política

paulaprado_capa
POLÍTICA

Paula Prado declara ante o xuíz como imputada por fraude e tráfico de influencias

A deputada e ex-portavoz do PPdeG declarou durante dúas horas diante do xuíz designado polo TSXG. "Había tempo que quería dar a miña versión", sinalou Prado.

sahara rosana bng erc amaiur
POLÍTICA

O BNG traslada ao presidente da RASD o apoio galego á causa saharaui

O presidente da República Árabe Saharaui Democrática reuniuse no Congreso con varios grupos parlamentares, entre eles o soberanismo galego, vasco e catalán.

POLÍTICA

Feijóo sae en defensa do seu amigo íntimo Pachi Lucas e di que non está imputado

O presidente négase a dar explicacións e acusa a oposición de estar obsesionada con este tema, o que demostraría, apunta, que Galiza vai ben.

POLÍTICA

CxG renova esta fin de semana os seus órganos de dirección no I Congreso Nacional

‘Galicia en positivo’ é o lema dunha cita marcada pola proximidade das municipais, “eleccións máis apegadas á cidadanía”.

anton martiño anova age
MARTIñO NORIEGA

“Anova non está para disputar un 5 ou 10 % electoral senón para facer política diferente”

O co-portavoz de Anova recoñece que a formación “pagou un prezo” nestes dous anos de vida e apuntou a vocación da Irmandade Nacionalista de “participar nas marés”.

VENCE ROLDA DE PRENSA1
POLÍTICA

Vence considera que o 9N constata a necesidade dunha “estratexia de país’’ para Galiza

O portavoz do BNG rexeitou “mimetismos” e incide en que os intereses de Galiza son diferentes dos de Catalunya e dos de Madrid.

Xavier Vence [Imaxe: SG]
POLÍTICA

O BNG propón que tributen máis a banca, as rendas altas e os grandes patrimonios

O portavoz nacional Xavier Vence afirma que os orzamentos implican manter desemprego e desigualdade.

Països Catalans

O ministro de Xustiza advirte dunha posíbel actuación da Fiscalía

Catalá ofreceu unha rolda de prensa para descualificar o proceso de participación en Catalunya, que dixo que só é “un acto de propaganda”

Jorquera
POLÍTICA

Jorquera: “Galiza non pode quedar fóra da segunda Transición que se abre"

O portavoz parlamentar do Bloque cre que o Estado terá que “mover ficha” tras o 9-N e tamén lembra que o BNG “segue a ser a forza referencial do nacionalismo galego”. 

POLÍTICA

Chelo Martínez critica a Beiras e non descarta alianzas de Cerna co BNG

A deputada que deixa AGE considera “penoso” que os líderes de Anova pidan “perdón” por levala na lista e abre a porta a coalicións entre forzas nacionalistas.

votação
A VOTACIÓN CHÍO A CHÍO

9N: #CataloniaWins, trending topic mundial

Intensísimo 9N nas redes, nomeadamente en Twitter. Durante todo o día, a xornada tivo até 4 trending topics no espazo do Estado español. O grande suceso chegou ao final: a última hora, #CataloniaWins, trending topic mundial.

POLÍTICA

O PP galego avala a candidatura de alcaldes imputados pero demite o de Santa Comba

O voceiro da formación que lidera Núñez Feijóo defende as actuacións de rexedores como os de Fisterra ou Coristanco, mergullados en procesos xudiciais, namentres o de Santa Comba deixa o cargo e pide que os imputados fagan o mesmo.

paco-crop
POLÍTICA

Francisco Vázquez pide que o Exército español interveña en Catalunya

O ex-alcalde da Coruña participou dun acto unionista en contra do 9-N como o que tamén tivo lugar en Vigo con Gloria Lago e en Compostela con Blanco Valdés, que contou coa policía impedindo o paso ao Obradoiro de independentistas.

POLÍTICA

Santiago Villanueva será o novo Delegado do Goberno en Galiza no lugar de Juárez

O aínda director xeral de Emerxencias substituirá no cargo ao polémico Samuel Juárez e é unha persoa de confianza do círculo do vicepresidente Alfonso Rueda.

Constitución española
'LIBRES E IGUALES'

Francisco Vázquez, Blanco Valdés e Gloria Lago, xuntos contra a consulta do 9N

Son a delegación galega nun acto no que tomarán parte líderes de Vox, deputad@s do PP, xornalistas, unha marquesa e até un ex-secretario xeral de CCOO, entre outros.

Chelo
POLÍTICA

Chelo Martínez deixa unha AGE “onde a dinámica a marca EU” para pasar ao grupo mixto

Cualifica Alternativa Galega de Esquerdas de “iniciativa fallida” e afirma que non barallou nin baralla deixar a acta de deputada.

INTERNACIONAL

O enfrontamento entre Pedro J. Ramírez e a actual dirección de 'El Mundo' afecta o PP

O fundador dun dos xornais referencia da dereita madrileña xa non oculta a súa animadversión polos seus sucesores, aos que critica namentres pula pola creación dun “Podemos liberal” que é temido polo PP, agora reconciliado con El Mundo.

POLÍTICA

Crespo asegura que Pachi Lucas foi quen o avisou das investigacións da policía

O empresario coruñés sobre o que pivota a Operación Zeta volve sinalar ao amigo íntimo do presidente da Xunta e pregúntase por que sendo o seu 'conseguidor' non é chamado a declarar.

POLÍTICA

Crece a presión interna no PP para que Rajoy tome medidas contra a corrupción

Diversas fontes da formación gobernante en Madrid e Santiago consideran que está en claro perigo o resultado electoral nas municipais e nas xerais, e piden unha maior implicación do líder estatal.

POLÍTICA

Unha enquisa sitúa Podemos como forza máis votada nas próximas eleccións estatais

O partido que lidera Pablo Iglesias benefíciase do malestar cidadán e da decepción con formacións de maior traxectoria e se sitúa como favorita á Moncloa, segundo Metroscopia.