política

CELGA
LINGUA

CIG-Ensino exixe a demisión do SX de Política Lingüística polo conflito nos CELGA

Até 26 sentenzas declaran a nulidade ou improcedencia do despedimento d@s docentes após exixiren condicións laborais dignas. 

VENCE ROLDA DE PRENSA1
POLÍTICA

O BNG considera que Feijóo está “desacreditado” para combater a corrupción

Xavier Vence empraza a Feijóo a asumir medidas reais contra esa lacra, como cesar os altos cargos do PP imputados ou actuar contra Baltar. A montaña de corrupción non se pode tapar con fume.

POLÍTICA

Anova aposta por “candidaturas cidadás” locais pero coligadas para as Deputacións

A formación de Beiras e Noriega mantivo unha Conferencia Política na que confirmou que participará nas Mareas pero solicita que estas non se conformen como agrupacións de electores xa que así non poderían entrar nos organismos provinciais.  

[Imaxe Podemos]
POLÍTICA

Un sector de Podemos Ferrol critica que en Madrid oculten datos sobre as irregularidades

Crece a polémica e desde a candidatura Xunt@s Podemos presentan recursos e piden que a dirección estatal identifique xa ás persoas que cometeron as presuntas incidencias e non entenden que se lles obrigue a esperar seis meses para resolver o conflito. 

POLÍTICA

Alberto Garzón será o candidato de Izquierda Unida nas xerais

O deputado andaluz non terá rival nas primarias e agora queda por ver se alcanza acordos para os comicios xerais, con Podemos cada vez máis lonxe e a incógnita de Anova en Galiza.

BNG merkel alegacións
OFENSIVA CONTRA AS LIBERDADES PúBLICAS NA GALIZA

Os 5 denunciados na visita de Merkel presentan alegacións contra uns atestados "inverosímeis"

Presentaron as alegacións na Subdelegación de Goberno da Coruña. Rubén Cela, portavoz do BNG en Compostela e un dos cinco denunciados, reitera que se tenta converter a agredidos en agresores. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo critica que "cheguen sancións en función de informes policiais falsos".

POLÍTICA

Bárcenas responde o SMS de Rajoy 19 meses despois deixando unha mensaxe: “Fun forte”

O ex-tesoureiro do PP deixou a prisión de Soto del Real após paga dunha fianza de 200.000 euros. “Non me arrepinto”, afirma.

VENCE E GARCIA1
POLÍTICA

O BNG pon na mesa a opción de recorrer perante o TSXG a normativa de Sogama

O portavoz nacional, Xavier Vence, e o portavoz na FEGAMP, Francisco García, consideran que a normativa “ legaliza calquera trágala que Sogama decida impoñer os municipios”. 

POLÍTICA

Podemos repetirá eleccións en Ferrol após detectar 200 inscricións fraudulentas

A Comisión Electoral invalida o proceso de eleccións na cidade do Consello Cidadán e do secretario xeral.

POLÍTICA

La Voz aposta en Feijóo como ministro se o PP gañar as xerais

DENUNCIA DO PSDEG

Cada día morren 5 persoas sen recibir a prestación de dependencia que tiñan recoñecida

A deputada do PSdeG Carme Gallego afirma que nestes dous anos morreron nesas circunstancias 2.000 persoas no noso país. Por volta de 7.000 desde 2012, asegura.

Gonzalo Hermo
GONZALO HERMO, POETA

"A literatura galega é de calidade e ten que voar soa, sen que a política a planifique”

Unha muller sorrí e mira á fronte aínda con bágoas nos ollos pola traxedia pasada. A imaxe final da película de Fellini resume o espírito de Celebración (Apiario) o segundo libro publicado polo poeta Gonzalo Hermo. 

A FORZA DE PABLO IGLESIAS ANUNCIA QUE IRÁ EN SOLITARIO ÁS ELECCIÓNS CATALÁS

Podemos evita comprometerse cun referendo vinculante en Catalunya

A forza que a nivel estatal lidera Pablo Iglesias quere presentarse en solitario nas eleccións anunciadas por Mas para setembro. Podemos continúa ignorando a proposta da CUP, que lle pide que, de ser goberno en Madrid, garanta un referendo vinculante en Catalunya.

anxo-crop
ANÁLISE

Chegará a conselleiro Anxo Lorenzo?

A previsíbel marcha de Jesús Vázquez da Xunta para liderar a candidatura do PP en Ourense deixará unha vacante na consellería de Cultura e Educación en cuxo perfil podería encaixar o actual Director Xeral de Cultura, figura moi criticada pola oposición durante a polémica do decreto da lingua e no seu día achegado a posicións “progresistas”.

POLÍTICA

Yolanda Díaz asina un manifesto federalista “contra o separatismo conservador”

A vicevoceira de AGE está entre as persoas que apoia un texto que se presentou en Catalunya e no que se solicita un proceso constituínte para todo o Estado “non para cada unha das 17 autonomías” segundo se dixo ao facelo público.

bng-crop
POLÍTICA

O BNG presenta as súas candidaturas urbanas como “muros de contención contra o PP"

Xavier Vence espera que as eleccións de maio “poñan as bases dun novo modelo de país que fuxa de visións cantonalistas” nun acto xunto aos cabezas de cartel nas sete cidades de Galiza, onde se chamou a “pasar a páxina negra do Partido Popular”.

POLÍTICA

Rueda dirixirá a campaña electoral do PP galego, que aínda non pechou @s candidat@s

O vicepresidente da Xunta será o encargado de dirixir ao seu partido nas municipais após o fracaso de Paula Prado nas Europeas e á espera de que se coñezan @s cabezas de cartel en Vigo ou Ourense.

Barcenas
POLÍTICA

A Fiscalía da Audiencia Nacional considera probada a existencia dunha “caixa B” no PP

Anticorrupción solicita 85 anos de cárcere para Pablo Crespo, o que foi dirixente do PP en Galiza e conselleiro de Portos con Feijóo, así como 109 para Francisco Correa e 42 para Luis Bárcenas, durante anos tesoureiro da formación.

albert rivera
ANÁLISE DO TABOLEIRO

O bipartidismo devén tetrapartidismo ou como as forzas estatais controlan a escena

Hai poucas semanas, Pedro Jota Ramírez, factótum da dereita mediática, pedía un Podemos de direitas. Xa o ten. Chámase Cidadáns e, segundo o último inquérito de El País, podería irse ao 8% nunhas eleicións xerais.

Fracisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG
VALORACIóN DA PRIMEIRA METADE DE LEXISLATURA

O BNG considera o goberno galego “esgotado” e sempre pendente de Madrid

O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, incide en que o executivo non é quen de facer fronte aos principais problemas e necesidades do país.