Xustiza

Un xulgado amnistía os 46 policías investigados polas cargas do 1-O en Barcelona

O xuíz afirma que, fóra dos delitos de lesións, non foron "o suficientemente graves" como para excluílos da aplicación da nova lei.
Axentes da Policía Nacional impedindo a entrada a un colexio electoral de Barcelona o 1 de outubro de 2017. (Foto: Europa Press)
photo_camera Axentes da Policía Nacional impedindo a entrada a un colexio electoral de Barcelona o 1 de outubro de 2017. (Foto: Europa Press)

O Xulgado de Instrución 7 de Barcelona acordou esta terza feira aplicar a Lei de amnistía aos 46 axentes da Policía Nacional investigados polas cargas do 1 de outubro de 2017, durante o referendo independentista convocado daquela polo Govern, en diferentes colexios electorais ca capital catalá.

Na resolución, o xuíz sostén que "a amnistía debe ser aplicada aos investigados no presente procedemento", xa que as actuacións investigadas "foron de escasa duración individual, enmarcadas nun obxectivo policial definido e que non continuaron unha vez conseguido o mesmo sen que se prolongasen no tempo máis aló da propia manobra policial de entrada e saída dos distintos colexios electorais".

Ademais, engade que os feitos investigados, fóra dos delitos de lesións, non foron "o suficientemente graves" como para excluílos da aplicación desta medida de graza aprobada polo Congreso o pasado 30 de maio.
[EN AMPLIACIÓN]

Comentarios