política

POLÍTICA

Podemos e Ciudadanos xa superan xuntos en intención de voto á suma de PP e PSOE

Unha enquisa de Metroscopia confirma o cambia de escenario no Estado, onde do bipartidismo pasaríase a un sistema de catro partidos principais, con dúas forzas novas ocupando os eixes que antes monopolizaban populares e socialistas. @s de Pablo Iglesias serían @s máis votad@s.

marea-crop
POLÍTICA

Anova, Esquerda Unida, Podemos e CxG a piques de integrarse en Marea Atlántica

A candidatura coruñesa convoca primarias para o 7 e 8 de marzo e aproba o código ético e a fórmula coa que presentarán ás eleccións, que será un “partido instrumental”, proposta que foi aceptada desde forzas como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Compromiso ou Equo a falta da confirmación dos respectivos órganos ou asembleas internas.

Xavier Vence
POLÍTICA

O Bloque aproba 106 listas municipais "para liderar gobernos alternativos"

O Consello Nacional da formación nacionalista respalda as principais candidaturas de BNG-Asembleas Abertas, que Xavier Vence cualifica de imprescindíbeis para “dar a batalla ante o PP e vencer a corrupción en todas as cidades e concellos que sexa posible”. “É a oportunidade para que a cidadanía rebelde deste país pase unha páxina negra”, engade.

POLÍTICA

A principal dirixente galega de Podemos nega o debate nacional sobre Galiza

Carolina Bescansa afirma que “o que hai que resolver é a economía” en contra doutros debates que poidan ter relación; fala dun programa conxunto para todo o Estado e anuncia que se presentarán “con papeleta propia” ás autonómicas.

dorado
POLÍTICA

Condena histórica a Marcial Dorado, o antigo amigo de Feijóo

O narcotraficante, castigado a seis anos de cárcere e 21 millóns de indemnización por lavar cartos procedente de actividades ilegais nos anos 80.

parlamento
FRANCISCO JORQUERA E YOLANDA DíAZ, PORTAVOZ BNG E CO-PORTAVOZ AGE

BNG e AGE critican o pacto que tenta blindar un bipartidismo en horas baixas

PP e PSdeG pactaron esta semana reducir as intervencións de Bloque e Alternativa. Falamos cos portavoces na Cámara de BNG e AGE sobre unha medida que boicotea a posibilidade de facer unha oposición efectiva.

POLÍTICA

Isca! realiza a súa V asemblea esta fin de semana en Compostela

‘Rachar co presente, construír o futuro’ é o lema da cita, que decorrerá este sábado 7 de febreiro en Compostela.

POLÍTICA

Feijóo multiplica por catro a oferta de emprego público en pleno ano electoral

Convocará 1.163 prazas para persoal sanitario, docencia e administración xeral.

PACHI VáZQUEZ

"A de 'Feijóo e o narcotráfico andan aí aí' non era unha frase inocente"

Entrevistamos o ex-secretario xeral do PsdeG horas despois da súa declaración ante o maxistrado do TSXG. Falamos do proceso por 37 contratacións supostamente irregulares durante a súa etapa de alcalde do Carballiño, dos retos electorais do PsdeG e de Feijóo e a corrupción.

POLÍTICA

Syriza e a esquerda europea emociónanse coas loitas de Lantero e Cleanet

As loitas de Lantero e Cleanet emocionan en Bruxelas o Grupo da Esquerda Unitaria, cuxos representantes transmitiron o apoio ás folgas indefinidas destes traballadores e traballadoras galegas.

xavier
XAVIER CAMPOS, IDEAS.GAL

“Queremos dar cabida a esa pluralidade que acredita en GZ como suxeito de referencia”

Embora estar aínda nos seus primeiros pasos, ideas.gal abre un oco como espazo de reflexión, debate e análise tendo Galiza como eixo central. Falamos con Xavier Campos, un dos seus responsábeis, sobre unha iniciativa aberta impulsada desde a Fundación Galiza Sempre.

REUNIóN INTERPARLAMENTARIA

O BNG fai da loita por Galiza e a ‘maioría social’ o eixo da súa ‘fronte institucional’

Representantes do Bloque no Parlamento, Congreso e Bruxelas coordinan unha folla de ruta para este ano baseado na “defensa dos sectores produtivos, servizos públicos e da cidadanía máis agredida”.

besteiro-crop
POLÍTICA

Besteiro asegura que “despois de seis anos con este Goberno somos menos galegos”

O líder do PSdeG participou na Conferencia Autonómica do seu partido en Valencia, onde defendeu as primarias e lembrou que os candidatos do PP para Ourense e Vigo saen “do Goberno da Xunta menos valorado da historia de Galiza”.

vence-crop
POLÍTICA

Vence acusa a Feijóo de “pensar máis na súa carreira en Madrid que en Galiza”

O líder do BNG considera que os cambios na Xunta “non se notarán en absoluto” despois do anuncio de que Vázquez e Muñoz deixarán as súas consellerías para presentarse en Ourense e Vigo, respectivamente.

podemos
MANIFESTACIÓN

Unha multitude chama “presidente” a Pablo Iglesias no centro de Madrid

Podemos fai unha demostración de forza e saca a milleiros de persoas á rúa, nunha marcha que Errejón afirma que “ten como seguinte estación A Moncloa”.

CONCELLO FUSIONADO EN 2013

O alcalde de Oza-Cesuras carga contra o goberno central por ‘’discriminar’’ o concello

O rexedor critica que Ministerio de Facenda non lles aplique as vantaxes dos concellos fusionados. Feijóo apoia a demanda do alcalde.

POLÍTICA

O urbanismo do PP en Barreiros outra volta baixo sospeita

O BNG denuncia un “urbanismo á carta”a raíz da investigación do Seprona da casa do tenente alcalde en Remior, sen licenza de ocupación. Este afirma que non hai nada ilegal.

PLENO EXTRAORDINARIO NO PARLAMENTO DE GALIZA

Feijóo escúdase en novas leis, mais non asume responsabilidades pola corrupción

O presidente anuncia 5 leis e 50 medidas contra unha corrupción que estende a “todos os partidos”, aos que empraza a pedir desculpas á cidadanía. O BNG cualifica de “fume” as propostas e pide compromisos firmes, AGE di que a comparecencia foi “unha chirigota” e PSdeG pide “que non dea leccións”.

Cuba debate
INTERNACIONAL

Fidel Castro: "Non confío na política dos EUA"

O líder cubano pronunciouse por vez primeira a respeito dos contactos bilaterais entre Cuba e a administración Obama.

PLENO SOBRE CORRUPCIóN NO PARLAMENTO GALEGO (10 HORAS)

A corrupción, a debate: a oposición critica unha comparecencia trucada de Feijóo

Núñez Feijóo intervén hoxe no Parlamento nunha sesión monográfica sobre o que o seu goberno denomina ‘medidas de impulso democrático’. A oposición critica un formato de comparecencia preparada ‘a maior gloria’ do presidente e onde BNG, AGE e PSdeG apenas terán marxe de actuación.