star
INTERNACIONAL
Cinco países da UE piden prorrogar o veto ao gran de Kíiv
19/xul./23
Após a suspensión esta semana por parte de Rusia do acordo para a exportación de gran ucraíno polo Mar Negro, cinco Estados de Europa Central reclamaron esta cuarta feira a Bruxelas que a prohibición de importación de cereais de Kíiv se prorrogue até finais de ano, entre o temor dunha nova caída de ingresos para o campesiñado perante unha posíbel entrada de millóns de toneladas de cereais de Ucraína.
DEPORTES
O deporte galego, de récord nos Xogos Europeos de Polonia
26/xuño/23
Non importa o horario en que se leve a cabo, se a categoría é a masculina ou a feminina, nin sequera a modalidade da proba, porque nos Xogos Europeos que se están disputando en Cracovia os e as atletas da Galiza están demostrando cos seus resultados porque a presente é a idade de ouro do deporte galego.
INTERNACIONAL
A maior despregadura de forzas aéreas da OTAN provocará o desvío de 800 voos diarios en Europa
13/xuño/23
Eurocontrol estima que unhas 300 operacións diarias terán roteiros máis longos por mor destas manobras militares.
INTERNACIONAL
A UE advirte da persecución política do Executivo polaco de ultradereita
30/maio/23
Washington súmase á oposición polaca e critica a norma aprobada por Varsovia.
Agora
O espolio nazi dos cadros de Bouts e a devolución do Museo de Pontevedra a Polonia, ao cinema
23/maio/23
Os cadros da Dolorosa e o Ecce Homo da escola de Dieric Bouts, espoliados polos nazis, e a súa devolución a Polonia por parte do Museo de Pontevedra saltarán ás pantallas proximamente. A produtora polaca Mewa Film vén de solicitar colaboración tanto ao Museo como á Deputación no proceso de documentación para elaborar esta peza audiovisual. Desde esta empresa cualificaron a actuación do ente provincial de "exemplar e respectábel" e quixeron incluíla no seu relato da historia destas pinturas.
star
INTERNACIONAL
Eslovaquia, Polonia e Hungría vetan as importacións de cereais de Ucraína e fenden a política comercial da Unión Europea
18/abr./23
A Comisión Europea cuestiona as medidas unilaterais de países de Europa central e oriental ao vetar as importacións ucraínas perante os efectos no seu sector agrícola, mentres que estes Estados acusan Bruxelas de non responder as súas peticións de debater o asunto previamente.
star
CULTURA
O "díptico de Bouts", testemuña e vítima da Historia europea contemporánea
18/mar./23
Despois de tres anos de verificacións, o "díptico de Bouts" espoliado polos nazis, que estaba en mans do Museo de Pontevedra, regresou a Polonia nun acto de "xustiza histórica" que abre as portas á cooperación para a recuperación da memoria histórica.
CULTURA
O 'díptico de Bouts' chega a Polonia para ser restituído aos seus donos
15/mar./23
O Ministro de Patrimonio Nacional do goberno polaco convidou á delegación pontevedresa para agradecer persoalmente a celeridade e boa disposición na devolución do díptico de Bouts
INTERNACIONAL
O xornalista de Euskal Herria Pablo González fai un ano detido e sen xuízo en Polonia
27/feb./23
Pablo González foi acusado de espionaxe -aínda non oficialmente- por Polonia, un Estado onde o Executivo de extrema dereita intensificou a persecución contra os profesionais que considera pro rusos desde o comezo da invasión a Ucraína. Amais, Varsovia recoñece que enviou armas a Kíiv antes desa data.
INTERNACIONAL
Faise un ano desde o encarceramento en Polonia, sen ningún cargo, do xornalista vasco Pablo González
27/feb./23
Actualmente, González encóntrase nun cárcere a 100 quilómetros de Varsovia, onde pasa 23 horas fechado nunha cela e só pode saír unha hora ao día, pero non ver a ningún outro recluído.
INTERNACIONAL
O xornalista Pablo González denuncia as condicións "inhumanas" que vive na prisión polaca
28/xan./23
Na súa queixa, o xornalista vasco anunciou que ten o status de recluso perigoso, polo que está sometido a procedementos humillantes.
CULTURA
O Museo de Pontevedra "devolve" a Polonia dúas obras espoliadas polos nazis
25/xan./23
Elzbieta Rogowska, directora do departamento de Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional da República de Polonia, expresou "de corazón" o agradecemento ao Museo e á Deputación de Pontevedra pola rapidez e facilidades dadas para a restitución das obras.
INTERNACIONAL
Berlín deixa entrever que aceptará enviar tanques alemáns a Kíiv
24/xan./23
Alemaña promete unha resposta "rápida" a Varsovia. Pola súa parte, en Ucraína foron destituídos unha ducia de cargos gobernamentais entre acusacións de corrupción.
INTERNACIONAL
Varsovia pedirá autorización a Berlín para enviar tanques á Kíiv
23/xan./23
A UE aproba un novo envío de armas a Ucraína e aumenta a 3.600 millóns de euros o valor do armamento cedido, ao tempo, Polonia continúa premendo Alemaña para entregar tanques a Kíiv.
INTERNACIONAL
Polonia ameaza con "medidas non convencionais" se Alemaña non proporciona tanques Leopard a Ucraína
20/xan./23
Varsovia busca forzar Alemaña ao envío de carros de combate.
INTERNACIONAL
O xornalista Pablo González permanecerá en prisión após a xustiza polaca rexeitar a súa apelación
11/xan./23
O reporteiro vasco foi retido polos Servizos de Seguridade Interior de Polonia. O Servizo de contraespionaxe acusouno de utilizar o seu traballo para desempeñar actividades de Intelixencia para as autoridades rusas.
INTERNACIONAL
Polonia pide a Alemaña 1,3 billóns para compensar danos da II Guerra Mundial
10/xan./23
Autoridades polacas ameazan con "avergoñar" as xermanas se non pagan.
INTERNACIONAL
A Xustiza polaca prolonga a detención do xornalista vasco Pablo González
25/nov./22
Vai camiño dun ano en prisión sen pasar por un xuízo.