política

POLÍTICA

Podemos non concorrerá ás municipais en todo o Estado para non ser pasto de ‘paracaidistas’

A organización quer evitar que se ‘coen’ nas listas persoas que non reúnen as ‘’garantías’’. Aposta por favorecer a creación de candidaturas cidadás.

280714RajoySanchez2
POLÍTICA

O bipartidismo español renova o seu compromiso contra o dereito a decidir

Mariano Rajoy e Pedro Sánchez coinciden na súa reunión na Moncloa en se opoñer á consulta catalá. “É ilegal, non se realizará’’, afirman. Mentres, Pujol renuncia ás súas prerrogativas como ex-president a escasas horas da xuntanza entre Rajoy e Artur Mas.

Psoe-crop
POLÍTICA

Veteran@s como Blanco, Barcón e Silva lideran a “renovación” do PSdeG en Ferraz

Besteiro envía unha mensaxe aos sectores críticos do PSOE galego ao ser o único representante na Executiva de Sánchez, que no Comité Federal integra á persoa de confianza do lugués e a tres clásicos da formación, sempre rodeados de polémicas.

sanches-crop
POLÍTICA

Pedro Sánchez equipara “independentismo” a violencia de xénero ou desemprego

O novo líder estatal d@s socialistas fala de “palabras que indignan” e entre elas inclúe unha posición ideolóxica ao mesmo nivel que un delito. Defende o pagamento da débeda e reivindica os gobernos de Felipe e Zapatero.

psdeg-crop
POLÍTICA

Gómez Besteiro entra na dirección dun PSOE que mantén as disputas internas

O líder d@s socialistas galeg@s é un dos baróns territoriais elixidos polo novo secretario xeral, Pedro Sánchez, que tamén inclúe na Executiva a Carme Chacón e persoas de confianza de Susana Díaz pero non pode evitar as críticas de Madina e Tapias

POLÍTICA

O alcalde de Mondoñedo denuncia as deficiencias da A-8 e acusa a Xunta

O rexedor nacionalista insiste en que os sistemas antinéboa non son os axeitados logo do accidente múltiple que provocou unha morte e máis de 50 persoas feridas e que puido ser unha traxedia moito maior.

Alfonso Rueda
POLÍTICA

Rueda urxe ao goberno de Rajoy a que aprobe a reforma electoral contra as maiorías

O vicepresidente da Xunta defende que unha decisión de tanta importancia pode ser aprobada cos únicos votos do PP malia que a vitoria automática da lista máis votada podería provocar gobernos se capacidade para actuar e a oposición considera que se trata dun “pucheirazo”.

GzFoto
POLÍTICA

Vence chama nunha ateigada Quintana a sumar forzas "ao proxecto nacionalista’’

Unha multitude -20.000 persoas, segundo a organización- secundou a manifestación do BNG, centrada na defensa da soberanía como eixo para reverter o presente e construír un futuro. O portavoz nacional apela a construír unha alternativa “incorporando ideas e persoas” sobre un “proxecto de país”.

Xavier Vence [M.Montero]
POLÍTICA

O BNG di que a balanza fiscal de Montoro repite a ''milonga da Galiza subvencionada por Madrid''

@s nacionalistas consideran que os dados ofrecidos polo Ministerio de Facenda (Galiza recibe do Estado 3.000 millóns máis dos que achega) son unha “estafa intelectual”. O estudo económico realizado polo BNG dá un resultado ben diferente: déficit para Galiza de 1.300 millóns, resultante de que achega 7.213 millóns de euros ao Estado e recibe 5.891 millóns.

POLÍTICA

AGE organiza un foro para analizar a rota cara á quebra democrática

Representantes das CUP, EH-Bildu, Izquierda Unida e Procés Constituent toman parte no debate que vai decorrer esta quinta feira ás 17:00 na Facultade de Filosofía de Compostela.

POLÍTICA

Sectores de IU temen que o proxecto se ‘dilúa’ no modelo de converxencia con Podemos

Dirixentes e cargos organización en Madrid subscreben o manifesto ‘IU, un proxecto de longo percorrido’ no que se mostran críticos contra os que procuran converxer con Podemos a calquera prezo.

yeahhh
POLÍTICA

8 organizacións xuvenís convocan esta quinta unha marcha pola independencia

Sob o lema 'A mocidade mantendo viva a Galiza. Independencia' Agir, AMI, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca!, Liga estudantil galega e Xeira chaman a se manifestar este 24 de xullo porque, din, "non estamos dispostas a que continúen a destruír o noso futuro, a nosa nación, as nosas vidas".

aborto
POLÍTICA

A reforma da lei do aborto aprobarase "antes de rematar o verán"

O Consello de Ministr@s podería dar luz verde ao anteproxecto de lei de reforma esta sexta feira (25 de xullo). A Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto mantén a #AlertaFeminista. 

iñaki
Euskal Herria

"Gara é un medio de vocación política porque o xornalismo é político"

O director de Gara visitará Galiza o vindeiro 25 de xullo. Falamos con el do modelo de negocio que dirixe mais tamén do conflito político en Euskal Herria. 

POLÍTICA

O BNG defenderá en Madrid a veciñanza afectada pola ampliación da AP-9

A deputada Olaia Fernández presentou unha iniciativa que recolle as protestas contra algúns aspectos da ampliación do AP-9 que xorden desde a comarca do Morrazo.

urbaser-crop
POLÍTICA

O persoal de Urbaser chega aos 40 días de folga con críticas ao alcalde de Lugo e ao PSOE

A CIG afirma que non existen as supostas negociacións entre o concello e a empresa e que ambos só buscan “eternizar o conflito á espera de que a xenta ceda, algo que non está pasando, senón ao contrario”.

vence-crop
POLÍTICA

Vence afirma que “defender o dereito a decidir é defender os dereitos sociais”

O líder nacionalista chama á "xente moza" a sumarse aos actos que prepara o BNG o Día da Patria nun acto en Ferrolterra, comarca en crise que pon como exemplo da necesidade de soberanía.

caamaño-crop
POLÍTICA

Caamaño convoca primarias no PSOE da Coruña entre duros ataques a Besteiro

A imposibilidade de presentar unha lista única no Congreso e as diferenzas internas levan ao ex-ministro de Xustiza -agora aliado de Pachi Vázquez e que falou de "golpismo" e presións da dirección galega- a deixar no aire un posto no que nunca acadou o peso que esperaba.

POLÍTICA

Merkel sae en defensa do españolismo contra a consulta en Catalunya

A dirixente neoliberal alemá amosa o seu apoio ás elites españolas e ao goberno de Rajoy e lanza unha mensaxe contra o dereito de autodeterminación porque “non se pode permitir que un país se rompa”. Polo contrario, nunca se opuxo ao referendo en Escocia.

POLÍTICA

Compromiso por Galicia chama a un 25 de Xullo “pola reforma constitucional”

A formación galeguista fará unha ofrenda no Panteón de Galeg@s Ilustres e actos en Belvís no Día da Patria, durante o que realizarán un chamamento a que se recoñeza “a plurinacionalidade do Estado.