política

25 de maio de 2014: unha análise electoral e unha proposta política

Os resultados das eleccións autonómicas de 2012 e das eleccións europeas de 2014 obrigan a unha reflexión das forzas políticas que non aceptan a desigualdade crecente, que non se resignan a aceptar o dominio da inxustiza.

rubalcaba
POLÍTICA

Rubalcaba faise a un lado e convoca congreso extraordinario para xullo

O PSOE convoca Congreso extraordinario para o 19 e 20 de xullo e Alfredo Rubalcaba non se presentará á reelección como secretario xeral. 

POLÍTICA

O Sinn Féin toma impulso a norte e sur da fronteira coa vista posta en 2016

O avanzo do reconto indica que o republicanismo irlandés obterá 4 eurodeputad@s (3 na República e 1 nos 6 condados); coa súa aposta por ''unha Irlanda unida, soberana e d@s iguais''. En 2016, centenario da Revolta de Páscoa

POLÍTICA

O SNP é a forza máis votada en Escocia e o independentismo mantén escano en Gales

O SNP obtivo o 29% dos apoios e atinxiu 2 dos 6 deputad@s a elixir pola circunscrición escocesa. O Plaid Cymru mantén o seu eurodeputado en Gales. O UKIP logra representación por ambos os dous países.

POLÍTICA

Portugal fustiga os ''partidos da Troika''

A dereita ten o seu peor resultado (27,7%) nunhas eleccións onde o PS foi o máis votado, a CDU obtivo unha importante suba e irrumpiu o Partido da Terra. O BE baixou.

ERC
POLÍTICA

ERC colleita un triunfo histórico e Catalunya reitera aposta no soberanismo

Esquerra gañou as eleccións europeas en Catalunya, desbancando a CiU como primeira forza. O proceso soberanista sae reforzado das urnas, apuntan todos os medios cataláns.

POLÍTICA

EH Bildu sitúase como a primeira forza en Euskal Herria

Conseguiu o 20,6% dos votos entre País Vasco e Nafarroa. A esquerda abertzale foi a máis votada en Gipuzkoa e Araba, segunda en Bizkaia (tras o PNV) e tamén segunda en Nafarroa (despois do PP).

DSCN4881
POLÍTICA

O BNG salienta que, ''malia ter todo en contra'', Galiza ''conseguiu ter voz en Europa''

O portavoz nacional Xavier Vence cualificou o resultado do BNG de "fantástico". A candidata Ana Miranda enfatizou que no Europarlamento ''vai haber nación galega''.

POLÍTICA

O BNG consegue un escano e o PP rexistra un retroceso histórico en Galiza

bng lobeira
POLÍTICA

O BNG apón a baixa participación á deslexitimación da UE e ao bipartidismo

O secretario de Organización agradece o ''traballo extraordinario'' da militancia nun contexto “con todo en contra”. AGE valora como "triunfo do bipartidismo e do sistema" a baixa participación. 

votaun
POLÍTICA

Crónica de ambiente: tímida e mal repartida participación nun día como dos anos 80

Un cronista de Sermos Galiza percorre varios colexios electorais da Coruña, onde constata certa presenza de xente maior, pero absolutamente nula de mocidade e unha asistencia ás urnas pequena, pero se cadra un chisco máis intensa no centro que nos barrios populares.

xaviso-crop
POLÍTICA

BNG e Bildu recorren á XEC para que haxa as súas papeletas en todas as mesas

Os Pobos Deciden presentaron unha denuncia perante a Xunta Eleitoral Central para que este órgao garanta a presenza de papeletas da coligación formada por BNG e Bildu en todas as mesas. Existe evidencia de ausencia das papeletas de Os Pobos Deciden en colexios de todo o Estado.

UE europa
POLÍTICA

Galiza xógase hoxe a súa presenza ante unha Unión Europea cada vez máis rexeitada

2,7 millóns de galeg@s están chamad@s ás urnas que elixirán o Parlamento europeo, onde se toman decisións vitais para os sectores produtivos e a economía do país. O nacionalismo de esquerdas aspira a obter de novo acta en Bruxelas nunha cita que pode estar marcada pola alta abstención mais tamén polo castigo ao bipartidismo. Até as 23:00 non haberá resultados oficiais.

Ana Miranda en Cans2-crop
POLÍTICA

Ana Miranda pasa o día de reflexión en Cans, onde defende “a cultura participativa”

A candidata do BNG montou nun chimpín do famoso festival de cinema da parroquia do Porriño e pasou o resto do día xunto á súa filla. Votará en Bouzas, ao contrario que o candidato galego do PP, Millán Mon, que o fará en Madrid. Lidia Senra, de AGE, traballou no seu posto nun mercado da Coruña na véspera dos comicios.

Extracto bancario ingreso BNG 19 maio 2011
POLÍTICA

O ingreso dos 6.000 euros atribuído a Vendex foi feito polo propio BNG

A documentación achegada por NGB mostra que o ordenante do ingreso é a formación nacionalista e que Vendex non fixo ningún ingreso nas súas contas.

miranda
POLÍTICA

Ana Miranda: 'No BNG deixámonos o corazón e a pel na defensa deste país”

A candidata do BNG recoñece estar, malia os 26.000 Km de campaña ás costas, ''ilusionada coa calor da xente''. Insiste en que a papeleta ao Bloque é a mellor opción para desde Galiza e como pobo construír unha Europa de iguais.

kiosokostgo
POLÍTICA

A voda do Borbón vale para agachar o asunto Paula Prado

O uso oportunista do aniversario de voda de Felipe Borbón dálle moito xogo á imprensa sistémica. E, claro, ao noso espía na campaña isto non lle pasa inadvertido.

censura
POLÍTICA

O BNG recorre ante o Supremo a súa marxinación da CRTVG

O despregamento dunha gran bandeira nacionalista e dunha faixa co lema 'Non nos calarán' na Praza do Obradoiro denuncia o ''silenciamento de 103.724 cidadáns que confiaron en nós”, explicou Ana Miranda. O portavoz Xavier Vence advertiu que o BNG “non vai permitir que o españolismo cometa un atropelo á democracia”.

lidia senra
POLÍTICA

Lidia Senra: ''Espero que o 25M sexa a primeira das derrotas do neoliberalismo''

A candidata de AGE na lista da 'Izquierda Plural' defende erguer unha Europa onde ''os dereitos dos cidadáns e dos pobos'' sexan o importante ''e non os mercados''. Está convencida de que o domingo, o bipartidismo pode recibir un bon correctivo.

quiosque
POLÍTICA

Espía na campaña: delirios a prol do PP de Compostela

Carlos Luis Rodriguez inventa novas formas legais para saír en defensa do PP de Santiago un día despois de que sete dos seus membros deixaran unha das imaxes da campaña, e non era un mitin malia que si había concelleir@s en primeira fila.