política

Parlamento
POLÍTICA

O PP desbota as emendas da oposición os Orzamentos porque levarían a Galiza a “un rescate”

O PP desbota as emendas da oposición os Orzamentos porque levarían a Galiza a “un rescate”

Psoe-crop
SUSANA DÍAZ CUESTIONA ABERTAMENTE O SECRETARIO XERAL E BARALLA IR ÁS PRIMARIAS

Pedro Sánchez visita Galiza no seu peor momento e cun PSdeG inzado de crises

O cada vez máis discutido líder estatal do PSOE (que xa non conta co apoio andaluz) participará nunha asemblea aberta na Coruña, xusto a cidade que mellor simboliza as leas internas da súa formación galega.

iglesias-podemos-eitb_foto610x342
POLÍTICA

Podemos di que o PSOE é "igual" ao PP e mantén distancias con Izquierda Unida

A formación de Pablo Iglesias deixará en mans de cada agrupación territorial os acordos postelectorais pero ven “iguais” a PP e PSOE. Monedero e Cayo Lara discuten sobre unha posíbel confluencia.   

ANÁLISE DO TABOLEIRO

Cambio de estratexia na Moncloa: Rajoy fía todas as súas bazas ao discurso económico

Arriola, o gurú dos conservadores, acredita que neste momento o dossier españolista fronte ao “desafío independentista” xa non dá máis de si.

mgs-crop
POLÍTICA

O MGS fecha a súa II Asemblea Nacional na que afirma que chegou “para quedar”

O partido integrado no BNG defende o seu crecemento nos últimos anos e aposta na independencia e o socialismo nun acto que tivo lugar en Pontevedra e que contou co apoio de Sortu, CUP e na que tamén participou o voceiro nacionalista Xavier Vence. 

POLÍTICA

A Fundación Galiza Sempre pide “mudanzas” logo de 35 anos de autonomía

Unha xornada en Lugo acolleu diversas conferencias que fixeron balance das últimas décadas en Galiza desde diversos puntos de vista. Guillerme Vázquez considera que o marco actual está “caduco”.

sacristanII-crop
POLÍTICA

Sacristán tampouco é capaz de conseguir a paz interna no PSdeG da Coruña

O novo líder provincial só obtén o apoio do 62 por cento para a súa Executiva, coas cidades enfrontadas á nova dirección. O propio Besteiro suxire que vai ter “discrepancias” coa dirección que substitúe a de Caamaño.

POLÍTICA

Rajoy e Feijóo pechan a porta á posibilidade dunha reforma territorial do Estado

O PP rodéase de simboloxía españolista para saír “en defensa” da Constitución, da que o presidente do goberno central considera que “non é un xoguete” para “articular rexións que levan séculos articuladas”. Só aceptaría tratar unha reforma se o pide Europa.

alimentoslacteos
ALIMENTOS LáCTEOS

O PP rexeita investigar como se ‘fundiron’ 9 millóns de euros públicos e 100 empregos

A deputada Tereixa Paz reclamou a necesidade de “depurar responsabilidades políticas” pola xestión da empresa e a relación con fondos públicos.

Rafa_vilar
RAFA VILAR, ANTE A II ASEMBLEA NACIONAL DO MGS

"O nacionalismo ten de ser referente para a xente que quer mudar as cousas"

O Movemento Galego ao Socialismo realiza esta fin de semana en Pontevedra a súa II Asemblea Nacional. Falamos con Rafa Vilar, membro da dirección do MGS. “Non nacemos para ser conciencia crítica”, advirte, “senón para traballar e para sumar no soberanismo e na esquerda”.

SOBRE UN ACORDO CON AGE. "É ALGO QUE NON SE PODE RESOLVER AGORA"

Bescansa afirma en Compostela que Podemos irá ás "autonómicas" coa súa propia marca

A decisión foi adoptada no Consello Cidadá e está pendente de ser validada polas organizacións territoriais do partido.

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
POLÍTICA

Acusan a Louzán de usar o cargo para facer campaña á Federación de fútbol

O PSOE acusa o titular da Deputación de Pontevedra de convocar encontros con persoas relacionadas co fútbol galego “utilizando o seu cargo institucional” para intentar gañar a presidencia da Federación Galega, á que se presenta.

compromiso
POLÍTICA

Compromiso por Galicia aposta por un “Estado confederal”

A formación galega defende “fórmulas de goberno con competencias compartidas” e “unha reforma da Constitución que asuma un carácter plurinacional”.

preferentes_capa
POLÍTICA

O BNG pedirá en Madrid a anulación das multas a preferentistas

A formación nacionalista solicitará no Congreso que o Ministerio do Interior anule expedientes sancionadores “contra as persoas que se tiveron que mobilizar tras ser vítimas dunha estafa”.

TRABALLO

A crise de Alcoa chegará ao Parlamento e ao Congreso

BNG e PSOE presentarán iniciativas para defender os postos de traballo da factoría coruñesa. AGE acusa a Feijóo de “non exercer as súas funcións”.     

POLÍTICA

Pedro Puy defende que PP e PSOE alcancen “grandes acordos”

O deputado popular cre que as dúas forzas tradicionais do bipartidismo pacten as “normas institucionais” e asegura que os movementos populistas “son xogar con lume”.

Francisco Jorquera
POLÍTICA

Jorquera considera as municipais “unhas primarias” das xerais, "decisivas para Galiza"

O voceiro parlamentar do BNG asegura que existe “o risco” de quedar fóra da “reformulación do Estado” e por iso a súa formación non pode “diluírse” en candidaturas sen “dimensión de país”.

POLÍTICA

Rajoy anuncia que pretende volver presentarse ás eleccións

O Presidente do Goberno español aproveita os festexos pola discutida Constitución para negar que pense en adiantar os comicios xerais, nos que quere volver ser cabeza de lista polo PP.

indepes-crop
POLÍTICA

Múltiples voces no 6-D reivindican a “plena soberanía de Galiza”

A lectura dun manifesto pola independencia de Galiza diante do Parlamento foi outro dos actos que compuxeron a ampla mobilización que tivo lugar no país no día da Constitución española.  

bng-crop
POLÍTICA

O BNG ve “moribunda” a Constitución

A formación nacionalista reivindica a soberanía de Galiza e denuncia que a Carta Magna -que se homenaxea este sábado- foi “estrangulada polo ultra-centralismo”.