política

Olaia Fernández Davila no Congreso español
OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA / DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO

“A lexislatura de Rajoy deixa devastación, un escenario de postguerra”

A portavoz da formación nacionalistas en Madrid desvela as liñas de discurso que defenderá no Debate de Política Xeral que ten lugar esta semana, onde “volverase falar de Galiza grazas á presenza do BNG, xa que ningún outro grupo fai nunca referencia ningunha aos nosos problemas”.

POLÍTICA

O medo a un mal resultado leva ao PP a recorrer a Aznar para a campaña electoral

O ex-presidente do Goberno participará na promoción dos populares, que xa mantiveron unha xuntanza co seu equipo para buscar datas. No PP cren que é unha figura que aínda gaña votos entre diversos sectores do seu electorado. Nas Europeas non participou.

POLÍTICA

A seleccionadora galega de fútbol feminino cambia o nacionalismo polo PSOE coruñés

Pilar Neira presentarase como número 7 na lista electoral de Mar Barcón ás municipais logo de esta persentarse con Compromiso por Galicia nas autonómicas e ir na candidatura local do BNG hai catro anos.

POLÍTICA

O BNG esixirá no Parlamento a titularidade civil do Panteón de Galegos Ilustres

O grupo nacionalista presentará unha iniciativa na que cualifica de “insólito” que sexa o Arzobispado quen tutele os restos que alí repousan e “poida decidir que actos se celebran nese espazo e cales non”.

Somos Nós
POLÍTICA

“Somos Nós será nun futuro o que Somos Nós decida”, asegura Anxo Quintana

O ex-vicepresidente da Xunta encabeza en Compostela o acto de presentación da súa plataforma cidadá, ao que non acudiu ningún dirixente do BNG, facendo un chamamento á “nova política” e a que Galiza non “desapareza” da política.

POLÍTICA

Ciutadans elimina o catalán da súa web

A nova web da formación de Albert Rivera será monolingüe en español. Unha decisión que coincide coas instrucións do cumio do PP os seus dirixentes de se referir a Ciudadanos como un partido catalán.

breogan
BREOGáN RIOBóO, SECRETARIO XERAL DE PODEMOS

"Acordos con AGE? É moi cedo para falar diso"

Breogán Riobóo (Narón, 1986) é o primeiro secretario xeral de Podemos Galiza, cargo para o que foi electo após recibir a candidatura que lideraba o 54 por cento dos votos. 

POLÍTICA

Alberto Lema será o candidato de Anova nas primarias da Marea Atlántica

A asemblea local da Irmandade Nacionalista na Coruña elixiu por unanimidade o autor de ‘Crónica do Chan’ e ‘Unha puta percorre Europa’.

roldaprensaPrimarias marea atlántica
MUNICIPAIS 2015

Marea Atlántica convoca primarias:‘’O proceso máis ambicioso da política coruñesa”

O proceso, ‘’aberto a toda a cidadanía’’, aposta nunha candidatura de ‘’unidade popular’’ para ‘’cambiar a forma de facer as cousas’’ no Concello da Coruña.

POLÍTICA

BNG pide unha compañía ferroviaria galega e denuncia o mal servizo do Estado no país

Os portavoces do Bloque e Galiza Nova e a deputada no Congreso denuncian as poucas liñas e frecuencias, e os altos prezos do tren na Galiza. As últimas incidencias de comboios ateigados e con pasaxeiros sentados no chan, un exemplo.

POLÍTICA

A Xunta ve unha “anécdota” a sanción de 750 euros a un gandeiro pola bosta da súa vaca

O BNG pediu a intervención da Consellería para que instase o Concello de Compostela a retirar unha multa “que non ten motivo de ser”. A representante da Consellería fala de “anécdota”.

todas ascoriñas BNG
POLÍTICA

#Todasascoruñas: o BNG capta a golpe de cámara a cidade "múltiple, viva e galega"

O candidato do BNG-Asembleas Abertas, Xosé M. Carril, percorre facendo 'running' cunha micro-cámara barrios e lugares da Coruña para retratar ‘’os nosos barrios como espazo" de participación e para construír un concello para tod@s.

feijooo
SESIóN DE CONTROL NO PARLAMENTO

Feijóo afirma que hai un claro “cambio de tendencia” a favor do galego

O presidente da Xunta responde á demanda do BNG de que rectifique a súa política lingüística dicindo que na actualidade hai o maior grao de coñecemento do idioma.

INTERNACIONAL

Podemos-Uruguai ve na política de inmigración de Madrid "un certo racismo paleto, moi galego"

Jorge Castrillón é o portavoz de Podemos en Uruguai. Ataca a política de inmigración do Goberno Rajoy. Di dela que é "moi de dereitas" e produto "dun certo racismo moi paleto, moi galego".

pobreza
PARLAMENTO GALEGO

O PP veta unha proposta para solucionar a ‘pobreza enerxética’, que afecta 18% fogares galegos

A proposta de lei propuña medidas concretas dirixidas a evitar que as familias ficasen sen luz ou calefacción por falla de recursos. Presentada polo BNG, tivo o apoio de AGE e PSdeG.

Román Rodríguez
Galiza

Román Rodríguez, a garantía para continuar a política de Xesús Vázquez

O nomeamento do deputado Román Rodríguez para dirixir a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai intuír a continuidade na política educativa e cultural de Xesús Vázquez no último ano de lexislatura. A CIG-Ensino reclama, pola contra, un “xiro de 180º”.

BNG-protesto
OFENSIVA CONTRA OS DEREITOS E AS LIBERDADES PÚBLICAS

‘’No Parlamento de Galiza recortan a democracia e a liberdade de expresión’’

BNG e AGE protestaron no inicio da sesión do Parlamento contra o acordo de PP e PSdeG que, denuncian, boicotea a capacidade de facer oposición e ‘blinda’ o bipartidismo. @s deputad@s do Bloque concentráronse ás pórtas da Cámara galega.

Fotos:ManchaObrera
POLÍTICA

Cayo Lara acusa a Podemos de querer facer unha ‘OPA hostil’ sobre IU

O líder de Izquierda Unida di que Pablo Iglesias ten os mesmos principios que Groucho Marx. Podemos cre que IU vive “cómoda” sendo un partido minoritario.

Galego e política

Hai agora seis anos a cimeira do PPdeG partillaba canda Rosa Díaz (UPyD) e os sectores máis extremistas contra o “status” xurídico e social da nosa lingua unha demostración nas rúas compostelás contra o Decreto do Goberno de coalición que regulaba o galego no ensino. 

POLÍTICA

Podemos abre a votación para elixir os seus dirixentes na Galiza

Breogán Rioboo é candidato apoiado por Pablo Iglesias e o que conta con máis posibilidades de converterse en líder da formación, posto para o que tamén se presentan outras tres persoas, coa lista de Ana Sánchez como a gran competidora da favorita.