poesía

regina touceda
CULTURA

Regina Touceda gaña o premio Pérez Parallé de poesía con 'Deriva'

Deriva é un libro medido, de palabra axustada, en que a voz poética se enfronta ao seu pasado familiar, á súa contorna, á desparición dun mundo. Con el a poeta e filóloga Regina Touceda (Cuntis, 1999) gañou a edición número 32 do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
pilar pallarés
Pilar Pallarés / Poeta

“Falo sobre a aniquilación e a derrota dunha clase social"

Sete anos despois do último poemario de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), o editor de Chan da Pólvora, Antón Lopo, peta na súa gorxa. Logo da longa espera, chega aos andeis Tempo fósil, cunha delicada edición en azul prusia brillante deseñada por Manuel Martínez. No libro, a voz poética aborda –como un gato, con distancia e entrega absoluta–, a nada que, após erixirmos todo, imos deixar atrás.
Pilar_Pallarés_(AELG)-2
Após sete anos de silencio editorial

'Tempo fósil' de Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura

Tempo fósil (Chan da Pólvora, 2018) supuxo a clausura dun silencio: o dos sete anos que a poeta Pilar Pallarés pasou sen dar libro ao prelo. Testemuño dunha destrución, talvez a máis directamente política das súas obras, acaba de valerlle o Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura 2019.
[Foto: cedida] O escritor Samuel F. Pimenta
Ás rexións profanadas polo Estado español

O escritor Samuel F. Pimenta dedica á Galiza o Premio Cidade de Almada de Poesía

Galardoado na 31ª edición do Prémio Literário Cidade de Almada – Poesia, pola obra Ascensão da Água, o escritor portugués Samuel F. Pimenta dedicou o premio á cultura galega “profanada pelo Estado Espanhol”.

[Foto: AELG] Alicia Fernández
CULTURA

Alicia Fernández faise co Fiz Vergara Vilariño de poesía

A poeta Alicia Fernández gaña a XIX edición do Premio Fiz Vergara Vilariño coa obra Mamá Pelicano, da que o xuri destacou a perspectiva descarnada sobre a maternidade e a familia.

Facultade007
CULTURA

Miguel Cavadas, María Caíña e Paula Marina García fanse cos premios literarios da USC

A quinta edición do Concurso literario Mazarelos xa ten gañadoras. 
anjela duval
Antoloxía de autoras do século XX

Poemas na carne viva da Bretaña

Ivonet Omnes foi un clérigo bretón que viviu no século XIV. Copista de profesión, a el atribúeselle o primeiro verso en lingua bretoa: “me am ous vn amoric ioliuic indan an del mé”. “Teño un amoriño ben feitiño baixo as follas e eu...”, di, na versión da profesora María Lopo que abre Canto e contracanto. Antoloxía de poetas de Bretaña (Xunta, 2019).
Aderyn photo
Proxecto da poeta Lorena Souto e o músico David Miranda

Aderyn, poesía noise pop

Os poemas de Fase de trema (Espiral Maior, 2012) son de vocación escura. Abismáticos. Intimistas e con certa desolación como medio ambiente. Destes materiais partiron a súa autora, Lorena Souto, e o músico David Miranda para crear Aderyn, proxecto noise pop nado na diáspora galesa. Fractura é o seu primeiro disco.
Vista_do_Castelo_de_Vila_Nova_de_Cerveira
Acto de Positivas en Vila Nova da Cerveira o 26 de outubro

Cinco poetas galegas na outra banda do Miño

Unha expedición de poetas galegas cruzará o vindeiro 26 de outubro o río Miño. Trátase de Arancha Nogueira, Eduardo Estévez, Xabier Xil Xardón, Quico e Raúl Gómez Pato. Lerán a súa obra na libraría Porta XIII, de Vila Nova da Cerveira.
samuel solleiro 2
O escritor volve á poesía con 'O mundo dos vivos'

Samuel Solleiro: escribir a verdade espida

“Non creo que escriba nunca aquela novela tan rara sobre transplantes de estómago [...] Non creo que faga un diario. Agora teño que traballar. Se fose rico, escribiría. Se fose de familia rica, escribiría”. E, porén, Samuel Solleiro (Tui, 1982), unha das máis brillantes voces da literatura galega actual, escribe, neste caso o poema en prosa Piscinas de whiskey, piscinas de café con leite, incluído no seu novo libro, O mundo dos vivos.

10MaricaCampo_10493_1
Organizan Nova Poesía Guitírica e Os Vilares

Guitiriz homenaxea a escritora Marica Campo e a Sara das Reixas

Nova Poesía Guitírica e Os Vilares, lareira de soños homenaxearán a escritora Marica Campo e mais Sara das Reixas. Será o vindeiro 19 de outubro na Casa Habaneira de Guitiriz, dentro do programa da entrega dos premios de micropoesía Vilariñas.
Begoña Caamaño
Homenaxe no quinto cabodano da escritora

Aínda Begoña Caamaño

Hai moitas Begoñas Caamaño. Está a activista contra o machismo. Está a escritora de dúas novelas de fundamento clásico e ollada feminista. Está a xornalista. Ningunha delas caeu no esquecemento, a xulgar pola homenaxe que, no seu quinto cabodano, organiza a Deputación da Coruña co impulso de 7H Cooperativa Cultural e Implicadas no Desenvolvemento e a colaboración do concello compostelán. Será este 13 de outubro en Compostela.
Ramiro Vidal
11 de outubro en Ferrol

Ramiro Vidal Alvarinho presenta 'Origem e ruptura', o seu terceiro libro de poemas

Origem e ruptura (M Editora, 2019) é o terceiro libro individual de Ramiro Vidal Alvarinho (Ferrol, 1973). Épico e autobigráfico, entre a esperanza e o fatalismo, o propio autor falou ao respecto de “punto de mudanza vital e por extensión literaria”. O vindeiro 11 de outubro preséntao na Fundaçom Artábria da súa cidade natal, ás 20 horas.
poetas dinversos
7 de outubro na Coruña

De Iraq a Marín na apertura do novo ciclo Poetas Di(n)versos

Manal Al-Sheikh naceu en Nínive. Pero a segunda Guerra do Golfo enviouna ao exilio en Noruega. Desde a distancia continuou a construír unha das obras máis prestixiosas da poesía iraquí contemporánea. Este 7 de outubro recitará na Coruña canda a galega Lara Dopazo (Marín, 1985), potente voz da poesía galega última.
tres tristes tigres
O grupo reúnense en Vigo 40 anos despois

Rompente, poesía e insolencia

Galiza espreguizábase após 40 anos de ditadura. Nas rúas decidíase entre ruptura e reforma. Nos escritorios dos poetas tamén. O grupo Rompente, cuxo núcleo formaban Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño, axiña tomou partido. E, como de deduce do seu nome, non o fixeron pola reforma. Os nenos terríbeis da poesía galega reúnense esta sexta feira, 4 de outubro, por primeira vez en catro décadas. Será dentro do Festival Kerouac.
dolors miquel poeta
VI Poemagosto do 11 ao 13 de outubro

Volve o outono poético de Allariz

Poetas, teatreiras e músicos invadirán as rúas e tabernas de Allariz na fin de semana que vai do 11 ao 13 de outubro. É a sexta edición do Poemagosto. Festival Internacional de Poesía, organizado pola Fundación Vicente Risco e mais o concello da localidade.
Através edita unha antoloxía do autor

A poesía de Carvalho Calero volve ás librarías

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Compostela, 1990) responde con exactitude á figura do polígrafo. Escritor profundo, brillante e tamén polémico sobre materias variadas e en rexistros diversos, foi ademais poeta de singular voz. A súa poesía levaba anos fóra do mercado e agora regresa ás librarías da man de Através Editora.
Fiz Vergara Vilariño, o autor ao que este premio rende homenaxe.
Unha antoloxía rescata a obra do poeta louzarín

O berro afogado de Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño (1953-1997) foi un deses poetas que constrúen un mundo propio. E fano cos materiais que teñen máis a man, no seu caso a terra da Lóuzara Xabreira, a soidade existencial, o berro afogado. Non abundan, pero ás veces deveñen emblemas. Outras non e a desmemoria aprópiase da súa obra. Parece o caso de Vergara Vilariño, cuxa poesía rescata agora a antoloxía Non deixes que a tardiña me sorprenda.
fran fernández davila - poeta
CULTURA

'Mover os marcos' de Fernández Davila, premio Vitoriano Taibo de poesía

Mover os marcos é o título da obra gañadora da décimo segunda edición do premio Vitoriano Taibo. O seu autor é Fran Fernández Davila (Vigo, 1974).
#mno_ambiente_feira_do_livro_porto_2018_01
A editorial Urutau celebra nun libro tres anos entre Galiza e Brasil

17 poetas no xardín de medio lado

“as agullas dos eólicos / cosendo o tempo // as nubes / túmulos sagrados / coroando as montañas”, escribe Rebeca Baceiredo en Vésperas. É un dos poemas de Libro de horas (Urutau, 2019) e Baceiredo, unha das 17 autoras que reúne Un xardín de medio lado, subtitulado 17 poetas da Urutau na Galiza. Que cose non o tempo, senón dúas beiras do mundo galego portugués, Galiza, Portugal e Brasil.