Portugal fustiga os ''partidos da Troika''

A dereita ten o seu peor resultado (27,7%) nunhas eleccións onde o PS foi o máis votado, a CDU obtivo unha importante suba e irrumpiu o Partido da Terra. O BE baixou.

CDU Portugal

O goberno de centro-dereita colleitou este domingo en Portugal unha derrota histórica. Obtivo o 27,7 por cento dos votos (6 deputad@s), o peor resultado da dereita lusa nunhas eleccións europeas. Mais esta derrota considerábel non se traduciu nunha vitoria contundente do principal partido da oposición. O Partido Socialista obtivo o 31,5% dos sufraxios, por baixo do que lle daban enquisas e sondaxes. Sete escanos tiveron @s socialistas nas urnas. Unha vitoria, mais miúda.

A abstención superou o 65 por cento

A CDU, coligación de comunistas e verdes, logrou ser a terceira forza, con máis de 416.000 votos (o 12,7 %), obtendo 2 escanos. O aumento no apoio, gañaron mesmo no distrito de Beja, levou ao PCO a anunciar na noite electoral a presentación dunha moción de censura.

O Bloco de Esquerda perdeu 2 deputados (fica con 1) e tivo o 4,6% dos apoios nas urnas, sendo superado polo ambientalista Partido da Terra (MPT), que terá representación no Europarlamento após atinxir o 7,% dos apoios.

Comentarios