política

eva-crop
POLÍTICA

A deputada de AGE Eva Solla convértese na nova secretaria xeral do PCG

O PCE galego celebrou o seu XIII Congreso en Vigo, onde fixo pública a súa previsión de “crecemento orgánico” e de "formar parte dos bloques políticos e sociais contra o capitalismo". Renovaron o comité central nun sesenta por cento.

POLÍTICA

O novo voceiro do PP galego abre a porta á presenza de imputad@s nas listas

Miguel Tellado sae en defensa da súa predecesora, Paula Prado, e mesmo a sinala como vítima ao dicr que “foi portada de xeito innecesario”. Asegura que as mareas “son os restos do naufraxio da esquerda”.

C. Portomeñe
POLÍTICA

"Os comunistas volveron ao Parlamento de Galiza para ficar”

O secretario xeral do PCG, que realiza esta fin de semana en Vigo o XIII Congreso, considera que é o momento dunha “fronte popular”.

POLÍTICA

O BNG pide o cese do presidente de Sogama por falsificar datos para xustificar a suba do lixo

Ana Pontón denunciou a “falta de transparencia, mentiras e ocultación de información” do Goberno galego á cidadanía e o Parlamento galego.

Marea atlántica
POLÍTICA

Marea Atlántica presentarase ás municipais na Coruña

A plataforma entende que acadar 2.800 sinaturas de apoio permiten valorar unha ‘’candidatura cidadá de confluencia” na cita das locais.

POLÍTICA

AMI anuncia a súa disolución tras 20 anos de existencia

A Assembleia da Mocidade Independentista considera que xa non é unha “ferramenta adecuada ás condicións e necesidades actuais”. Salientan que a decisión “non é un abandono” mais un cambio de ciclo.

Galiza catalunya
POLÍTICA

Solidariedade galega co proceso catalán

Unha decena de cidades e vilas galegas acolleron concentracións de apoio á consulta do 9N, suspendida polo Tribunal Constitucional

Olaia Fernández Davila
POLÍTICA

O BNG di que os orzamentos do Estado son os dos ‘’incumprimentos con Galiza’’

Fernández Davila afirma que presentarán unha emenda á totalidade porque “seguen a ser unhas contas anti sociais, destinadas a cubrir a débeda mais non a satisfacer as necesidades dos cidadáns”.

Tribunal Constitucional
POLÍTICA

O Tribunal Constitucional suspende a consulta do 9N

En apenas hora e media de debate @s 12 maxistrad@s acordaron por unanimidade aceptar os recursos do goberno español e suspender a lei de consultas de Catalunya por 5 meses.

POLÍTICA

Vence acha que o desvío do flotel mostra que é Madrid quen lle marca os ritmos a Feijóo

O portavoz do BNG conmina o presidente da Xunta a "non mirar para outro lado" ante o que supón derivar a Cádiz parte do barco encomendando por Pémex a Ferrol.

POLÍTICA

Movementos de confluencia 'cidadanista' cara ás municipais

'Somos Maioría' opta por confluír coas marés, Anova reflexiona sobre estes movementos cidadáns na súa asemblea deliberativa e xa hai un encontro de 'marés municipalista' con cita o 4 de outubro. 

tallon2
ÁNGEL SáNCHEZ TALLóN, NOVO LÍDER DA MNG

‘’O nacionalismo ten que recuperar a conexión directa coa mocidade”

Ángel Sánchez Tallón é o novo secretario xeral da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), o referente xuvenil de Compromiso por Galicia. “A política actual está a mudar, e aí debemos actuar”, sostén.

Méndez Romeu
POLÍTICA

O PSOE galego busca recursos legais para tentar fuxir da Operación Pokémon

Méndez Romeu evidencia a táctica da súa formación ao sinalar aos supostos “defectos de forma” no caso xudicial no que están involucrados, entre outros cargos socialistas, os alcaldes de Lugo e Ourense.

Beatriz Mato
POLÍTICA

Altos cargos da Xunta intentan defenderse após saír en sumarios de corrupción

A conselleira de Traballo afirma non saber nada sobre a investigación relacionada con cursos e o vicepresidente asegura descoñecer todo sobre un traslado no que se lle nomea.

Pablo Iglesias Turrión
POLÍTICA

Distintas visións en Podemos arredor da súa fórmula nos próximos comicios

A proposta do grupo máis coñecido da formación, o que lidera Pablo Iglesias, non acaba de gustar noutros sectores, como o de Pablo Echenique, que cre que non presentarse ás locais pode “desmobilizar”.

MEMORIA E HISTORIA

O BNG homenaxea na Coruña o asasinado Pedro Galán malia as trabas municipais

A policía local impediu a confección dun mural en Monte Alto en honra do que foi dirixente das Mocidades Galeguistas, masacrado do 36 polas balas do franquismo, pero que volveu ser recoñecido por ducias de persoas.

POLÍTICA

Pachi Vázquez anuncia a súa aspiración a ser o candidato do PSOE en Ourense

O que foi candidato socialista nas últimas eleccións autonómicas eleva o seu pulso con Besteiro presentando ficha á capital da súa provincia, onde a súa forza política ten a alcaldía entre imputacións.

Cayo Lara
POLÍTICA

IU prefire que o acordo con Podemos sexa tamén para as autonómicas

Considera que confluír nunhas citas electorais si e noutras non “diluiría” a forza da alternativa, segundo un documento de Izquierda Unida.

Manuel Fajardo
POLÍTICA

AGE acusa a Xunta de ‘’empurrar á xente’’ a emprender para despois lle denegar as axudas prometidas

Alternativa Galega de Esquerdas presentou unha proposición non de lei para instar a habilitar orzamentos para que se paguen as axudas ás persoas que cumpriron cos requisitos.

paulaprado_capa
POLÍTICA

O TSXG vai investigar a Paula Prado por fraude e tráfico de influencias

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza investigará se influíu na contratación de persoas no Concello cando era responsábel da axencia de emprego e se autorizou o pago de facturas 'inflada'.