso oco na poesía dos oitenta. 
Tapa do álbum (Foto: Nós Diario).
star
Música

Lonxe das apócemas comerciais

Son Trío é un grupo de recente creación, concretamente de 2017. Con todo, este trío de talentosas mulleres xa chamou ben a atención na escena musical galega: nas súas orixes, a banda formouse a raíz de gañar o premio Musicando a Rosalía do Concello de Vigo, e ademais xa estiveron nomeadas aos Premios Martín Códax da Música en 2018 e 2019. 
 
392 Música
star
Música

As atmosferas poéticas do outro Thomas Dylan

Hai xa preto dun ano que viu a luz un disco que pasaría máis ou menos desapercibido dentro do panorama musical galego, máis que ben merece un rescate dese baúl das lembranzas. 
Documentos do arquivo inédito de Celso Emilio Ferreiro como procurador (Foto: Punto GA Comunicación)
CULTURA

Celso Emilio Ferreiro, procurador: arquivos inéditos da outra face do poeta

A profesional é se cadra a aresta menos coñecida dunha personalidade como a do poeta e político Celso Emilio Ferreiro. O Colexio de Procuradores de Vigo vén de dar a coñecer o achado de arquivos inéditos do autor, que permiten afondar desde outra óptica nun traballo que se cadra tamén irriga a súa lírica e, coma ela, o colocou do lado dos humildes: "Xa témo-las palabras que destruien / aos que portan a luz e van dediante: / pena de morte, / cadea perpetua, / pliego de cargos".
Os compoñentes de Tres Pesos, Estevo Lamas, Felisa Segade e José Antonio Ferreira, coñecido como Pepe de Calo. (Foto: Nós Diario)
'De cando os animais cantaban' é o título deste traballo que se xestou durante tres anos

Tres Pesos volven á escena musical cun novo disco

O trío de música de raíz Tres Pesos chega este outono co seu segundo traballo discográfico, 'De cando os animais cantaban'. Un disco elaborado devagar que pretende ser unha reivindicación da actualidade de música tradicional e pola recuperación do hábito do campo nunha sociedade na que "todo o hai que facer a correr".
Imaxe da entrevista a Manuel Vilariño que publica mañá Sermos. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Manuel Vilariño: Luz e tempo

Abismarse no íntimo. Na luz interior. Coas raiolas da aurora, no espertar do visíbel. É unha das chaves da obra do fotógrafo e poeta Manuel Vilariño, tal como escribiu el mesmo nun dos seus cadernos. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle até finais de xaneiro Seda de cabalo, unha mostra que, sen ser unha retrospectiva, recolle a súa traxectoria desde os anos 80 até 2005. Nela poden albiscarse boa parte das inquedanzas do artista, como o paso do tempo, o tránsito entre a vida e a morte ou a existencia “na xeografía do confín que é a Galiza”. 
Este filólogo de Bergondo cultiva na literatura, sobre todo, a poesía e o relato curto. (Foto: Nós Diario)
Óscar García, gañador do XXIV Certame de Poesía Francisco Añón

"Traballo un pouco por acumulación até que sinto a necesidade de pórme a escribir xa"

O Concello de Outes leva 24 anos organizando o Certame de Poesía Francisco Añón, no que se convocan poetas de todas as idades. Nesta ocasión, a situación derivada da Covid-19 impide levar a cabo a entrega de premios e a presentación da obra gañadora, mais os nomes das persoas vencedoras déronse a coñecer recentemente e Óscar García mereceu o galardón máis alto co seu Inventario de consecuencias. Conversamos con el sobre o premio, sobre o seu proceso creativo e a sobre a súa traxectoria literaria.
Quico Valeiras. (Foto: Rubén L. Taín)
CULTURA

A procura de "espazos aínda pouco transitados" válelle a Quico Valeiras o Lorenzo Baleirón

'Urda' é o título do poemario galardoado. Por outra banda, o Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca fica deserto.
2020110118010916532
CULTURA

Sara Plaza Moreno gaña o premio de poesía Pérez Parallé

O xurado escolleu o libro de Plaza Moreno, titulado Todos os pasos fan ruído, de entre 76 obras presentadas a esta XXXIII edición do concurso, que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, co apoio do Concello.