‘’O Parlamento galego non está a representar o pobo, por iso o imos rodear’’

A Marcha da Dignidade convoca a cercar a Cámara o vindeiro 21 de xuño na defensa de ‘’pan, traballo e teito’’ e contra o secuestro da institución ‘’polas mafias financeiras’’.

As Marchas da Dignidade manteñen a súa dinámica de mobilizacións abertas, desta volta co albo posto no Parlamento de Galiza. A chamada é para o vindeiro 21 de xuño rodear a Cámara galega, nun acto de denuncia do “secuestro polas mafias financeiras” en detrimento dos intereses e necesidades populares.

A Columna galega das Marchas da Dignidade convova a estar ese sábado 21 de xuño ás 12:00 horas na estación de tren de Compostela (a escasos metros do Parlamento), de onde partirá a cadea humana que rodeará a Cámara. Iniciativa coa que se quere mostrar e clarificar como “no Parlamento galego, con nocturnidade e aleivosía, privatizáronse servizos públicos esenciais, dilapidan caryos públicas e adoptan decisións que levan á xente á miseria”.

“Non nos representan

Desde o manifesto desta plataforma indican que este acto plasma que “O Parlamento galego non representa o pobo, por iso somos o pobo os que vimos rodealo, porque nos pertence, é noso, e temos a obriga de protexelo porque tamén no,lo están a roubar”.

Comentarios