A lista pechada que encabeza Pablo Iglesias dirixirá a constitución de Podemos

O equipo do líder da formación obtén máis do 86 por cento dos votos por parte d@s simpatizantes da formación e márcase como obxectivo “abrir un novo ciclo que devolva os dereitos sociais ás persoas”.

podemos
photo_camera Podemos

O grupo de traballo proposto e encabezado por Pablo Iglesias será o encargado de preparar a asemblea constituínte que Podemos realizará no outono deste ano, tras obter o 86,8% dos apoios na votación a través de Internet que a formación desenvolveu estas quinta e sexta feira.

En concreto, a lista de Iglesias recibiu un total de 48.454 votos dos 55.882 simpatizantes que participaron na votación, fronte aos 5.774 votos -un 10,24%- que obtivo a lista alternativa avalada polo Círculo de Enfermeiras de Podemos, encabezada pola antropóloga Carolina Huelmo. O proceso estivo rodeado de certa polémica polo feito de que se presentasen listas pechadas.

Nun acto posterior, Iglesias declarou que “acataba a Constitución até que a cidadanía poida cambiala para recuperar os seus dereitos sociais. Iso é o que toca agora, traballar para abrir un proceso constituínte que devolva a palabra ao pobo”, segundo dixo na presentación do encontro estatal que a formación realiza na Universidade Complutense de Madrid. .

Comentarios