poesía

A cantante Najla Shami estará en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pontevedra soará 'Con voz de muller' durante toda esta semana

Música, teatro ou poesía en feminino de mañá a domingo
Cristian Javier López (Nós Diario).
CULTURA

Cristian J. López, licenciado en Música e Letras: "Por medio da música a literatura gaña novos espazos"

"A literatura é unha das artes que contribuíron á humanización, auxiliándonos na creación do sentido crítico". O arxentino Cristian Javier López realizou entre a Universidade de Vigo e a brasileira Universidade Estadual do Oeste do Paraná unha tese coas conexións entre as poetas Helena Kolody e Idea Vilariño.
Carlos Da Aira [Demian Ortiz].
Cultura

'A guerra era contra nós': por unha épica da clase obreira contemporánea

'A guerra era contra nós' facíase en 2019 co Premio Lueiro Rei. O poemario de Carlos da Aira (Elgoibar, 1972) chega agora ás librarías editado por Xerais, cunha densa e frenética prosa lírica que reflexiona sobre a condición humana desde as estacións dun futuro inalcanzábel. Co sabor metálico da distopía, o autor narra en ton lendario todas esas batallas que atravesan o noso presente, nunha dimensión na que por veces os tempos se confunden. Da Aira vén tamén de gañar Ari[t]mar de poesía na categoría galega, con "Nas noites de luar (Prender os fachos, compoñer os ósos)".
Susana González Lago traduce poesía galega ao alemán
CULTURA

Susana González Lago, 'Galemán': "Decateime de que falaba mellor unha lingua allea que a miña propia e sentín vergoña"

Responsábel da bitácora en internet Galemán, na que publica traducións ao galego de autoras como Tamara Andrés, Emma Pedreira ou Antía Otero
Espectáculo na pasada edición do ciclo De Perto no Barco de Valdeorras.
Cultura

A palabra protagoniza o ciclo De Perto nunha edición "un pouco menos próxima"

De 1 a 18 de xullo contos, poesía e moito máis danse cita no Barco de Valdeorras
Carlos da Aira
CULTURA

Carlos Da Aira e Raquel Lima, gañadoras do aRi[t]mar de poesía 2020

Os poemas gañadores do certame serán interpretados na Gala que se realizará a finais deste ano, xunto coas cancións premiadas de Sabela e António Zambujo, e a participación de Georgina Benrós De Mello, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona.

Gañador-premio-Poesía
CULTURA

Manuel López Rodríguez gaña o II Premio de Poesía Eduardo Pondal

O xurado do certame, convocado pola Editorial Medulia, destacou a “gran calidade” dos libros presentados nesta edición.

A escritora Lupe Gómez na libraría Chan da Pólvora.
CULTURA

A libraría Chan da Pólvora despídese e fecha as portas

Nunha carta de despedida, o seu libreiro e impulsor, Quico Valeiras, explica que as consecuencias da COVID-19 agravaron unha precariedade cunhas raíces máis fondas. "Apuntar que iniciamos unha marcha “sabe deus cara a onde”, pero facémolo coa saca chea de boas lembranzas, cunha rede de amizades indestrutible e con moitísimo aprendido!", afirma.
Detalle do Tendal das Letras de 2019, elaborado polo alumnado do IES San Rosendo (Mondoñedo).
Cultura

'Mondoñedo é poesía' celébrase en virtual porque "ningún virus pode matar a poesía"

A edición de 2020 homenaxea a poeta Luz Pozo Garza
Certame aRi[t]mar do pasado decembro en Compostela (Foto: Nós Diario).
Cultura

O xurado do aRi[t]mar anuncia as poetas galegas e portuguesas finalistas e abre a votación do público

As persoas que quixeren participar poderán votar ás poetas a través da web do certame de Compostela até ás 23:59 horas do día 20 de maio. Entre as finalistas están Alba Cid, Filipa Leal, Olga Novo, Gonçalo Fernandes e Carlos Callón.
Luz Pozo Garza homenaxeada pola RAG 
no seu 95 aniversario en 2017 (Xosé Castro).
Cultura

A pegada incandescente de Luz Pozo Garza

Nós Diario repasa un legado lírico inzado de vitalismo e sensualidade, atrevido e innovador no panorama da censura da época de posguerra, froito dunha escrita apaixonada que Luz Pozo Garza mantivo até os últimos anos de vida. Ofrecemos tamén un extracto da entrevista publicada en 2015 no Sermos Galiza.
Chus Pato RAG
CULTURA

Chus Pato, Manuel Rivas ou Alba Cid: poetas galegas no portal internacional Asymptote

Unha escolma de autoras e autores galegos figuran no catálogo do portal internacional de poesía Asymptoe.

A pé de obra (117). Feliz idade

regina touceda
CULTURA

Estado de poetas: iniciativas nas redes sociais para acompañar na corentena

O estado de alarma decretado, de momento, até o 12 de abril, tradúcese para o mundo da cultura galega en medo, despedimentos, escaseza e precariedade, males xa coñecidos desde a crise de 2008. Co confinamento necesario nos fogares, a poesía reinvéntase e acode en masa ás redes sociais para acompañar, entreter e xermolar a curiosidade. O novo campo da performance poética deixa de lado estrados, teatros, librarías, cafetarías ou bibliotecas e fala desde a individualidade imposta do fogar. 
Ilustración que acompaña 'De tirar o rixón'
Cultura

A cadencia exacta que incendia os versos

Após tres anos da morte de Paco Souto, Caldeirón edita Lugar de Incendios, un libro-CD que recolle música, ilustracións e poemas do espectáculo de AÍNDA estreado en 2009 con Serxio Moreira. 
Carvalho Calero (dereita) con Cunqueiro (esquerda) e Fernández del Riego (centro) en Compostela nos anos trinta.
Cultura

Calidoscópico Carvalho, após trinta anos

Hoxe fai trinta anos do pasamento de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado, tras anos de reivindicación, nas Letras Galegas 2020. Aproveitamos a ocasión para propor unha primeira achega á súa prolífica produción nos distintos eidos, debullando unha figura absolutamente senlleira e poliédrica.  
aspg
CULTURA

A AS-PG anima a escoitar poemas de Novoneyra no seu último podcast

En tempos de confinamento, a cultura sempre é unha vía de escape, unha fiestra ao exterior. Por iso, desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega convidan ás galegas a escoitar os versos do poeta Uxío Novoneyra.
Unha edición do festival "Alguén que respira!" (Nós Diario)
CULTURA

O festival “Alguén que respira!” transfórmase en “Poesía contra coronavirus”

A iniciativa poética “Alguén que respira!” manterá desde o día 18 de marzo na súa web unha serie de audios coa voz das e dos poetas que estaban no programa do festival, aprazado a pasada semana de acordo coas medidas decretadas pola Xunta para evitar a expansión do coronavirus.

CULTURA

Á procura dun novo repertorio para corais

Doce poetas colaboran co Coro Cantabile
o poeta brasileiro wilson alves-bezerra 2
CULTURA

Wilson Alves-Bezerra publica na Galiza o seu uivo anti-Bolsonaro

Na editorial pontevedresa Urutau