Protestas do persoal de Povisa diante do Parlamento
O Goberno galego responderá no Pleno desta cuarta feira preguntas dos grupos parlamentarios polo futuro incerto do hospital
O Goberno galego responderá no Pleno desta cuarta feira preguntas dos grupos parlamentarios polo futuro incerto do hospital
Sería a segunda venda do complexo hospitalario vigués desde a súa posta en andamento, na década dos setenta. O interesado, Ribera Salud, é unha empresa participada en 90% por Centene Corporation. O Sergas pide que se garanta calidade asistencial e empregos.
Un comunicado do Hospital Povisa sinala que a orde transmitida ao seu cadro de persoal en relación á redución da realización de probas está motivada por “recomendacións médicas”. Retrucou así ao BNG após a organización nacionalista ter denunciado a medida comunicada pola dirección de Povisa ás traballadoras e traballadores.
CIG denunciou que o hospital privado, no que teñen asignada a súa asistencia sanitaria pública miles de cidadás de Vigo, ten como obxectivo reducir as actuacións en pacientes derivadas do Sergas “que non acheguen ningún valor engadido” para “mellorar o noso tempo de resposta a pacientes privados”. Manuel Moreira, médico de familia e responsábel de CIG-Saúde en Vigo, indica a Sermos Galiza, que este sindicato xa pediu ao Sergas unha investigación sobre este tema.
Denúnciao a CIG, que reclama unha “investigación inmediata e transparente” sobre este hospital de referencia para miles de vigueses e viguesas. A empresa quer "liberar recursos" para prestar unha mellor atención aos "pacientes privados".
O maior hospital privado do Estaco, cun plantel de 1.400 traballadores e traballadoras, achaca ao 'deficitario' convenio co Sergas a situación. O persoal teme un ERE e considera que a dieección do hospital tenta forzar unha mellora do convenio.
Após 14 días de xexún, Chus, Carmen e Edu abandonaron o protesto ao evidenciaren "problemas serios" de saúde nos controis. A asemblea de traballador@s acordou manter as mobilizacións.
A folga de fame de catro traballadoras para reclamar a readmisión de 13 despedidas chegou á xornada número 12. A inacción da Xunta e o Sergas prolonga o conflito no centro médico. Vídeo no interior.
Malia o concerto asinado entre a Xunta e o centro hospitalario privado, a delegada territorial, María José Bravo asegurou que non tomará parte na resolución do conflito por se tratar dunha empresa privada.
O BNG criticou a política sanitaria do PP que, din, "engorda a privada" en detrimento da calidade asistencial da pública.
Esta sexta feira, unha manifestación en Vigo defenderá os postos de traballo en Povisa e apoiará a folga de fame que tres traballadores e traballadoras manteñen desde hai catro días.
Tres representantes do comité de empresa encetan esta terza feira unha folga de fame indefinida contra os despedimentos anunciados. Denuncian "chantaxes" por parte da dirección do centro hospitalario perante a negociación dun novo convenio colectivo.
A comunicación confirma as sospeitas do comité de empresa. A dirección do hospital argüe mellorar na eficiencia para xustificar a decisión.
Anuncia que a súa renuncia ao despedimento de 56 traballador@s anunciado a comezos de ano.
O comité de empresa de Povisa esixe a retirada do ERE e a recolocación das 56 persoas do cadro de persoal afectadas. Cun acto de protesta esta terza feira 10.00 horas diante do edificio da Xunta en Vigo reclamarán a implicación do goberno galego no conflito.
O ERE presentado pola dirección do hospital argüe causas "económicas" e "organizativas" para proceder ao despedimento de máis de medio cento de profesionais.