Treboada política ao se descubrir que eurodeputad@s de PP, PSOE e IU manteñen un fondo de pensións cunha Sicav

Entre os participantes, segundo desvelou Infolibre, os cabezas de lista do PP, PSOE e IU. Este último, Willy Meyer, renunciou esta terza feira a ese fondo.

parlamento europeo UE
photo_camera parlamento europeo UE

Non se sabe exactamente cantos nin quen son, mais si que eurodeputados españois manteñen un fondo de pensións en Luxemburgo cunha Sicav. Desvelouno esta terza feira Infolibre e xerou un ‘mini-terremoto’ político, con partidos e algúns dos implicados (e dos que si trascendeu o nome) a ter que dar explicacións. Non todos, outros seguiron desaparecidos.

O cabeza de lista do PP (Arias Cañete), do PSOE (Elena Valenciano) e de Izquierda Unida (Willy Meyer) foron 3 deses nomes que saíron á luz en Infolibre. Canalizaron as súas entregas “adicionais e voluntarias” para a súa xubilación a través dunha sociedade con moi baixa tributación e radicada nun dos estados máis ‘opacos’ da UE. A Eurocámara achegou un de cada dous euros que daban os subscriptores do fondo.

Nada máis saltar a nova, Willy Meyer anunciou que se daba de baixa dese fondo de pensións, no que levaba desde 2004, unha década, sinalando que até o día de hoxe descoñecía as condicións dese investimento.

Comentarios