O PSOE convoca un congreso extraordinario para xullo no que Rubalcaba deixará o cargo

O PSOE convoca Congreso extraordinario para o 19 e 20 de xullo e Alfredo Rubalcaba non se presentará á reelección como secretario xeral. 

rubalcaba
photo_camera rubalcaba

Alfredo Pérez Rubalcaba é a primeira vítima das eleccións europeas deste domingo, onde o PSOE perdeu sete deputados e caeu até o 23% (15 menos que na cita de 2009). Uns pésimos resultados que levaron a Rubalcaba e a executiva socialista a cambiar o calendario interno que tiñan e no que se marcaba primarias para novembro. Mais a sangría de apoios electorais dos socialistas lévalles a variar a axenda: Haberá Congreso extraordinario do PSOE o 19 e 20 de xullo. E Rubalcaba non vai presentarse á reelección. Non dimite, mais tira a toalla e a partir de xullo xa non estará á fronte do partido.

Iso si, Rubalcaba é partidario de que a nova executiva saínte dese Congreso manteña a convocatoria de primarias, e que estas sexan abertas á cidadanía. Mais a última palabra neste punto será dos novos responsábeis do PSOE, as persoas que saian do Congreso de xullo.

Chacón comeza a súa campaña

A ex-ministra Carme Chacón (que no último Congreso competiu con Rubalcaba pola secretaría xeral) xa comezou nas redes sociais a demandar do PSOE “máis abertura” á cidadanía e a pedir cambios desde a base no partido.

Tamén nestas horas agromaron voces de dirixentes históricos socialistas pedindo a Rubalcaba que marchase, como foi o caso do ex-presidente extremeño Rodríguez Ibarra.

Comentarios