policía

Carles Puigdemont (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press).
Catalunya

Puigdemont denuncia un "golpe de estado híbrido" de xuíces e policías contra as institucións do Estado español

Ao seu xuízo, grupos organizados formados por policías, xornalistas, xuíces e empresarios, así como xuíces do Tribunal Supremo que non aplican as leis aprobadas no Congreso español, tratan de "subverter as decisións do Parlamento e intervir o funcionamento das institucións do Estado".
O veciño de Rianxo sancionado por pedir atención en galego á súa chegada aos xulgados. (Foto Arxina).
LINGUA

A Xustiza dá a razón á Mesa e anula a sanción contra o veciño de Rianxo que solicitou ser atendido en galego

O xulgado considera que non está probado que o cidadán alterara o funcionamento do centro de saúde.
Axentes da Policía Nacional impedindo a entrada a un colexio electoral de Barcelona o 1 de outubro de 2017. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Un xulgado amnistía os 46 policías investigados polas cargas do 1-O en Barcelona

O xuíz afirma que, fóra dos delitos de lesións, non foron "o suficientemente graves" como para excluílos da aplicación da nova lei.
William Ruto, presidente de Kenya. (Foto: Europa Press / Contacto / POOL)
INTERNACIONAL

Kenya envía o primeiro continxente con 400 axentes policiais a Haití, que aspira a frear a onda de violencia

O Consello de Seguridade da ONU aprobou unha misión internacional.
Control de seguridade policial durante un partido de fútbol da Euro 2024. (Foto: Fabio Ferrari/LaPresse).
INTERNACIONAL

A policía de Hamburgo dispara contra un home na previa do Polonia-Países Baixos da Eurocopa

O home, ferido, portaba unha machada.
Protesta de estudantes da USC por Palestina na praza do Obradoiro, esta cuarta feira. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Os estudantes encerrados no reitorado da USC son desaloxados

A acampada pro Palestina tamén é expulsada da Facultade de Xeografía e Historia.
Unha persoa pasando esta cuarta feira por diante do CEIP Albeiros de Lugo, onde traballa o profesor detido por presuntos abusos sexuais a un grupo de alumnas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Detido o profesor de Lugo denunciado por abusar presuntamente dun grupo de alumnas

"De confirmarse estas denuncias, esperamos que a persoa que fixo isto non saia impune e, de non ser certo, evidentemente tamén que a súa honra sexa recuperada", dixo o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
O CEIP Albeiros, fechado cun cadeado este mediodía. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Policía investiga un posíbel delito de abusos sexuais contra alumnas menores de idade dun centro de Lugo

Ao tratarse dun tema especialmente sensíbel que involucra a menores de idade, a Consellaría non ofreceu máis detalles.
O presidente luso, R. de Sousa, co primeiro ministro Montenegro. (Foto: Nós Diario)
Agora

O primeiro ministro luso advirte á Policía que non faga demandas laborais "pouco realistas" após reclamar aumentos de case 600 euros

Tras a proposta da plataforma que concentra os sindicatos da Polícia de Segurança Pública (PSP) e asociacións da Guarda Nacional Republicana (GNR), que defende un aumento de case 600 euros, o primeiro ministro de Portugal, o conservador Luís Montenegro (Partido Social Democrata), subliñou a sexta feira que quere avanzar coas negociacións mais incidiu en que “non paga a pena alimentar a opinión pública con escenarios pouco realistas”.

Mário Machado, líder de 1143. (Foto: 1143)
INTERNACIONAL

Portugal investiga 13 casos de discriminación por parte das forzas de seguridade

Só se produciron 14 acusacións por delitos de odio entre 2020 e 2023 en todo o territorio.
Garda Civil (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Detido un veciño de Carballo que se atrincheirou na súa casa tras disparar a outro home

Ante o despregamento policial, o home acabou entregándose voluntariamente.
Alejo Vidal-Quadras, no Parlamento Europeo (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Unha muller é detida nos Países Baixos por participar no financiamento e preparación do atentado contra Vidal-Quadras

Trátase da quinta detención que se realiza no marco da investigación do atentado perpetrado en Madrid o pasado 9 de novembro.
Praia de Samil (A.G.Liste).
SOCIAL

Atopan o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado na contorna da praia de Samil

Non se atoparon signos de violencia no corpo e unha das principais hipóteses coas que se traballa é que a muller decidise sacarse a vida voluntariamente.
Teresa Crisanta Vázquez Pillado.
LINGUA

Teresa Crisanta Vázquez Pillado: "Fun pór unha queixa polo trato policial e saín denunciada por un axente"

Teresa Crisanta Vázquez Pillado foi acusada por un axente de policía de "faltar o respecto á autoridade" por reclamar o seu dereito a se expresar e ser atendida en galego. Acudiu á comisaría de Pontevedra para interpor unha denuncia. Precisou cinco horas para rexistrala e non a puido facer en galego.
Un xabaril entre as rúas Castrón Douro e Curros Enríquez, en Compostela (Foto: Europa Press).
SOCIAL

VÍDEO | Un xabaril percorre as rúas no medio da noite compostelá

Un xabaril percorreu na medianoite entre o cuarta feira e a quinta feira o centro da cidade de Compostela, onde foi avistado por diferentes veciños e veciñas por rúas como Castrón Douro, O Hórreo, a estación intermodal ou o barrio de Sar.
Un axente da Policía Nacional (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Respecta a policía os dereitos lingüísticos da poboación galega? A Mesa pide garantir o dereito a usar o galego nas comisarías

Así o fixo diante da queixa presentada por unha veciña de Pontevedra que foi acusada por un axente de "faltar o respecto á autoridade", por insistir no seu dereito a a poder expresarse e ser atendida na lingua propia de Galiza.
Unha ambulancia do servizo de emerxencias do 061 da Galiza (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Nova morte en plena xornada laboral: un operario falece en Ponteareas mentres traballaba

Os servizos sanitarios apuntan a un paro cardíaco previo a unha posterior caída que puxo en alerta aos seus compañeiros e compañeiras de xornada laboral.
Operativo tras un accidente no Barco de Valdeorras (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Unha condutora resulta ferida tras arremeter unha formigoneira contra o seu vehículo

A condutora do vehículo tivo que ser excarcerada e, posteriormente, foi trasladada ao hospital do Barco.
Un axente da Policía Nacional (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

En liberdade provisional o policía detido en Vigo por supostos vínculos co narcotráfico

O axente foi arrestado por presuntos vencellos co arresto do xefe de estupefacientes detido en febreiro en Murcia.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un operario falece en Vilanova de Arousa ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira

Un operario faleceu na mañá desta segunda feira na localidade de Vilanova de Arousa (comarca do Salnés) ao quedar atrapado nunha máquina de cortar madeira. Tal como informou o 112 da Galiza, este accidente laboral ocorreu na estrada de Deiro. No operativo participaron Urxencias Sanitarias da Galiza 061, os bombeiros de Ribadumia (comarca do Salnés), a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.