Un cento de persoas conmemoran en Compostela o aniversario da I República Galega

Un xantar de confraternidade serviu para lembrar a proclamación de 1931 e cambiar ideas e reflexións sobre o camiño cara unha futura República Galega.

repu-crop
photo_camera Xantar pola República Galega

A I República galega foi lembrada onte, no seu 83º aniversario, nun xantar de confraternidade celebrado no restaurante A Nave de Vidán, en Compostela, no que participaron algo máis dun cento de persoas.

Durante toda a comida realizáronse numerosos brindes lembrando a república proclamada, en Ourense e Compostela, no ano 1931 por obreiros e activistas que loitaban contra a decisión do goberno republicano español de paralizar as obras do camiño de ferro en Galiza.

Ao final do xantar houbo, tamén, unha troca de ideas e opinións nun espazo de convivio entre todas as persoas participantes, no que se fixeron votos por unha pròxima República Galega.

Comentarios