política

POLÍTICA

“Non buscamos un cambio de cromos, senón evitar situacións como a que se está a dar en Compostela”

Unha ducia de colectivos e plataformas políticas e sociais apoian unha asemblea cidadá aberta para decidir a folla de rota a seguir contra o goberno ‘’ilexítimo’’ de Agustín Hernández.

Rúa comercial de Compostela
POLÍTICA

Sospeitas de irregularidades no censo do PSOE de Santiago antes das primarias

Nun só día déronse de alta 292 novos afiliados, ducias deles co mesmo domicilio, no que semella un claro intento de pucheirazo que enlama aínda máis a imaxe da política sistémica na cidade.

Consello da Xunta de Galiza
POLÍTICA

Feijóo abre a porta a cambios profundos no seu goberno por mor das municipais

O presidente da Xunta afirma que “hai conselleiros que poden ser bos candidatos nas cidades”, o que suxire unha fonda crise no seu gabinete, no que algúns, como Jesús Vázquez, xa amosaron o seu interese por presentarse nas locais. O PP buscaría así reaxir após o mal resultado nas europeas e os casos de corrupción.

POLÍTICA

O demitido e imputado Currás seguirá como edil no novo equipo de Goberno de Compostela

O aínda alcalde non só seguirá como concelleiro, senón que terá responsabilidades de Goberno xunto ao novo equipo de Agustín Hernández, que incopora vellas figuras do PP como María Jesús Sainz, sendo @s non elect@s a maioría.

podemos
POLÍTICA

A lista pechada que encabeza Pablo Iglesias dirixirá a constitución de Podemos

O equipo do líder da formación obtén máis do 86 por cento dos votos por parte d@s simpatizantes da formación e márcase como obxectivo “abrir un novo ciclo que devolva os dereitos sociais ás persoas”.

POLÍTICA

O sector crítico de Anova, en contra de “ser a marca branca de IU en Galiza”

@s que se definen como “nacionalistas” da formación de Beiras amosan a súa contrariedade “ante o feito de que desaparecese do programa electoral calquera mención á soberanía nacional ou a un Estado galego”. A segunda asemblea da formación será en outubro.

Suso Seixo
POLÍTICA

O PP veta no Parlamento a ILP da CIG con 100 medidas para crear emprego

Toda a oposición apoiou no Pleno a toma en consideración da ILP presentada pola CIG e avalada por 31.000 sinaturas. Suso Seixo, secretario xeral do sindicato, xa anunciou que malia o resultado ‘’seguiremos a traballar polo dereito a unha vida digna neste Terra’’.

LINGUA

Política Lingüística apoia un concurso literario en español de colexios do Opus

O Colexio Maior “La Estila” é de homes. O “Arosa”, de mulleres. Os dous son do Opus. Convocaron por vez primeira, en español, o I Premio Vitrales, un certame literario. Recibiron o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa presenza do seu cargo máximo na entrega de premios. 

VENCE ROLDA PRENSA 9 XUÑO 2014
POLÍTICA

Para Vence, a República non lle vale a Galiza se mantén "a indivísibel unidade de España"

O portavoz nacional do BNG di que a abdicación non é só sinal dunha crise institucional mais tamén “territorial”. A formación frentista presenta unha emenda á totalidade ao proxecto lei de abdicación.

POLÍTICA

Causa Galiza critica as ‘‘cerimonias da confusión’’ nas mobilizacións contra a monarquía

Insisten en que unha ruptura democrática en Galiza para que sexa tal só é posíbel en base ao dereito á auto-determinación.

POLÍTICA

Besteiro confirma que @s deputad@s galeg@s do PSOE votarán a prol do borbonato

O líder do PSdeG asegura que “seguirán o que se decida de forma maioritaria” o que vén a ser o mesmo que asumir as ordes da cúpula, partidaria da sucesión de Juan Carlos I por Felipe VI sen consultar á cidadanía.

POLÍTICA

Compromiso recoñece os “malos resultados” das europeas pero di que “está para quedarse”

A formación galeguista celebrou unha xuntanza do seu Consello Político na que puxo a mirada nas municipais e reclamou “un estado multinacional” e un “referendo sobre a monarquía”.

bngcoru-crop
POLÍTICA

Militantes do BNG protestan sobre a cuberta do buque insignia do exército español

Un pequeno grupo de nacionalistas despregaron unha pancarta co nome de Santa Liberdade enriba do Juan Carlos I para reivindicar a República Galega e tamén para denunciar a ampla presenza militarista na Coruña co gallo do Día das Forzas Armadas e en pleno debate sobre os modelos de Estado.

POLÍTICA

Enquisas apuntan a unha ampla maioría no Estado a prol da consulta sobre a monarquía

Un inquérito publicado polo diario El País -de clara postura borbónica- sinala que o 62 por cento da cidadanía quere poder decidir sobre o modelo de Estado apos a abdicación de Juan Carlos I.

repu-crop
POLÍTICA

Distintas marchas esixen en Galiza un referendo sobre a monarquía

Un milleiro de persoas acudiron á convocatoria contra a coroa española en Compostela, onde estiveron presentes dirixentes do BNG e de AGE. En Vigo e na Coruña a asistencia foi menor a respecto da que houbera a pasada segunda feira. Houbo mobilizacións deste tipo por todo o Estado.

bngII-crop
POLÍTICA

Centos de persoas rodean por completo o Parlamento por unha República Galega

Convocad@s polo BNG e co apoio doutras forzas soberanistas como Nós-UP e o PCPG, a demanda republicana galega conseguiu rodear a cámara do Hórreo na súa totalidade, coa participación de centos de manifestantes nunha reivindicativa cadea humana.

@diarioliberdade
POLÍTICA

Fracasa en Compostela a convocatoria a prol da monarquía española

Nin bandeiras, nin faixas nin case asistentes. Nula repercusión na capital de Galiza dunha chamada feita a través das redes sociais para mostrar na rúa apoio á Coroa española.

POLÍTICA

Partidari@s da monarquía convocan un acto esta sexta feira en Compostela

A capital galega é unha das cinco cidades do Estado onde hai convocados actos a favor da ‘‘monarquía parlamentaria’’.

POLÍTICA

O sector crítico de Anova avoga pola ‘ruptura’ en chave de República Galega

Ex-membros da dirección da organización piden que se aposte en ‘’abrir procesos constituíntes” superando “un mero referendo sobre a monarquía”.

POLÍTICA

‘’O Parlamento galego non está a representar o pobo, por iso o imos rodear’’

A Marcha da Dignidade convoca a cercar a Cámara o vindeiro 21 de xuño na defensa de ‘’pan, traballo e teito’’ e contra o secuestro da institución ‘’polas mafias financeiras’’.