política

martinho_noriega_teo
MARCADO POLO PRECEDENTE DE TELMO MARTÍN

Martiño Noriega seguirá como alcalde de Teo até as eleccións

O candidato a rexedor da capital de Galiza por Compostela Aberta manterase até os comicios como alcalde teense, descartando demitir.   

Martiño Noriega [Imaxe de arquivo SG]
NON TERÁ QUE COMPETIR CON NINGUÉN NAS PRIMARIAS

Martiño Noriega será o candidato a alcalde de Santiago por Compostela Aberta

O alcalde de Teo e coordenador nacional de Anova deu finalmente o paso de se candidatar no mesmo día que finalizaba o prazo. É o único candidato á alcaldía nas primarias de CA e faino pola lista 'Gañar Compostela'.

USC
LINGUA

Denuncian nos premios de calidade lingüística da USC a política da Xunta

Unha das galardoadas negou o saúdo ao secretario xeral de Política lingüística mentres portaba un cartaz demandando "máis apoio real" para a lingua propia. VÍDEO NO INTERIOR.

feijoo
POLÍTICA

As viaxes de Feijóo ao estranxeiro non supoñen proveito para Galiza, afirman BNG e AGE

BNG e AGE critican unhas visitas que entenden meramente “electorais’’ e que amosan que nas prioridades do presidente ‘’non está gobernar Galiza’’.

MUNICIPAIS 24 DE MAIO

Manuel Dios presenta candidatura ás primarias de Compostela Aberta

O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz dá o paso, afirma, ‘’como persoa individual’’. Noriega aínda non se pronunciou, se ben o seu círculo máis cercano sinalaba que daría o paso. O prazo remate esta cuarta feira.

mongeII-crop
MANUEL MONGE / ESCRITOR

“Os poderes fácticos da Coruña decidiron que Negreira era o seu home”

Falamos con Manuel Monge, autor dunha triloxía sobre A Coruña.

gerry-crop
POLÍTICA

Vence reúnese con Gerry Adams e amosa o apoio do BNG á reunificación de Irlanda

O líder do BNG acudiu ao Congreso do Sinn Féin en Derry, onde falou co histórico dirixente republicano e defendeu que "a soberanía vai unida ao progreso económico e a xustiza social". 

POLÍTICA

Unha enquisa sitúa no Estado a catro partidos separados por só catro puntos

Segundo El País, o tetrapartidismo no Estado é xa unha realidade, con Podemos de novo en cabeza pero baixando; o PSOE de segundo e o PP de terceiro, xa acosado por Ciudadanos.  

POLÍTICA

O líder de Podemos en Galiza considera que “Beiras debeu retirarse antes”

Breogán Riobóo lamenta que AGE “amosase formas da vella política” e ataca tamén ao BNG, ao que acusa de “falta de autocrítica” namentres resta importancia á escasa participación interna na súa formación “porque hai falta de costume”.

ruben perez
MUNICIPAIS 24 DE MAIO

Rubén Pérez (IU), único candidato a alcaldábel na Marea de Vigo

A plataforma conta co apoio de Anova, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista. A votación convocada en Podemos para se pronunciar sobre o seu apoio non reuniu o ‘quórum’ suficiente.

POLÍTICA

O PP veta unha proposta para paralizar os despexos que hai previstos en Galiza

A proposición non de lei (PNL) do BNG -e apoiada por toda a oposición- pedía á Xunta que exerza as súas competencias en vivenda para garantir ese dereito. Tamén que os bancos fixesen unha ‘quita’ nas hipotecas ‘sobrevaloradas’. 

YOLANDA DÍAZ MARCA DISTANCIAS CON PODEMOS

“Renunciar á esquerda sería como se as mulleres renunciasen ao feminismo”

A voceira de Esquerda Unida marca distancias con Podemos, onde Breogán Riobóo apoia a integración en Marea Atlántica. Por súa parte, o co-líder de Anova, Martiño Noriega, decidirá esta semana se se presenta ás primarias en Compostela Aberta.  

TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-EUA

Vence denuncia o silencio do poder arredor do TTIP

O portavoz nacional do BNG solicita “que se lle dea voz ao pobo para que poida pronunciarse” sobre un acordo entre a UE e Estados Unidos que afectará “aos servizos públicos máis básicos”.

Bascuas
POLÍTICA

Compromiso por Galicia aproba un marco electoral que “enfoca de abaixo a arriba”

A formación que lidera Xoán Bascuas dálle prioridade ás propostas de cada concello. CxG presentará candidatura propia en varias localidades namentres en cidades como A Coruña integrarase en plataformas.

Joseba Permach
JOSEBA PERMACH, PORTAVOZ DA ESQUERDA ABERTZALE

‘’En Euskal Herria impulsamos o noso propio proceso constituínte''

Permach participa este sábado na Coruña nunhas xornadas de debate sobre o TTIP e as alternativas posíbeis fronte á un tratado ‘’que é un salto cualitativo’’. Falamos con el do tratado de libre comercio, de Euskal Herria, de eleccións e proceso de paz, entre outras moitas cousas.

POLÍTICA

Unhas xornadas debaten en Becerreá sobre as políticas máis acaídas para a Alta Montaña europea

O encontro quer ser, segundo AGE, organizadora da cita, unha xuntanza de debate e análise dando voz á veciñanza para 

POLÍTICA

Tres membros de Podemos Lugo marchan do Consello Cidadán por ‘’manipulación’’

Argumentan que houbo ‘’escurantismo’’ e manobras ‘’para favorecer’’ un dos candidatos no proceso de elección dos secretario xeral da formación en Galiza.

olaia24f5104
DEBATE DO ESTADO 2015

Davila denuncia incumprimentos con Galiza e Rajoy pon de exemplo de compromiso Pemex

Fernández Davila falou das problemáticas económicas e sociais do país – da perda do sistema financeiro aos sectores naval, lácteo ou pesqueiro-. Rajoy reprochoulle que fose ‘’tan crítica’’. Ela lembrou que o 40% das partidas para Galiza do OXE “non se executaron”. Vídeo no interior.

Feijóo
PLENO PARLAMENTO DE GALIZA

Feijóo desvía a solución do drama dos doentes con Hepatite C a unha comisión

O presidente afirma, a preguntas do BNG e AGE, que implementarán “de forma inmediata” os tratamentos que cumpran os criterios dos expertos. A oposición repróchalle que o goberno galego non se implique en solucionar o grave problema destes doentes.

congreso español
DEBATE DO ESTADO 2015

O bipartidismo peléxase para disimular a coincidencia no fundamental

A primeira sesión do último debate do Estado da lexislatura deixa un presidente parabenizándose a si propio por, di, lograr superar a crise; e O un líder do PSOE atacando a visión triunfalista de Rajoy mais sen cuestionar o modelo. De Galiza falouse. Fíxoo Rajoy. Unha vez para defender o modelo sanitario da Xunta e outro para dicir que vivira en ''Carballino, Orense''.