política

anova-crop
POLÍTICA

Beiras di que en Anova “non sobra ninguén", pero sentiu “noxo” na asemblea

O líder da formación dá por concluída a constitución da súa forza política e defende unha unidade interna que semella complicada, tal e como Beiras asumiu a respecto da tensión vivida o sábado. Aliás, defendeu a independencia de Galiza “que logo xa decidirá confederarse ou non”.

POLÍTICA

Gómez Besteiro quere manter un diálogo periódico con Núñez Feijóo

O líder d@s socialistas galeg@s promete “reunións co líder da oposición” se chega á presidencia da Xunta e acusa ao PP de pasar “por unha grave crise de credibilidade”.

POLÍTICA

Cerna perde outra votación na asemblea de Anova, que non renuncia ás municipais

O sector dirixente foi apoiado na súa proposta de analizar as opcións electorais en cada localidade e despois decidir, en contra da posición da militancia crítica, que defendía a renuncia aos comicios e aposta por “un grupo parlamentar galego” en Madrid.

fachas-crop
POLÍTICA

Queiman unha bandeira galega nunha marcha fascista que tivo lugar en Barcelona

A manifestación de Democracia Nacional polo 12 de outubro rematou coa queima de diversa simboloxía, entre ela unha bandeira de Galiza con estrela vermella e varias catalás soberanistas

POLÍTICA

Anxo Quintana: “Os nosos problemas non se resolven con franquicias alleas”

O ex-voceiro do BNG insiste na necesidade dunha mirada política propia e aposta por unha representación forte en Madrid que sitúe a Galiza dentro do debate sobre a capacidade de decisión.

POLÍTICA

O novo Borbón eleva o gasto para o seu primeiro desfile do 12 de outubro como Rei

Felipe VI estréase como monarca na súa “festa nacional” gastando un millón de euros nun acto militarista. 

anova-crop
POLÍTICA

A II Asemblea de Anova non elixirá directamente o líder da organización

A asemblea escollerá a Coordinadora Nacional, que será a encargada de elixir @ voceir@ nun comezo de asemblea que resolveu por 26 votos de diferenza as votacións, tensas por momentos.

Xosé Manuel Beiras
POLÍTICA

Beiras entra na II asemblea de Anova disposto a rematar o seu “epílogo”

O líder da formación nacionalista asegura que “non é caudillo” e suxire a posibilidade de se ir afastando da primeira liña sempre que “non se traizoen os principios fundamentais”.  

martinho_noriega_teo
MARTIÑO NORIEGA

“Cómpre desacralizar o nacionalismo, non facer del unha cuestión de fe”

Ás portas da II Asemblea Nacional de Anova que esta fin de semana decorre en Compostela, falamos co seu coordenador nacional.

paula verao
PAULA VÁZQUEZ VERAO (CERNA)

“Queremos retomar o proxecto orixinario de Anova”

É unha das voces de Cerna, corrente interna de Anova-Irmandade Nacionalista. “Unha fronte ampla cívico-política é agora máis necesaria ca nunca”, sostén, ás portas da II Asemblea Nacional.

#DEBATENACIONGZ14

O PP, a apisonadora do "non"

Foron 200 as propostas de resolución a debate. Da oposición @s populares só aceptaron seis na súa literalidade. Alcanzáronse 11 acordos.

Parlamento de Galiza
#DEBATENACIONGZ14

Os grupos parlamentares presentan as súas propostas de resolución

Os diferentes grupos parlamentares presentaron as súas propostas de debate, que abranguen desde despexos a emprego, pasando polos sectores produtivos ou o AVE.

[Imaxe Parlamento de Galiza]
#DEBATENACIONGZ14

Jorquera: ‘’Temos que tronzar a dependencia’’; Feijóo: ‘’Temos máis autonomía que Escocia”

O portavoz do BNG acusou o presidente de non ter “nin proxecto de goberno nin de país”, desde AGE apelouse á unidade en chave de “rebelión cidadá” e o PSdeG reprochou a Feijóo non facer nada polo presente e futuro de Galiza.

Parlamento
#DEBATENACIONGZ14

Un discurso sobre un país que non existe

A oposición coincide en valorar a intervención de Feijóo como afastada da realidade do día a día d@s galeg@s, chea de promesas incumpridas, sen propostas realistas e inzada de 'brindes ao sol'.

20120313_Feijóo1
#DEBATENACIONGZ14

Nen unha soa proposta de Feijóo para alargar o autogoberno

O presidente abriu o #debatenacionGZ14 cun discurso triunfalista no que describiu un país que a pé de rúa a moit@s sóalles a imaxinario. Do ensino ao naval, da sanidade á pesca ou auto-goberno, todo vai mellor que cando el chegou á Xunta.

Parlamento
POLÍTICA

O estado da nación, a debate

O Parlamento galego acolle esta terza feira a primeira das dúas xornadas do debate do estado da Nación, unha cita que cumpre nesta sesión as súas vodas de prata.

POLÍTICA

Emprego, financiamento e soberanía, as chaves do BNG no debate do estado da Nación

Xavier Vence apela a “un compromiso de todos para sacar a este país do pozo ao que o levaron as políticas do PP” e incide na necesidade dun "gran polo nacionalista de esquerdas".

POLÍTICA

O delegado do Goberno español asegura que Resistencia Galega "está moi debilitada"

Samuel Juárez congratúlase pola "presión policial e xudicial" e pide que todas as forzas políticas sexan claras na condena contra accións como a de Baralla.

POLÍTICA

As distintas 'Mareas' galegas acordan abrir un diálogo durante os próximos meses

Varias iniciativas cidadás de cara ás municipais celebraron una xuntanza convocadas pola coruñesa Marea Atlántica, onde puxeron en común as preocupacións das diferentes 'mareas', nun contacto que continuará.

POLÍTICA

Unha enquisa apunta a unha xigantesca perda de votos do PP nas eleccións xerais

O diario madrileño El País publica un inquérito a nivel estatal que sitúa ao partido gobernante en só un 15 por cento de apoios, sobre o censo total, e confirma o ascenso de Podemos. Non ofrece datos sobre formacións soberanistas.