O BNG leva perante a xustiza o novo goberno de Compostela

Os nacionalistas consideran que non pode substituírse ‘’democracia’’ por ‘’dedocracia’’.

O BNG vai recorrer por vía xudicial o novo goberno local de Compostela elexido polo futuro alcalde, o ex-conselleiro Agustín Hrnández, e que está integrado por unha maioría de concelleiros non electos, sete de trece. Para os nacionalistas, isto é contraditorio co espíritu do ordenamento xurídico e supón substituír “democracia por dedocracia”. Neste sentido, lembran que a propia Constitución deixa ben claro que os concelleiros e concelleiras “deben ser elexidos pola veciñanza”.

Se ben o BNG afirma ser refractario a “xudicializar” a vida política, o voceiro nacionalista Rubén Cela entende que nesta ocasión si hai argumentos e motivos abondo para defender dar este paso, pois é mester protexer “dereitos básicos” ante decisións simplemente electoralistas, como a adoptada polo Partido Popular na capital de Galiza.

O BNG nega o argumento popular de que se optou pola única vía posíbel, lembrando que había “outras opcións”. Considera que chegados a este punto debe de ser a xustiza quen se pronuncie e presentarán en breve os nacionalistas un recurso, que está a ser estudado polo gabinete xurídico.

Comentarios