O escándalo da Sicav engole Willy Meyer, que demite como eurodeputado

A decisión de Meyer abre as portas da Eurocámara ao galego Javier Couso, irmán do cámara asasinado por EUA en Iraque. É a única demisión malia que hai máis europarlamentarios españois implicados.

Willy Meyer demite como eurodeputado, decisión comunicada esta cuarta feira, horas despois de se coñecer que o cabeza de lista de IU ás europeas participaba dun fondo de pensións privadas cunha Sicav. Era un paso demandado por parte da militancia e simpatizantes desde que Infolibre publicou que Meyer era un dos eurodeputados españois que participaba nese fondo, xestionada por unha Sicav con sede en Luxemburgo.

Nun primeiro momento Meyer anunciou que se daba de baixa dese fondo (ao que o Parlamento Europeo contribuía con 2 euros por cada 1 que poñían os suscriptores). Mais a medida non foi de abondo, e o eurodeputado demitiu. Unha decisión que, cómpre lembralo, nin de lonxe adoptou ningún dos outros eurodeputados españois enlamados nesta Sicav, fosen do PP ou do PSOE.

A renuncia de Meyer abre as portas de Estasburgo a Javier Couso, irmán do cámara asasinado por soldados de EUA en Iraque.

Comentarios