política

Aitor Bouza (Foto: PSOE).
Agora

Aitor Bouza é elixido como novo líder do PSOE de Compostela

O que fora secretario xeral das Xuventudes Socialistas da Galiza Aitor Bouza será o novo secretario xeral do PSOE compostelán ao encabezar a única candidatura presentada nas primarias locais convocadas tras a marcha do que fora alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo. En concreto, o prazo de presentación de candidaturas para liderar o PSOE local finalizou ás 14 horas desta cuarta feira e o proxecto de Bouza é o único que concorreu ao proceso.A súa candidatura será proclamada o próximo 21 de outubro e no seu proxecto inclúense nomes como os do delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, e a socialista compostelá Marta Álvarez Santullano, tal e como o propio Bouza confirmou.

España é un castelo de cartas

O ex president Carles Puigdemont, nun congreso de Junts. (Foto: Glòria Sánchez)
star
ANÁLISE

O debate confederal e o pacto de elites

Javier García é historiador e profesor na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona
Domingos Freitas, concelleiro de Independetes Ponteareas (Foto: Nós Diario).
Agora

Un responsábel do BNG de Ponteareas denuncia un edil do Goberno local por chamalo "parapléxico"

Bolívar González, o que foi durante 17 anos concelleiro do Concello de Ponteareas (comarca do Condado) polo BNG, denunciou o actual membro da Corporación municipal Domingos Freitas tras chamalo "parapléxico" no pleno de investidura da actual alcaldesa, Nava Castro, o pasado mes de xuño. Tal como relata González na súa denuncia, foi durante a sesiónde constitución da nova corporación cando o denunciado dirixiuse "de forma pública no medio dunha disertación" cara ao denunciante, ordenándoo calar e cualificándoo de "parapléxico". Danse as circunstancias de que Bolívar González viuse obrigado a retirarse de toda actividade pública e laboral como consecuencia da deterioración de saúde que dificulta a súa mobilidader. "Estes feitos eran sobradamente coñecidos polo denunciado, tal e como reflicte un atestado policial do día dos feitos", subliñou González. El critica que case tres meses desde ese suceso non recibise unha desculpa ou unha mostra de arrepentimento por parte de Domingos Freitas, concelleiro de Independentes por Ponteareas que forma parte do goberno de Nava Castro (PP), ao ser o único edil non 'popular' que a votou para poder ser investida.

Política de aldeia

O presidente de ERC, Oriol Junqueras. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Junqueras considera que abordar a autodeterminación é imprescindíbel

Junqueras reivindicou "cousas que a maioría da sociedade catalá considera xustas" e puxo como exemplos a amnistía e o dereito dos cataláns a decidir.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo á súa chegada ao Congreso esta cuarta feira, 30 de agosto. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
INTERNACIONAL

Feixoo pide a Sánchez que lle permita gobernar dous anos

O encontro entre os líderes de PP e PSOE no Congreso durou menos de unha hora.

Sahra

Detalle da capa do caderno de 1928 de Álvaro Cunqueiro, con poemas de adolescencia e anotacións variadas (Foto: X. H. Costas).
star
Análise

Cunqueiro, activista político e cultural

Xosé Henrique Costas é catedrático de Filoloxía Galega da UVigo.

E se Vox asimila o PP?

Primeiro como farsa. Segundo, tamén

POLÍTICA

ENQUISA | Deben gobernar nos concellos galegos as listas máis votadas?

A conformación dos gobernos municipais ten propiciado un debate importante acerca de quen debe encabezar as corporacións desde a Alcaldía. Hai quen defende que debe ser a lista máis votada quen goberne mentres que hai quen defende que os pactos electorais son tamén lexítimos. E vostede, que cre?
Urna electoral (Imaxe: Polaris / Contacto).
O DEBATE

O DEBATE | Deben gobernar nos concellos galegos as listas máis votadas?

O voceiro do PP en Compostela e do BNG en Lugo debaten sobre os criterios de conformación dos Gobernos no caso de ausencia de maiorías absolutas.

Sumar e a forma galega de fazer política

De tácticas e estratexia

Ignacio Sánchez, Yolanda Díaz, Marta Lois e Fernando Salinas (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
POLÍTICA

'Sumar Galicia', así se chamará a marca electoral de Yolanda Díaz que aglutina Podemos e EU

É previsíbel que Díaz que sitúe persoas de máxima confianza nos que se consideran postos de saída, actualmente, os números un pola Coruña e Pontevedra, que son as circunscricións por onde conseguiu escano a coalición análoga nas eleccións estatais de 2019.

Territorios

Por que Vox non ten presenza na Galiza?

Juana de Vega en 'La Ilustración de Madrid', cara a 1871.
star
Reportaxes

O legado político de Juana de Vega

Nin dóciles, nin submisas, senón mulleres conscientes das súas responsabilidades cos máis desfavorecidos e sen medo a enfrontarse coas autoridades masculinas para conseguir os seus propósitos. Así describe o historiador Xosé Ramón Veiga as damas da Asociación de Señoras de Beneficencia da Coruña, da que Juana de Vega foi presidenta. Este autor vén de publicar unha biografía da condesa de Espoz y Mina na que subliña o seu compromiso político, como asesora do liberalismo progresista e como filántropa, como unha mostra de como mulleres do seu tempo lograron desbordar, de facto, os mandados patriarcais. 
As comarcas de Terra de Caldelas, Terra de Trives, Valdeorras, Verín e Viana ante o 28-M (Foto: Nós Diario).
28-M

Eólicos e despoboamento, no albo

As comarcas de Valdeorras, Viana, Verín, Terra de Caldelas e Terra de Trives suman 29 concellos e 62.044 habitantes. Verín e Valdeorras son as máis poboadas e puxantes da zona, no primeiro caso con oito concellos e 24.775 habitantes e en Valdeorras con nove concellos de máis de 25.000 habitantes. As irmás pequenas son a comarca de Caldelas, con catro concellos e 2.754 habitantes, a de Viana con outros catro municipios e 5.471 residentes. Trives ten catro localidades e un padrón de 3.850 persoas. Estamos no extremo sueste da Galiza, onde o rural e a industria extractiva, nomeadamente da lousa, teñen un claro protagonismo.