política

@Oinsua
POLÍTICA

Un V ao pé da Catedral de Compostela en apoio ao referendo catalán

'Galiza con Catalunya. Pola democracia e o dereito a decidir’ foi o lema que presidiu o V humano formado na Praza da Quintana para mostrar a solidariedade co proceso catalán.

FEIJóO USA A EXPRESIóN ''TONTO úTIL'' E JORQUERA REPLICA CON ''GILIPOLLAS''

Duro confronto entre Feijóo e Jorquera na sesión de control ao goberno

Comezou o novo curso político cunha sesión de control ao goberno galego centrada nos proxectos de reformas do PP para reducir deputados e impedir gobernos de coligazón. A oposición criticou que os populares queran ter nas institucións unha maioría que perderon na sociedade.

Cadaleitos diante do Parlamento
Galiza

Cadaleitos para reivindicar unha acción política contra a violencia machista

Unha ringleira de cadaleitos coa lenda “Non á violencia machista” diante do Parlamento Galego foron o símbolo dunha mobilización que reclamou ao PP unha acción de goberno contra a violencia de xénero. 

POLÍTICA

Podemos decidirá en outubro a súa aposta para as municipais

Pablo Echenique defende que a participación da forza nos comicios locais “dependerá de cada sitio”. En Galiza hai opinións enfrontadas dentro de Podemos.

VENCE ROLDA PRENSA 9 XUÑO 2014
POLÍTICA

Vence asegura que o BNG fará candidaturas “nacionalistas, en clave de país”

O voceiro do Bloque reafirma a decisión de non pactar con forzas estatais e cualifica de “interesantes” as Mareas, pero di “non crer en iniciativas cantonalistas ou municipais só”.

POLÍTICA

'Somos Maioría' asegura que a súa proposta é “compatíbel coas Mareas”

Asinantes do manifesto por candidaturas de unidade xuntáronse en Compostela, coa presenza, entre outr@s, de López Rico, Antón Sánchez ou Carlos Aymerich.

POLÍTICA

O Bloque pedirá en Madrid a recuperación pública da AP-9

A deputada Rosana Pérez solicitará que se lle quite a concesión a Audasa polos seus excesos e mal servizo e se ceda a xestión á Xunta.

avanteI
POLÍTICA

O BNG reivindica a soberanía de Galiza na festa do PCP

Unha delegación nacionalista galega acudiu á Festa do Avante! que este ano celebra volve reunir a decenas de organizacións anti-imperialistas de varios países.

POLÍTICA

Prado pode ser acusada até de catro delitos de corrupción

A persoa que no seu día foi designada por Núñez Feijóo como portavoz do PP está a piques de ser imputada por varios supostos delitos no concello de Santiago.

Països Catalans

Cospedal, sen apoios para a súa proposta de coligazón anti-soberanía

A dirixente do PP fixo un chamamento a C's, PSC, Unió e UpyD para “enfrontarse xuntos” ao soberanismo, pero as forzas interpeladas non responderon de xeito afirmativo á proposta, que desvela a preocupación da dereita española.

Ramón Gómez Besteiro (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O PSdeG declina o convite do Bloque dunha fronte contra o "pucheirazo"

Gómez Besteiro pecha a porta á proposta de Vence para xuntar forzas contra a reforma electoral que pretende o PP. Tamén opta por non falar das crises internas da súa formación.

POLÍTICA

Apelan a un espazo de encontro das diferentes iniciativas cidadáns que están a agromar

Marea Atlántica entende que é de interese procurar sinerxias e cooperación entre aquelas iniciativas de ‘marcado carácter cidadán’ que se están creando nestas semanas en diferentes cidades e comarcaras galegas

jorqueras
POLÍTICA

Francisco Jorquera: ''O BNG ten vocación de permanencia''

O voceiro do Bloque no Parlamento anuncia que o BNG se enfrontará con rotundidade ás reformas electorais que ten en axenda o PP, que cualifica como “intento de golpe de Estado”.

POLÍTICA

O NYT editorializa sobre o carácter pacífico dos referendos catalán e escocés

O New York Times contrapón os ‘termos pacíficos’ de ambos os dous procesos coa ‘’campaña armada de Rusia en Ucraína’’.

machismo
POLÍTICA

Como se pode combater o terror machista desde a política?

A violencia machista continúa a cobrarse cada ano máis vítimas. En 9 meses de 2014 o número de asasinadas en Galiza é máis do duplo que en todo o 2013.

POLÍTICA

O BNG chama a unha ‘’fronte común’’ contra a ‘’ofensiva anti-democrática do PP’’

O Bloque remite unha carta a forzas políticas, sindicais e movementos sociais para manter unha xuntanza aberta en Compostela e artellar unha resposta á ‘’escalada autoritaria’’ do Partido Popular. O portavoz nacional, Xavier Vence, considera que os populares queren reter o poder malia perder a maioría na sociedade.

Francisco Jorquera
POLÍTICA

Jorquera non desbota que o BNG vaia en listas nacionalistas con "outra denominación"

O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, afirma nunha entrevista na Radio Galega que ‘’non somos refractarios a esa posibilidade’’ se así o expresan as asembleas abertas que está a impulsar a organización.

Unha política exterior galega

Galicia precisa, como calquera outro país do mundo, dunha política exterior de seu. Unha política que sería desexábel estivese coordinada coas políticas exterior española e europea, mais que de ningún xeito pode agardar por elas. Porque Galicia non ten amigos nin inimigos. Ten  intereses económicos, empresariais e cuilturais que só se poden facer valer no mundo dende unha actuación exterior decidida. Doutro xeito non existiremos.

Pedro Puy
POLÍTICA

O PPdeG considera que a reforma electoral de Rajoy aconsella ‘’acordo’’ mais non a de Feijóo

O portavoz parlamentar popular, Pedro Puy, di que o ‘’alcance’’ da proposta de que goberne a forza máis votada remonda ‘’algún tipo de acordo’’ mais defende que o proxecto de reducir os escanos no Parlamento galego saia adiante só co apoio do PP.

ana-crop
POLÍTICA

Galiza é nación no Foro de Sao Paulo

O BNG participou neste multitudinario encontro da esquerda de todo o mundo, onde Ana Miranda fixo un chamamento á soberanía, Galiza foi recoñecida como nación e se completou co apoio do Foro á consulta en Cataluña e ao proceso de paz vasco