O Sinn Féin toma impulso a norte e sur da fronteira coa vista posta en 2016

O avanzo do reconto indica que o republicanismo irlandés obterá 4 eurodeputad@s (3 na República e 1 nos 6 condados); coa súa aposta por ''unha Irlanda unida, soberana e d@s iguais''. En 2016, centenario da Revolta de Páscoa

sinnfein

''Ninguén poderá tirarlles nunca da cabeza que a súa illa é unha única nación''. O poeta nor-irlandés Seamus Heaney resumira con esta frase a teimosía dos seus compatriotas republicanos. Unha teimosía na que levan séculos e que o Sinn Féin vén de referendar nas eleccións deste domingo. O reconto, aínda non completado, apunta a catro parlamentarios do Sinn Féin en Estrasburgo.

Destes catro, tres sairían electos polas circunscricións da República de Irlanda, onde o SF andaría por volta do 17% dos apoios. O cuarto corresponde aos 6 condados baixo soberanía britanica, o 'Ulster'. Aquí o Sinn Féin sobrepasa o 25% dos apoios. É logo o SF o único partido con vocación (e representación) de ver na illa unha unidade política.

No 'Ulster' os outros 2 escanos a elixir para Estrasburgo van parar ao unionismo (UUP e DUP). Na República, o Fine Gael atinxiría 4 deputados, por 3 do SF, 2 do Fianna Fail, 1 dos verdes e 1 independente.

Obxectivo: 2016, centenario da Revolta de Páscoa

A folla de rota do Sinn Féin ten unha data marcada no calendario: 2016. Centenario da Revolta de Páscoa e ano que virá marcado por eleccións. Medios irlandeses(como Irish Times) apuntan a que o SF quere dar o salto e consolidarse como forza referencial a ambos os dous lados da fronteira. 

Comentarios