Concentracións contra a monarquía española dan a ‘benvida’ en Galiza a Felipe VI

Esta tarde decorrerán en 13 cidades e vilas do país mobilizacións contra os Borbóns e na demanda de superar o actual réxime.

republicagalega

Felipe VI xa é Rei de España e en Galiza daráselle a benvida esta tarde en forma de concentracións e mobilizacións contra a monarquía. Serán 14, a realizar de norte (Burela) a sur (Vigo) e de leste (O Barco) a oeste (Noia), tecendo no país un ronsel a prol dun proceso constituínte. Desde o soberanismo galego lémbrase que tamén en Euskal Herria e en Catalunya vai haber actos de rexeitamento da monarquía en chave de defensa de procesos constituíntes propios.

Así, no País Vasco haberá manifestacións pola tarde nas diferentes cidades coa palabra de orde ‘Herriaren eskubideen alde. Gurea euskal errepublika' (A favor dos dereitos do pobo. A nosa, a república vasca). En Catalunya, o lema da CUP (que chama a se concentrar ás 20:00 diante de todos os concellos) é ‘Pola república dos Países Cataláns. Os cataláns e as catalás non temos rei nin o queremos’.

Tamén no Estado español, e co apoio da esquerda federal, colectivos cidadáns, etc.. decorrerán concentracións para cuestionar a monarquía e coa petición dun referendo como punto dentral da axenda.

Lugar e hora mobilizacións na Galiza:

A Coruña. 20:00 horas. Casa do Mar.

Boiro. 20:30 horas. Diante do Concello.

Ferrol. 20:00 horas. Praza do Himno Galego. 

Compostela. 19:30. Praza de Praterías.

Lugo. 19:00. Diante da Subdelegación do Goberno

Ourense. 20:00. Praza Maior.

Noia. 20:30. Diante do Concello.

Pontevedra. 20:30. Praza da Peregrina.

Vigo. 20:00. Cruz do Castro.

Vilagarcía. 20:30. Praza de Galiza

Burela. 20:30. Praza da Mariña

Cangas. 20:30. Diante do Concello

O Barco de Valdeorras. 20:30. Praza do Concello.

Monforte. 20:30. Praza de España

Diferentes colectivos e organizacións convocan ás 20:00 na Praza de Armas (Ferrol), 

Comentarios