política

POLÍTICA

Destituído o conselleiro de sanidade madrileño que felicitou a Teresa Romero por non ter morto

Pinga a pinga, o conselleiro de Sanidade madrileño foi gañando méritos para ser cesado. Esta quinta feira consumouse a súa defenestración.

QUE NON CHE COMAN O COCO
EN COINCIDENCIA CO 36 ANIVERSARIO DUNHA CONSTITUCIóN “MORDAZA”

O BNG lanza a campaña “Que non che coman o coco, temos un país de primeira”

Mentres o establishment do réxime celebrará o 36 aniversario da Constitución española, o BNG despregará unha campaña baixo o lema “Que non che coman o coco, temos un país de primeira”.

BNG
DELEGACIóN DO ‘XEITO’

“Vimos aquí a Bruxelas a dicirlles: queremos vivir do noso”

Unha representación deste sector e do BNG defenderon ante a UE a pesca artesanal galega. Fixérono sen complexos ante diferentes cargos comunitarios e mesmo amosaron unha rede xeiteira no Pleno do Europarlamento.

POLÍTICA

O debate sobre o ‘xeito’ revela o poder da pesca industrial en Bruxelas

O sector da pesca artesanal afirma estar "indignado" pola nula implicación dos gobernos español e galego na defensa desta arte tradicional. VÍDEO NO INTERIOR.

[Imaxe Delmi Álvarez]
POLÍTICA

A Comisión de Pesca da UE asume que é "inaceptábel" a prohibición do xeito

O seu presidente, Alain Cadec, díxolle á delegación de xeiteiros e BNG que viaxaron até Bruxelas a defender esta arte: "Levade a Galiza a mensaxe de que esta comisión vos apoia".

Alberto Núñez Feijóo [M. Montero]
POLÍTICA

Novo exercicio de escapismo político de Feijóo no Parlamento na sesión de control

Atribúse ao chefe de imprensa de Kennedy a frase de "vosté pergúnteme o que queira, que eu lle contestarei o que dea a gaña". Kennedy alicerzou sobre ela a súa carreira política. Feijóo, orfo do carisma do lendario presidente dos EUA baleado en Dallas, aplica, porén, a frase kennedyana. Xa pode perguntar o que queira a oposición: el non se sae do seu guión.

A seleçom espanhola como estratégia política na Galiza

Nom se pode misturar a política com o desporto. Mas sim se pode ligar o desporto com a política?
Durante os últimos anos, estamos habituados a escuitar diferentes versons sobre a política e o desporto. 

naufraxio
POLÍTICA

PP nega a transferencia a Galiza de salvamento marítimo e xustifícase no 'Prestige'

A iniciativa do BNG pedindo a transferencia ao noso país desas competencias contou co apoio de AGE e Grupo Mixto, a abstención do PSOE e voto en contra do Partido Popular.

carlos_morais
POLÍTICA

Carlos Morais demite como secretario xeral de Primeira Linha

Ocupaba o cargo desde 1998. PL informa que un grupo de militantes de zonas do sur de Galiza abandona a organización pola “imposibilidade” de lograr acordos de “unidade” nun “programa común”.

Manuel Vázquez e Pachi Vázquez
BESTEIRO GAñA EN OURENSE, MAIS PERDE NA CORUñA

Pachi Vázquez convértese no gran derrotado das primarias do PSOE galego

O ex secretario xeral do socialismo galego perde en Ourense, namentres que Paco Reyes venceu en Santiago, Barcón na Coruña e Sestayo en Ferrol. Sacristán liderará a provincia da Coruña.   

Miguel Anxo Fernández Lores
POLÍTICA

Lores conseguiría a única maioría absoluta nas cidades galegas, segundo un inquérito

Segundo Sondaxe, o alcalde do BNG encabezaría a única lista que consiga a maioría absoluta nas cidades galegas, onde PP e PSOE perden moitos votos e Podemos -que non se presentará como tal- aparece con forza.

POLÍTICA

O PSdeG quere pechar feridas internas nas primarias deste domingo

Até dez procesos de elección de candidatos para as municipais ou de liderado na provincia da Coruña afrontan este domingo @s socialistas, con problemas tamén para atopar un discurso propio.

obradoiro-crop
SOCIAL

Milleiros cítanse no Obradoiro nas Marchas da Dignidade

Os bombeiros da Coruña foron un dos colectivos máis aplaudidos dos que participaron na manifestación, na que foron visíbeis dirixentes de AGE así como militancia de Podemos. 

bng-crop
POLÍTICA

O BNG presenta catro caras novas nas cidades para as locais

A formación nacionalista repite cabeza de lista en Pontevedra, A Coruña e Santiago e renova o cartel en Vigo, Ferrol, Ourense e Lugo.

Sánchez Izquierdo, director da CRTVG
POLÍTICA

O BNG pide a demisión do director xeral da CRTVG

Na Comisión de control abordáronse cuestións como o papel de director de Sánchez Izquierdo nunha empresa, Telemiño, nuns anos que a xuíz De Lara investiga por posíbel financiamento ilegal do PP.

Rubén Cela
POLÍTICA

Rubén Cela e Goretti Sanmartín, números 1 e 2 do BNG para as municipais en Compostela

Catro persoas independentes no primeiro tramo da proposta de candidatura nacionalista para a capital de Galiza.

ANOVA
POLÍTICA

Anova destaca a “centralidade” da figura de Beiras “alén do cargo” que ocupe

Martiño Noriega afirma que o presidente de Anova está implicado “na trincheira do presente”. Beiras anunciou a súa intención de non se presentar nas vindeiras autonómicas.

bandeiras
“DEFENDERMOS UNHA GALIZA SOBERANA é SERMOS REALISTAS”

Lectura dun manifesto pola independencia perante o Parlamento no ‘Día da Constitución’

As persoas asinantes chaman á “ apertura dun proceso constituínte galego” e advirten que “as expectativas dun futuro mellor non van chegar do exterior”.

Rajoy
POLÍTICA

A oposición rexeita por ‘’cosméticas’’ as medidas anti-corrupción de Rajoy

O día despois da demisión de Ana Mato o presidente español presentou dous proxectos de lei con actuacións contra a corrupción. BNG, PSOE, IU e UpyD presentaron emenda de totalidade.

POLÍTICA

O PP négase a mover ficha e mantén a privatización para os montes en man común

Impediu a aprobación dunha iniciativa do BNG, apoiada por AGE, PSdeG e grupo mixto, que pedía a cancelación dos consorcios ou convenios a custo cero.