política

POLÍTICA

CG convoca manifestación após ‘frustrarse” a proposta de mobilización unitaria o 25X

Recoñecen que a súa iniciativa de que fose Galiza pola Soberanía quen impulsase un Día da Patria unitario ''non tivo eco''.

Nova política

É necesaria unha nova política? Se por nova política, entendemos aquela que signifique máis participación social e, nas condicións da Galiza, maior consciencia social da nación que somos, desde logo que si.

José Luis Baltar
POLÍTICA

Baltar: ‘’Estaba convencido de que as cousas se facían ben’’

O ex-presidente da Deputación de Ourense e do PP na provincia alegou no xuízo que estaba convencido de que esas contratacións ‘’non precisaban publicidade’’.

POLÍTICA

A dirección acolle con incomodidade o lanzamento de Cerna, grupo crítico de Anova

Martiño Noriega, coordenador da formación aliada con Esquerda Unida en AGE, acusa o sector que acaba de organizarse de “seguir nas mesmas coordenadas que provocaron a marcha do BNG”

Baltar nos xulgados
POLÍTICA

Baltar pai comezará a semana ante o xuíz acusado de 104 enchufes na Deputación

O que durante máis de dúas décadas foi presidente do organismo provincial de Ourense -agora en mans do seu fillo, tamén do PP- será o acusado nun xuízo que comeza esta segunda-feira e no que declararán setenta persoas. Está acusado de contratacións irregulares, relacionadas cun congreso do PP que gañou.

Congreso do PSOE
POLÍTICA

Pedro Sánchez case duplica en avais galegos a Eduardo Madina, que ten o apoio do pachismo

Os candidatos á secretaría xeral do PSOE mantiveron en Galiza unhas porcentaxes de apoios moi semellantes aos do resto do Estado, agás na provincia de Ourense, onde Laura Seara ten grande peso no equipo de Madina.

repu-crop
POLÍTICA

Un cento de soberanistas conmemoran en Compostela o aniversario da I República Galega

Un xantar de confraternidade serviu para lembrar a proclamación de 1931 e cambiar ideas e reflexións sobre o camiño cara unha futura República Galega.

POLÍTICA

BNG e EH Bildu trazan a folla de ruta de esquerdas e soberanista para Europa

Ambas formacións apostan en Compostela por facer do escano de ‘Os pobos deciden’ unha plataforma ao servizo das maiorías sociais galegas e vasca para loitar contra a Troika e polos dereitos dos pobos.

Lusofonia

Personalidades da lusofonía rexeitan a entrada de Guiné Ecuatorial na CPLP

Medio cento de sinaturas instan as xefaturas de estado e de goberno da Comunidade a non formalizar a adhesión do país gobernado polo ditador Teodoro Obiang.

POLÍTICA

O escándalo da Sicav engole Willy Meyer, que demite como eurodeputado

A decisión de Meyer abre as portas da Eurocámara ao galego Javier Couso, irmán do cámara asasinado por EUA en Iraque. É a única demisión malia que hai máis europarlamentarios españois implicados.

parlamento europeo UE
POLÍTICA

Un fondo de pensións cunha Sicav enlama a eurodeputados de PP, PSOE e IU

Entre os participantes, segundo desvelou Infolibre, os cabezas de lista do PP, PSOE e IU. Este último, Willy Meyer, renunciou esta terza feira a ese fondo.

POLÍTICA

BNG e EH Bildu debaten con colectivos sociais a estratexia de traballo na Eurocámara

Ana Miranda e Jon Juaristi manterán esta quinta feira en Compostela un encontro con colectivos e entidades sociais e sindicais.

felipe_borbon_getty_090913
POLÍTICA

Felipe VI comeza con secretismo, privilexios e acenos cariñosos aos sectores ultra

O novo monarca español promete transparencia, pero non desvela quen foi á recepción do día en que se coroou. Ademais, as súas primeiras reunións foron cos sectores máis fechados das vítimas de ETA e coa Igrexa, namentres chega ao Congreso a privilexiada protección legal para o seu pai.

Alberto Núñez Feijóo
POLÍTICA

Feijóo viaxa a Alemaña a falar de turismo de elite sobre un buque militar español

O presidente da Xunta marcha este domingo de viaxe e estará até o martes en terras xermanas, onde subirá ao Juan Sebastián Elcano para presentar unha exposición que anime a visita de cruceiros. As xuntanzas políticas previstas son de perfil baixo.

parlement-crop
POLÍTICA

Milleiros de manifestantes rodean o Parlamento para esixir “pan, traballo e teito”

Unha multitude responde á chamada do 21-X e rodea a Cámara galega en Compostela, con presenza de membros de BNG, AGE, Podemos ou diversos movementos sociais e sindicais.

POLÍTICA

O ex-xuíz Garzón anuncia tamén a súa decisión de buscar alianzas na esquerda española

O grupo Convocatoria Cívica, do que é líder o polémico letrado que pechou o diario 'Egin' ou foi denunciado por torturas, ofrécese para entrar no espazo electoral e "participar na procura dun cambio social fronte aos partidos tradicionais e as súas estruturas obsoletas". Garzón mantén fortes vencellos en Galiza con membros de AGE.

A familia e a política

Imaxinade unha familia na que se plantexa a cuestión espiñenta do menú do día seguinte, unha verdadeira cruz para quen ten que ocuparse do asunto un día tras outro. Na casa viven cinco persoas: unha parella, unha avoa, unha neta e un neto. O cativo e a cativa prefiren os filetes de tenreira con patacas fritidas, os tres maiores unha pescada cocida con acelgas. Faise isto último porque é o que quere a maioría. 

POLÍTICA

O BNG leva perante a xustiza o novo goberno de Compostela

Os nacionalistas consideran que non pode substituírse ‘’democracia’’ por ‘’dedocracia’’.

POLÍTICA

Concentracións contra a monarquía dan a ‘benvida’ en Galiza a Felipe VI

Esta tarde decorrerán en 13 cidades e vilas do país mobilizacións contra os Borbóns e na demanda de superar o actual réxime.

POLÍTICA

''Na Gran Vía, máis bandeiras que persoas''

Botamos un ollo ás redes sociais para contarche o minuto a minuto do que opinan @s ‘súbdit@s’ da coroación de Felipe VI. Hai de todo.